REUNIÓN EXTRAORDINARIA COMITÉ-EMPRESA (Calendario Laboral)
En Vigo, a 27 de abril de 2015
O Comité acepta a anterior proposta de Calendario feita pola Empresa coas vacacións colocadas na derradeira semana de xullo, as dúas primeiras semanas de agosto, a semana 44 de outubro e os días 23, 28, 29 e 30 de decembro. O Comité acepta a semana 44 como de vacacións por evitar a presentación dun ERE, xa que non son vacacións para o seu cliente e, por elo, non tería a obriga de aceptar eses días como tales.
Por elo acórdase asinar o calendario cos días de vacacións colocados na derradeira semana de xullo, as dúas primeiras semanas de agosto, a semana 44 de outubro e os días 23, 28, 29 e 30 de decembro. A seguir o calendario é asinado e anexado ao acta.
REUNIÓN EXTRAORDINARIA COMITÉ-EMPRESA
En Vigo, a 23 de abril de 2015
A reunión comeza coa petición por parte do Comité dunha explicación do novo calendario exposto ao comité de PSA, así como o que saíu na prensa.
A Empresa di que non ten nada novo que comunicar, xa que non recibiu información oficial por parte do cliente, polo que o calendario oficial segue sendo o presentado o 21 de abril, na derradeira reunión.
A seguir o Comité solicita saber o saldo de horas utilizadas polos compañeiros do Sistema 2 do seu diferencial de xornada segundo o acordo do 4 de febreiro.
A Empresa contesta que o que máis utilizou foi 1,75 horas e o que menos é 1 hora.
O Comité manifesta que sen calendario é surrealista tentar solucionar o 24 de abril sen saber oficialmente que vai suceder.
Despois dun receso o Comité solicita que a Dirección retire o ERTE para negociar unha posíbel proposta utilizando horas en positivo do acordo do 4 de febreiro.
Despois dun novo receso a Empresa manifesta que non vai retirar o ERTE, pero estarían dispostos a dar formación e a facer o estudo psicosocial collendo 4 horas do acordo do 4 de febreiro, deixando o resto de horas por se veñen máis semanas de media xornada.
Despois dunha nova pausa o Comité ofrece 3 horas do acordo a cambio de que o 24 de abril a Empresa dea formación e faga o estudo psicosocial e, ademáis, pregunta que sucedería se o rematar o ano o remanente non chegara.
A Empresa resposta que aceptan a proposta de coller 3 horas do acordo de 4 de febreiro e que de non chegar o remanente sobrante a Empresa faríase cargo ata o 31 de decembro de 2015 desas horas.
A Empresa e Comité acordan que o 24 de abril se utilice para dar formación e realizar o psicosocial no Sistema 2, collendo 3 horas do acordo de 4 de febreiro e, ademáis, que se a final de ano non chegara o remanente sobrante, a Empresa faríase cargo ata o 31 de decembro de 2015 desas horas.
ACTA DE REUNIÓN EXTRAORDINARIA COMITÉ-EMPRESA (Calendario Laboral)
En Vigo, a 14 de abril de 2015
A Empresa comeza a reunión comunicando que Tomás Lara pasará a ser o Director de RR.HH. en México e Javier Esteban pasará a ser o Director de RR.HH. de España. A seguir a Dirección fai a seguinte proposta de calendario para os dous sistemas coas vacacións colocadas a derradeira semana de xullo, ás dúas primeiras semanas de agosto, a semana 44 e, finalmente, os días: 23, 28, 29 e 30 de decembro de 2015.
O Comité, en principio, dá por bo o calendario para o Sistema 1 e para o Sistema 2 fai a seguinte proposta: deixar o mesmo calendario proposto pola Empresa pero adiantando 2 días da semana 44 para os días 29 e 30 de xuño de parada para PSA para evitar o ERTE, non puidendo colocar os días 24 e 30 de abril, tamén de parada, por non ir en contra do Estatuto dos traballadores que obriga a colocar os días de vacacións con dous meses de antelación, sen unha contrapartida por parte da Empresa que se levaría á asemblea de traballadores.
A Empresa contesta, sobre os días 24 e 30 de abril de parada do Sistema 2, que o que di o Estatuto podería salvarse cun acordo entre ambas partes, ademáis engaden que os días de xuño teñen unha gran incertidume, polo que habería que pactar non aplicar a cláusula de indemnización do Convenio de ADG por troco de datas pactadas de vacacións. Tamén engaden que eles na negociación do ERTE ofreceron dar ocupación para catro días para os traballadores do Sistema 2 na semana 44 a cambio dun contrato a tempo parcial con distribución irregular de 1319 horas para as novas incorporacións.
O Comité di que os dous primeiros días non poden pactalos por motivos legais e lémbralle á Dirección que leva dende febreiro solicitando falar do calendario. Ademáis engaden que se había vontade de solucionar o primeiro semestre, a Empresa podería facerse cargo destes 4 días, senón é indiferente ir antes ou despois ao ERTE.
O Comité manifesta que chegados a este punto pode valerlle a proposta inicial da Empresa, a cal, estudará, falará cos traballadores e dará contestación nunha vindeira reunión.
REUNIÓN DE ORDINARIA COMITÉ-EMPRESA
En Vigo, a 21 de abril de 2015
A Empresa comeza a reunión dando os dados de absentismo, horas extraordinarias e volumes do mes de marzo de 2015, os cales son anexados ao acta. Tamén fan entrega do escrito de peche do período de consultas do ERTE 2015. As previsións de volumes para o mes de maio para ambos sistemas son:
SISTEMA 1
En maio traballaranse os sábados e domingos seguintes: 9,10, 16, 17, 23 e 24. Produciranse 990 B9 e 297 M3/M4. A hora de peche da quenda da noite de PSA serán as 5:10h.
SISTEMA 2
En maio en PSA:
As semanas 19 e 21 produciranse 551 vehículos.
As semanas 20 e 22 produciranse 568 vehículos.
As semanas impares PSA pechará as 21:32h, o cal non afecta a FAURECIA ADG.
A seguir convócase á Comisión de igualdade para o 4 de maio ás 12h e fíxase para luns 27 de abril ás 12h a reunión extraordinaria para tratar o calendario laboral.
- Calendario Laboral
O Comité di que vai falar en asemblea cos traballadores do Calendario pero, acrara que introduciu este punto na orde do día para preguntar se había algunha novidade ao respecto do que se sabía, xa que hai informacións da prensa e rumoroloxía que indican que desaparecen os días de parada para xuño. Ademáis manifestan que queren ter unha previsión maior da que teñen hoxe en día, como se dá nalgunhas comisións ou na negociación do ERTE.
A Empresa dá a previsión de calendario para os vindeiros catro meses, que sería:
- O sistema 1 pararía os días 29 e 30 de xuño, traballaría 3 sábados e 2 domingos en xullo, habería 2 sábados e 1 domingo en agosto e en setembro non habería nin sábados nin domingos.
- O sistema 2 pararía os días 29 e 30 de xuño, 2 sábados de traballo en xullo, en concreto, o 4 e 11, e en agosto e setembro non habería previstos nin paradas nin sábados de traballo. En canto ás reducións de xornadas nas semanas impares en PSA non terían afectación en ADG ata setembro.
A Empresa anuncia que convocará á Comisión da noite para o día 6 de maio ás 12h.
- Mútua
O Comité denuncia o funcionamento da mútua e da Empresa ao respecto dos accidentes laborais, porque non se entende que con accidentes, testemuñas e partes, estes non sexan recoñecidos como enfermidade profesional, derivando aos operarios á seguridade social. Así mesmo, acusan á mútua de dar altas a compañeiros que aínda non están ben, así como de ocultar enfermidades profesionais.
A Dirección di que eles cando teñen información de que hai un accidente pois, así o transmiten e que eles non poden meterse en temas médicos.
O Comité manifesta que continuará co proceso de recusar á Mútua, para o cal tomarán as medidas que consideren oportunas.
A Empresa di que hai un equipo de profesionais que traballan diariamente en mellorar a ergonomía e que velan porque a Mútua trate ben aos operarios desta planta.
O Comité resposta que non se nota, a tenor dos resultados en absentismo en continxencias profesionais que acaba de presentar a Dirección. Por elo preguntan que van facer coa Mútua.
A Empresa contesta que todo o que se denuncia tratan de melloralo e que estas queixas trasladaránnas a esta entidade.
O Comité afirma que non quere continuar con esta Mútua máis e que a Empresa debe defender aos seus traballadores. Sobre o tema concreto dun operario ao que a Mútua derivou á Seguridade Social porque esta considerou que a Empresa non describiu correctamente o accidente o Comité pregunta se se contactou con esta entidade para correxir esta situación.
A Empresa contesta que recoñece que foi un accidente de traballo e que falou coa Mútua para cumprir co que esta requería.
Trocando de tema, o Comité denuncia que debido á falta de mantemento están aumentando os accidentes e incidentes laborais. Así mesmo maniféstase contrario a ter que, segundo a nova normativa da Dirección, dar os partes de baixa ao servizo médico da mesma porque é información confidencial, ademáis de que esixen que quen os recolla asine un recibín. O Comité solicita o listado de persoal que está de baixa laboral no mes de abril. Tamén o Comité pregunta polo informado no escrito con data de 25 de febreiro e que se pediu na anterior reunión con data de 17 marzo que se informara á Comisión de Igualdade.
A Empresa contesta que será tratado na Comisión de Igualdade, anteriormente convocada.
O Comité pregunta se se vai mellorar a configuración a 66 vehículos/hora pois hai postos nos que se fan máis operacións a 66 v/h que a 62v/h.
A Empresa resposta que en esquerdos aínda non está pechada esta configuración e en dereitos, xa pechada, pódese seguir mellorando ao traveso de propostas de ideas de mellora.