Loading...

xunio2014


REUNIÓN ORDINARIA COMITÉ-EMPRESA

En Vigo, a 17 de xuño de 2014
 
 
Comézase a reunión coa presentación por parte da Empresa dos dados de absentismo, horas extraordinarias e volumes de producción de ADG do mes de maio, os cales son anexados ao acta.
SISTEMA 1
O luns 30 de xuño é de adecuación e para o mes de xullo non hai sábados nin domingos.
A noite en PSA sairá ás 4:05h.
Os volumes do cliente son:  972 B9 e 246 M3/M4.
SISTEMA 2
Todas as semanas do mes de xullo son a tempo completo cunha produción de 648 vehículos/día de B78 e traballarase o sábado 12 de xullo a 8 horas.
-          ERE noite
O Comité comenta que o venres 13 de xuño pasouse unha lista para asinar sen ningún tipo de encabezamento do que non estaba enterado dito Comité nin traballadores e, por tanto, non foi asinado por ditos traballadores.
A Empresa di que se informou de dito papel nun flash informativo e que se a xente non asina non pasa nada, de entrar no ERE terá que presentar os papeis persoalmente.
O Comité di que cando se saca un flash hai que especificar a quen vai dirixido porque noutros ERES non houbo que asinar nada e, ademáis, pregunta porque ese día era o derradeiro para asinar. Tamén pregunta se a Empresa ten pensado mandar ao ERE aos traballadores da noite.
A Empresa di que non ten pensado mandar á xente da noite ao ERE no primeiro semestre.
O Comité indica que cando na negociación do Convenio o Comité quere incluir unha cláusula para que os traballadores da noite non vaian ao ERE, a Empresa contesta sempre que esta cláusula non é precisa porque a noite ten flexibilidade dabondo para non ir en ningún caso ao ERE.
A Empresa contesta que unha cousa é o Convenio e outra o ERTE no que está metida toda a plantilla.
-          Protocolo de Acoso
O Comité di que fai sobre 7 meses este entregou unha proposta de protocolo e máis tarde a Empresa presentou un protocolo e queren saber se este último está vixente.
A Empresa contesta que este protocolo é do Grupo FAURECIA e está vixente. Sobre o mesmo hai unha serie de recomendacións feitas sobre a Inspección Laboral e están vendo os seus servizos xurídicos se se pode trocar dito protocolo de Grupo.
O Comité replica que a lei marca que ten que ser negociado coa parte social.
A Empresa contesta que o van mirar pero que teñen que rexirse polo protocolo do Grupo.
-          Planning mantemento e plan de prevención entre EULEN e FAURECIA
A Empresa explica brevemente o plan de funcionamento do Mantemento en ADG. Este plan de mantemento consta de: mantemento  de 1ª intervención , avarías e mantemento preventivo, operacións que agora fan na súa totalidade os operarios de mantemento de  ADG. O mantemento do edificio xa leva tempo sendo cousa en exclusiva de EULEN. Logo da formación de 9 meses que van ter os operarios de EULEN os traballadores de mantemento de ADG incluiranse nas liñas, onde formarán aos operarios das respectivas liñas para que fagan o mantemento de 1ª intervención integrado nas liñas. Unha vez finalizado ditos procesos de formación entrarán na liña a traballar, quedando EULEN coa totalidade do mantemento correctivo menos as operacións de mantemento de 1ª intervención integrado nas liñas.
O Comité manifesta o seu desacordo con este proceder porque duplica custes durante moito tempo, creando novos equipos de elite, ademáis de que non van “tragar” con máis competencias que a de producir sen cobrar aparte por este concepto. Ademáis pregúntase canto é o persoal que vai haber durante este tempo.
A Empresa di que hai 8 persoas de ADG. A partir de outubro 5 operarios dos 8 de mantemento de ADG pasan á formación dos operarios das diferentes liñas de produción e o 31 de decembro de 2015 estas 5 persoas de mantemento de ADG pasarán definitivamente á liña. Os outros tres operarios de mantemento de ADG ficarán facendo labores de mantemento preventivo.
O Comité solicita saber canto lle custa económicamente que EULEN leve o mantemento da planta.
A Empresa contesta que non saben se teñen que darllo ao Comité.
A seguir a Empresa dá a Decraración de coordinación de actividades empresariais e Decraración de compromiso coa prevención e medio ambiente  entre EULEN e FAURECIA que vai ser anexado ao acta.
O Comité di que ten que estar coordinado cos delegados de prevención, e que segundo a Empresa o técnico de prevención de EULEN estivo na planta facendo as avaliacións ergonómicas e o Comité denuncia que isto non foi comunicado aos delegados de prevención.
-          FREMAP
O Comité pregunta despois do saído na prensa sobre esta MUTUA que ten pensado facer esta Empresa, atendendo ao Código Ético da Empresa.
A Empresa contesta que se porá en contacto co Grupo para saber como actuar nestes casos.
O Comité di que de existir fraude a Empresa deberá aplicar dito Código Ético do Grupo. Ademáis o Comité solicita saber cal é a cota que lle corresponde a ADG con respecto ao Grupo para pagar á FREMAP, ademáis de solicitar que toda a información que reciba a Dirección sexa comunicada, en canto antes, á parte social.
-          Sentenza sobre os artigos 25 e 40.1 do Convenio Colectivo de ADG
O Comité quere saber que vai facer a Dirección sobre dita sentenza presentada pola CIG e gañada no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.
A Empresa di que vai recurrir dita sentenza e que non a aplicará ata que non sexa firme.
O Comité solicita que se lle restableza a categoría e a parte salarial correspondentente dun ano para atrás, como mínimo, aos operarios que teñen ou tiveron a subcategoría profesional de peón B e que deixe de contratar con esta categoría, utilizando as previstas no Convenio de ADG.
-          Acordo 4 de febreiro
O Comité solicita que se cumpra o acordo e que se reuna periódicamente dita comisión despois de pasadas ditas semanas  para que se comunique a información de horas de adecuación usadas, etc.
A Empresa está de acordo e comezarase en canto antes.
-          Requerimento da Inspección Laboral sobre a contratación de persoal indefinido en ADG por irregularidades na contratación de ETTs
A Empresa contesta que contrataron 22 persoas e que agora mesmo non están en disposición de poder contratar a ninguén máis.
O Comité pregunta cantas desas 22 persoas eran ETTs.
A Empresa contesta que ningunha desas persoas eran ETTs e que se máis adiante poden contratarán a esas 10 persoas provintes das ETTs.
-          Varios
O Comité denuncia que hai un problema na rotación en dianteiros da liña 1 na noite na que a última hora non se deixa rotar e solicita que se restableza dita rotación a en punto como viña sendo costume.
A Empresa di que as rotacións estableceas a Empresa e como había un problema organizativo o supervisor optou por este troco.
O Comité replica que estas rotacións son por problemas de saúde e que non se poden trocar por decisións arbitrarias dos supervisores, xa que se fai nun lado e noutro non, e que isto non pon en perigo nin ao cliente nin a ninguén e solicitan saber que fan os supervisores de 3:15 a 6 horas da mañá.
A Empresa di que as funcións dos supervisores son definidas pola Dirección e que se trata de subsanar un problema e que é algo puntual e que se trata só de tres minutos.
O Comité replica que non existe ningún problema e que nunca o houbo e que non van tolerar que por decisións arbitrarias de supervisores se troquen ditas rotacións.
O Comité segue manifestando o seu desacordo con esta decisión que define como “capricho”.
 
Así mesmo o Comité denuncia que se ten un problema cun compañeiro que ten unha limitación que se lle ten  toda a xornada no mesmo posto e, ademáis, impedindo aos demáis rotar polo mesmo.
A Empresa di que é algo provisional, que ten que vir o técnico do servizo de prevención a avaliar outros postos, e entrementres está traballando nos postos habilitados para el .
 
O Comité lembra un tema falado na reunión anterior sobre as horas negativas de varios operarios a tempo completo que ainda non se subsanou.
A Empresa recoñece que o mirou pero que ainda non o subsanou, cousa que fará en breve.

 

O Comité lembra un tema que xa se falou no Comité de seguridade e hixiene e que non se está realizando, que é abrir un pouco a lona da gabarra para subsanar o exceso de calor que se acumula no interior da mesma.
 

Parque tecnolóxico Beade-Valadares Rúa 3 Parcela 2, Vigo