Loading...

maio2014


REUNIÓN ORDINARIA COMITÉ-EMPRESA

En Vigo, a 16 de maio de 2014
 
Comézase a reunión coa presentación por parte da Empresa dos dados de absentismo, horas extraordinarias e volumes de producción de ADG de abril, os cales son anexados ao acta.
SISTEMA 1
Para o mes de xuño, semanas 23 e 26, os días 6, 9 e 27 de xuño o noso cliente non traballa por ser días de adecuación de xornada, desaparecendo o 20 de xuño.
A noite en PSA sae ás 2:25h, tentando pechar en ADG, se a JIT WINDOWS o permite, ás 3:15h.
Os volumes do cliente son:  979 B9 e 153 M3/M4.
SISTEMA 2
Con respecto a maio o día 23 de maio PSA non traballa.
En xuño está previsto fabricar:
Na semana 23: 500 vehículos/día estando a semana de tarde a 4h e 11 minutos
Na semana 24: 648 vehículos/día
Na semana 25: 498 vehículos/día estando a semana de tarde a 4h e 11 minutos
Na semana 26: 648 vehículos/día
Dias de adecuación de xornada para xuño:  6, 9, 13, a quenda de tarde do día 19, 20 e 27
O Comité despois dun receso propón: que a quenda B veña a traballar os días 23 de maio e 19 de xuño eses dous días de 10 a 18 horas.
A Empresa resposta que non é viabel polo número de persoal que se solaparía.
A Empresa propón tratar solucións na comisión de seguemento do acordo de 5 de febreiro de 2014.
O Comité propón,despois doutro receso, que a quenda B traballe os días 23 de maio e 19 de xuño a 4 horas, xerando retraso pola mañá, e que as outras 4 horas vaia a formación.
O responsábel da liña 2 contesta que vai estudalo e empraza a unha representación do Comité para tratar o tema o vindeiro luns.
A Empresa entrega o protocolo de acoso que é anexado ó acta.  A seguir a Empresa le a resposta que lle entregou por escrito ao Comité despois de que este reclamara que estaban descontando mal os días por enfermidade con xustificante médico do INSS pero sen parte de baixa.
O Comité pregunta se a aqueles que se lle aplicou o desconto mal poden reclamar con caracter retroactivo.
A empresa contesta que se aplicará este pago a partir da data de entrega do escrito coa argumentación aportada.
 Tamén anuncian que o vindeiro luns entregarán a documentación sobre a formación aos traballadores de EULEN para a entrada na zona de falso de camión, así mesmo o día 28 de maio entregarán o plan de coordinación en materia de saúde coa empresa EULEN.
O Comité denuncia que apareceron casos das quendas do día con horas negativas, cousa que é imposíbel porque ninguén pode descansar coas horas do sábado se antes non as xerou.
A Empresa descoñecía este problema e van estudalo.
O Comité pregunta que é a caseta que se está a construir á entrada da fábrica moi preto dos tornos.
A dirección dí que se informará sobre as modificacións a realizar na fábrica.
 

Parque tecnolóxico Beade-Valadares Rúa 3 Parcela 2, Vigo