REUNIÓN EXTRAORDINARIA COMITÉ-EMPRESA
En Vigo, a 17 de outubro de 2013
A Empresa expón un plan para pasar o persoal da liña 2 para a liña 1 que consiste en:
- Pasar un colectivo do sistema 2 ao sistema 1.
- Descarregar de indefinidos a quenda B.
- Contratar persoal eventual con contrato de 880 horas de distribución irregular, con previo acordo do Comité, de xeito que esta quenda fose flexíbel.
- A día de hoxe, a Empresa calculou os custes que elo supón, pero coas novas previsións. Estas experimentaron unha baixada de produción tanto para o presente ano 2014 como para o 2015, o que unido aos extracustes que teñen actualmente na liña, e que non estaban previstos, o plan non é viábel. Para elo precisan:
.- Acordo para contratar traballadores con contrato de 880 horas e distribución irregular
.- Redución dos extracustes introducidos na liña
O Comité solicita unha lista dos que se pasaron da liña 2 para a quenda 1 e preguntan que criterio se utilizou para pasar aos traballadores dunha liña para outra.
A Empresa di que non ten problema en dar a lista e que o criterio é elexir aquela xente que está máis afectada polos días de ERTE. A Empresa engade que con isto pretende minimizar o impacto das futuras baixadas de produción.
O Comité pregunta se a liña 2 iría a velocidades diferentes na mañá e na tarde.
A Empresa resposta que podería ir a velocidades diferentes.
O Comité pregunta se esta quenda B podería saír antes ca PSA.
A Empresa resposta que non sairía antes ca PSA.
O Comité solicita que non se misturen temas, é dicir, que primeiro hai que solucionar a situación dos traballadores da liña 2 e logo outro tema sería que a Empresa quixera flexibilidade para a quenda B da liña 2.
A Empresa di que pasar xente da liña 2 a 1 ten un custe, e que para facer isto precisan retirar os reforzos das liñas 1, 2 e loxística e, ademáis, aumentar as horas complementarias para os traballadores eventuais de 880 horas da quenda B. Se se reduce o absentismo na liña 1 a xente que non estivese cubrindo o mesmo estaría de reforzo. Así mesmo comenta que outra solución sería mover operarios da liña 1 á 2 para poder facer sitio para os traballadores da liña 2 e reequilibrar así os días de ERE entre ambos colectivos.
O Comité pregunta que sucedería se non hai acordo.
A Empresa resposta que as persoas que iniciaron a súa formación na liña 1 quedarán na mesma, pero o resto continuará do mesmo xeito, valorando a posibilidade dun ERTE por días e horas para o 2015.
O Comité fala de que é moi aventurado falar sen un calendario para o ano que vén.
A Empresa di que fala segundo as previsións comerciais.
O Comité di que segundo o lido na prensa, dito pola representante do sindicato de empresa de PSA, é que se ía a trocar a cadencia desta liña para que traballaran máis horas na quenda B, polo que estariamos falando dun problema totalmente diferente.
Acórdase facer outra reunión para falar sobre este punto tan pronto haxa un novo calendario.
REUNIÓN ORDINARIA COMITÉ-EMPRESA
En Vigo, a 21 de outubro de 2014
A Empresa comeza a reunión dando os dados de absentismo, horas extras e volumes de ADG do mes de setembro, o cal será anexado ao acta.
Volumes de produción do sistema 1
Durante o mes faranse 879 B9 e 337 M3M4 . PSA pechará a quenda de noite ás 4:03 horas
Volumes de produción do sistema 2
Traballaranse todos os días de novembro.
A semana 45 faranse 492 vehículos. PSA pechará a quenda B ás 18 horas da tarde.
A semana 46 faranse 648 vehículo/día.
A semana 47 faranse 413 vehículos/día. En PSA a quenda B traballa ata ás 18 horas, baixando a velocidade de 40 a 35 vehículos /hora.
A semana 48 faranse 560 vehículos/día.
A Empresa anuncia que entre hoxe e mañá entregarán o balanzo económico e a lista de xente afectada por días de ERE de toda a planta. Engaden que os atrasos aos ETTs que non están en activo cobraranno en novembro, xa que a lei di que ata que non estea o Convenio publicado non poden pagalo.
O Comité pregunta se os Etts que están na liña 2 están substituíndo a algunha persoa.
A Empresa contesta que a maioría está substituindo absentismo pero hai algúns que están ocupando posto, pero a súa porcentaxe depende do volume de produción.
O Comité pregunta cando se vai recuperar a produción perdida do día 16 de outubro.
A Empresa contesta que se irá recuperando na quenda de noite dende o venres 17 da semana pasada e ao longo desta semana saíndo máis tarde.
O Comité pregunta cando se lle vai regularizar a nómina aos traballadores indefinidos de ADG que levan máis dun ano como peón.
A Empresa di que este vindeiro mes, pero que xa deberon telo actualizado na pasada nómina.
O Comité pregunta cando se vai contratar por Empresa a xente que falta na quenda da noite, xa que o Convenio está publicado.
A Empresa contesta que se contrataron 14 persoas e que o restantes comunicaranse en breve, para cumprir co Convenio.