Loading...

outubro2015


REUNIÓN ORDINARIA COMITÉ-EMPRESA

En Vigo, a 20 de otubro de 2015
 
A Empresa dá os datos de absentismo e horas extraordinarias do mes de setembro de 2015, os cales son anexados ao acta.
Sistema 1
A hora de peche da quenda de noite de PSA en novembro vai ser ás 4:56h.
Os volumes de produción en novembro van ser de 1093 B9 e 193 M3/M4.
A Empresa convoca á comisión da noite para o venres 23 de outubro ás 13 horas.
Sistema 2
En novembro traballarase os sábados 14 e 21 a oito horas.
As semanas 45 e 47vanse facer 603 vehículos/día.
As semanas 46 e 48 vanse facer 568 vehículos/día.
 
Antes de entrar na orde do día a Empresa comunica que se vai realizar un video sobre o antes e o despois das modificacións que se van realizar nas liñas. Así mesmo comunican que se vai pintar na zona da liña 2 que está levantada o vindeiro venres 23.
O Comité solicita que non se pinte con xente traballando, xa que o cheiro da pintura é moi forte e, probabelmente, tóxico.
A Empresa estudará a posibilidade de pintar noutro día non laborábel.
-          ETTs que ocupan posto
                A Empresa explica os datos dos postos ocupados por traballadores de Empresa e os ocupados por Etts.
                O Comité manifesta que o Convenio é craro en canto á contratación de Etts pero o que se atopan nas liñas difire bastante do explicado por parte da Empresa, ademáis entenden que hai un abuso e que hai que contratar polos casos especificados no Convenio e non por xeneralidades.
                A Empresa manifesta que non hai ningún abuso e que fixeron todo o posíbel por ter o maior número de eventuais contratados por empresa como xa se fixo ata o de agora mantendo máis temporais dos precisos.
                Acórdase realizar unha reunión monográfica sobre este tema.
-          Problemas coa porcentaxe de tempo parcial máis coas horas complementarias que aplica a tesourería da Seguridade Social á hora de cobrar o paro a xente que remata contrato
A Empresa manifesta que cotizan por todas as horas ordinarias e complementarias que fan e, ao parecer, a problemática vén por mor dalgúns funcionarios, xa que eles falaron co Director da Tesourería para, a pesar de non ser responsabilidade da Empresa, tentar solucionar o problema para beneficio dos traballadores.
O Comité entende que non hai mala fe por parte da Empresa pero explica que os traballadores que marchan con bases altísimas de cotización logo a Seguridade Social lle aplica un 50%, sen terlle en conta nin as ampliacións de contrato nin as horas complementarias. Por elo pídelle a Empresa que interveña, xa que este organismo di que eles utilizan os datos que lles dá Empresa, e os traballadores só teñen 30 días para reclamar.
A Empresa di que vai solucionar este tema coa Tesourería da Seguridade Social.
-          Problemática en traseiros da quenda B
O Comité pregunta sobre esta cuestión que xa foi denunciada nunha reunión de fai seis meses e, en varias reunións posteriores.
A Empresa di que este tema está pendente.
O Comité resposta que se a Empresa non subsana este problema internamente terá que trasladar o mesmo fóra daquela.
-          Gamas de loxística
O Comité solicita que as gamas estean expostas e sexan coñecidas polos traballadores.
A Empresa di que están disponíbeis e accesíbeis nas respectivas GAPs.
O Comité resposta que hai un requerimento da Inspección que di que teñen que estar visibéis, ademáis, de que cando se piden ou non están actualizadas ou non existen para determinadas velocidades da liña.
A Empresa estudará opcións para ubicar as gamas en zonas específicas de cada posto e di que revisarán as gamas e que a gama a 66 v/h será a mesma no día que na noite.
 
-          Médico
A Empresa está traballando en darlle unha solución.
-          Convenio cos Concellos
A Empresa explica que hai uns contratos de formación por medio de Convenios cos Concellos de Mos e Redondela por once días e logo son contratados indirectamente mediante Randstad.
O Comité non entende que a Empresa forme para contratar indirectamente.
Acórdase tratar este punto na reunión monográfica sobre os Etts.
-          Xuntanza co máximo responsábel da división de asentos
A Empresa está traballando para traer a D.François Tardiff no mes de novembro.
O Comité solicita unha data concreta, en canto antes, senón manifestan que terán que estudar as seguintes medidas a tomar.
A Empresa di que tan pronto teñan data facilitarán a mesma ao Comité. 
 

Parque tecnolóxico Beade-Valadares Rúa 3 Parcela 2, Vigo