REUNIÓN ORDINARIA COMITÉ-EMPRESA
En Vigo, a 18 de novembro de 2013
A Empresa dá os dados de absentismo e horas extraordinarias do mes de outubro de 2014 que é anexada ao acta.
Sistema 1
Para decembro o derradeiro día de traballo é o día 18 por ser o 19 de decembro ERE.
PSA producirá 933 B9 e 229 M3/M4 e pechará á noite ás 2:57h.
Sistema 2
Traballará os mesmos días que a liña 1, sendo o 19, tamén, ERE.
A semana 49 fabricará 480 vehículos/día.
A semana 50 fabricará 560 vehículos/día.
A semana 51 fabricará 480 vehículos/día.
A seguir a Empresa anuncia que se imcorporaron 8 operarios, 6 en liña 1 e 2 en loxística, o día 17 de novembro na quenda de noite con contrato eventual de 880 horas e o 1 de decembro incorporarase unha terceira en loxística.
O Comité denuncia que na liña 1 estase dando a consigna, contraria á que deu a Inspección de traballo, de estar á hora no top 5 coas lubas collidas da máquina, cando aquela dixo que as lubas había que collelas durante o tempo de traballo.
A Empresa di que buscará unha solución a este tema.
O Comité pregunta cando se volve das vacacións de xaneiro de 2015.
A Empresa resposta que cando teñan o calendario do vindeiro ano informarán do mesmo.
O Comité comenta que hai ETTs que denuncian que Ramstad está facendo regularizacións do IRPF de ata o 60%.
A Empresa contesta que preguntarán a Ramstad o que sucedeu.
O Comité pregunta cando se van reformar os baños próximos ao sistema 1.
A Empresa contesta que este tema parado.
O Comité denuncia que sen haber baixas de última hora estanse avisando aos ETT cunha hora de antelación.
A Empresa di que vai estudar o caso pero os casos nos que se avisa aos traballadores de Ett a última hora son por baixas imprevistas.
O Comité denuncia que hai problemas coa calidade da roupa.
A Empresa contesta que trasladou as queixas ao provedor.
O Comité denuncia que os traballadores de mantemento de EULEN teñen que cumprir as normas de prevención igual ca o resto de traballadores. Así mesmo solicitan unha copia do contrato entre a Empresa e EULEN de mantemento.
A Empresa está de acordo en que todos os traballadores desta empresa cumpran as normas de prevención e tomarán as medidas oportunas para que así se faga.
O Comité denuncia que a Mutua está facendo traer os partes de baixa e confirmación expedidos por ela á Empresa por parte dos propios traballadores. Así mesmo preguntan pola data de finalización do contrato con esta Mutua.
A Empresa resposta que se actuará como marque a lei.
O Comité manifesta o seu malestar porque a Empresa espere ao derradeiro día antes das vacacións para entregar as sancións, sendo os feitos sancionados con bastante antelación a ese día. Ademáis de ser, varios deles, por motivos irrelevantes.
A Empresa contesta que as sancións entréganse segundo os prazos estabelecidos na lexislación vixente.