Loading...

marzo2015


REUNIÓN ORDINARIA COMITÉ-EMPRESA

En Vigo, a 17 de marzo de 2015
 
 
A Empresa dá os dados de absentismo e horas extraordinarias do mes de febreiro de 2015 que é anexada ao acta.
Sistema 1
No mes de abril non se vai traballar ningún sábado. A hora de peche da quenda de noite de PSA vai ser ás 3:56h e non se vai traballar ningún domingo.
Os volumes de produción van ser de 930 B9 e 290 M3M4.
Sistema 2
No mes de abril:
Os días 17, 24 e 30 de abril son de adecuación de xornada para PSA.
Nas semanas  14, 16 e 18  vanse facer 568 vehículos/día.
Nas semanas  15 e 17 vanse facer 435 vehículos/día, traballando a quenda B 4 horas e 10 minutos en PSA.
 
A seguir a Empresa anuncia que convocará á Comisión de Tempos para o vindeiro martes 24 de marzo. Tamén anuncian que van entregar o plano das setas de emerxencia e a documentación dos postos de loxística. E seguindo cos temas tratados en reunións anteriores séguese cos seguintes puntos: En canto aos horarios de saída dos Etts da quenda de noite e ao seu cobro di que hoxe estará Ramstad explicando en Inspección de Traballo que está pagando correctamente; Sobre o tema de que cobran igual os que traballan a tempo parcial e a tempo completo a Empresa dá a razón ao Comité pero afirman que ainda o está vendo o seu servizo xurídico; A Empresa dará tamén unha relación dos traballadores de empresas externas que operan en ADG; Tamén comentan que todo traballador de Ett que solicite a nómina en papel Ramstad facilitaralla; En canto ao tema da xestión da nómina por parte da Mútua a Empresa vai entregar aos traballadores e traballadoras de ADG un papel conforme á lei de protección de dados dando o seu permiso para que esta poida enviarlle a nómina á Mutua.
O Comité pregunta cando se lle van pagar os atrasos aos Etts.
A Empresa di que se lle pagará este mes.
O Comité pregunta que vai suceder cos días 17, 24 e 30 de abril.
A Empresa anuncia que esta semana entregará un documento para crear a Comisión para negociar un ERTE e aí haberá que falar destes días. Tamén di que o 17, en principio, será de formación.
O Comité di que hai que coñecer o calendario e, por elo, as vacacións.
A Empresa di que vai tentar confirmar nas vindeiras dúas semanas se se para unha semana en outubro.
O Comité denuncia que a Empresa retirou un reforzo incumprindo un acordo de desconvocatoria de folga e o artigo 11 do Convenio e solicita que se repoña dito reforzo ata que non se chegue a un acordo a tal efecto.
A Empresa contesta que dende a colocación destes reforzos fixéronse moitas melloras. A Empresa di que se realizaron varias probas previas con convocatoria á Comisión de tempos e á Comisión de seguridade e saúde, nas que se entregaron tamén a documentación e recolléronse as aportacións presentadas por escrito por parte de ditas Comsións. Aseguran que tiveron o erro de non comunicar a retirada de tal efectivo.
O Comité manifesta que despois da derradeira proba os membros da parte social da comisión de tempos e os delegados de prevención tiñan que emitir uns informes dando a súa opinión sobre as mesmas e logo a Empresa actuar sobre eles, e non se fixo así, a Empresa aplicou o troco ao dia seguinte e sen aviso previo. Ademáis, engaden que se aplicou un posto sen entregar gamas, tempos, etc polo que se está incumprindo o Convenio de Empresa, ademáis do Acordo de desconvocatoria de folga. E por todo elo o Comité pregunta que sucede a partires de agora, se ese acordo segue vixente, é dicir, se a Empresa adquire o compromiso de consensuar os trocos futuros no que respecta aos reforzos pactados no acordo do 29 de setembro de 2014.
A Empresa di que o resto de reforzos seguen nos seus postos e entenden que hai que seguir traballando de xeito conxunto e respectando o acordo.
O Comité solicita a convocatoria da Comisión paritaria de Seguemento de Convenio para tratar este tema.
O Comité solicita que se informe á Comisión de Igualdade ao respecto das actuacións tomadas pola Empresa sobre a denuncia do 25 de febreiro de 2015 realizada pola representación social. 
 

Parque tecnolóxico Beade-Valadares Rúa 3 Parcela 2, Vigo