Loading...

decembro2013


 REUNIÓN EXTRAORDINARIA COMITÉ-EMPRESA

 

En Vigo, a 5 de decembro de 2013

 

Orde do día:

-          Días 2 e 3 de xaneiro de 2014

 

A Empresa en días anteriores ofrecera pactar os días 2 e 3 de xaneiro como vacacións ou ir de formación. Na noite sinalan que se aplicarán as medidas de flexibilidade existentes.

O Comité decide usar o diferencial de xornada, xa que, como indican, sen pactar o calendario non van colocar os dous días de vacacións.

 

Trocando de tema, a Empresa comunica que como PSA está negociando un ERE, ADG tamén abrirá o procedemento de Apertura de Expediente de Regulación de Emprego. Informa que o período de consultas se abrirá cando o comuniquen e que como trocou o procedemento hai que formar unha comisión de 13 membros. A Empresa anexa o escrito onde informa desta situación.

O Comité lémbralle á Empresa que o 31 de decembro queda automáticamente denunciado o Convenio Colectivo de ADG.

A  Empresa a seguir comunica como vai ser o calendario no vindeiro mes de xaneiro:

O 2 e 3 de xaneiro serán adicados, para as quendas de mañá e tarde, a formación.

 

SISTEMA 1

Traballarán os sábados 11, 18 e 25 de xaneiro e 1 de febreiro, prevendo unha duración para estes de 8 horas.

A quenda de noite traballará os domingos 12, 19 e 26 de xaneiro cunha duración estimada de 7 horas. O resto da semana a duración da xornada será de aproximadamente de 6 horas.

SISTEMA 2

Traballarán os sábados 18 e 25 de xaneiro cunha duración de 8 horas.

 

O Comité solicita incluir na comisión paritaria de seguemento do Convenio o artigo 11 (Sistema Productivo) do Convenio Colectivo de ADG na orde do día.

 



 REUNIÓN ORDINARIA COMITÉ - EMPRESA

En Vigo, a 17 de Decembro de 2013

 

A Empresa dará os datos de absentismo ò final da reunión, horas extraordinarias e volumes de produción de ADG correspondentes ao mes de Novembro de 2013 que serán anexadas ao acta.

SISTEMA 1

A liña 1 fará en Xaneiro 1212 vehículos/día, 987 de B9 e 225 M3M4.

PSA pecha as 4:04 na quenda de noite.

Hai catro sábados, 11, 18, 25 e 1 de Febreiro (8 horas).

Se traballarán Os domingos 12, 19, 26 de 7 horas na quenda de noite

SISTEMA 2

A liña 2 producirá 640 vehículos día a 8 horas pola mañana e pola tarde. Hai dous sábados, o 18 e o 25 a 8 horas.

 

A empresa comunica que a reunión da paritaria de interpretación do convenio será o dia 14 de xaneiro as 12:00 e a comisión de igualdade o 22 de xaneiro as 12:00.

A empresa presenta o comité unha nova solución para o pasillo de paso das persoas, se quitaría o pasillo central e se accedería as liñas polo pasillo da nave paralelo ó aparcamento.

O comité plantea as problemáticas que se poden dar con estes cambios.

A empresa comunica tamén que volve a haber contactos con Copo Ibérica para dar carga de traballo a 15 traballadores. A dirección esta estudando como dar esa carga de traballo. En principio non será de forma indefinida sinon que será temporal. Copo ten un excedente de 15 persoas, supostamente esa carga de traballo de 15 traballadores a empresa tería que dala a principios de Xaneiro e no segundo semestre a carga sería de 8 ou 9 posiblemente, ata final de ano.

O comité pregunta polos indefinidos do requerimento da inspección de traballo.

A empresa resposta que son duas cousas diferentes e que  agora está estudando unha fórmula legal de contratación para os traballadores de Copo para telos de forma temporal.

O comité pregunta se hai carga de traballo en xaneiro para asumir eses traballadores.

A empresa está analizando a carga de traballo que hai.

Alega o Comité que a carga de días de ERE dos traballadores de ADG e maior que a dos traballadores de Copo.

O comité solicita a empresa información sobre a carga de traballo do ano que ven, previsión de novos proxectos e balance económico dende o derradeiro convenio ata o momento actual.

A empresa resposta que facilitará toda a información da que dispoña.

Comenta a empresa que o período de consultas do ERE comenzará a volta das vacacións e xa comunicarán as fechas do mesmo.

O comité plantea a empresa sentarse despois das vacacións para tratar o calendario de negociacións do convenio, posto que este queda denunciado automaticamente a 31 de decembro.

O comité pregunta pola ropa de inverno de loxística que tería que ser entregada en Septembro.

A empresa se informará e comunicará cando se pode entregar.

O Comité pregunta polas persoas que se van de descanso os días 2 e 3 de xaneiro a crédito polos sábados, e pregunta si se pode facer.

A empresa resposta que é unha solución extraordinaria para unha petición dos traballadores.

O Comité comenta que calquer proposta que se faga ós traballadores debería ser exposta os seus representantes pois non se lle comunicou de forma clara que despois consumen o diferencial de xornada.

O comité comenta a empresa a dureza das telas de traseiros e pregunta se se tomará algunha medida mentras non se soluciona.

A empresa resposta que se tomou algún paliativo e que verá as razón das queixas.

O comité queixase tamén de que a responsable de HSE non tiña coñecemento de esta problemática, e da calidade de adherencia dos guantes.

O comité pregunta que posto desenrola Luis Piñeiro.

A empresa resposta que é un colaborador da empresa no departamento de HSE e asesora a empresa en materia de prevención.

O comité comenta que esta persoa non nos vale como interlocutor en materia de seguridade nesta empresa e que está utilizando datos que vulneran a confidencialidade e a lei de protección de datos.

O comité solicita da empresa que lle facilite a bolsa de horas pormenorizada da quenda de noite.


 

Parque tecnolóxico Beade-Valadares Rúa 3 Parcela 2, Vigo