Loading...

febreiro 2016


REUNIÓN ORDINARIA COMITÉ-EMPRESA

En Vigo, a 19 de febreiro de 2016

 

Orde do día:

-          Calendario de vacacións

-          Contrato de 880 horas da quenda da noite

-          Cumprimento da sentenza do reforzo de loxística liña 1

-          Varios

A Empresa dá os datos de absentismo, horas extraordinarias e volumes de produción do mes de xaneiro de 2016, os cales son anexados ao acta.

-          Sistema 1

A hora de peche da quenda de noite de PSA en marzo vai ser ás 5:30h, apróximadamente. Non hai sábados nin domingos.

Os volumes de produción en marzo van ser de 1032 B9 e 291 M3/M4.

-          Sistema 2

En marzo non se traballará ningún sábado e o 23 de marzo, día de adecuación para PSA, haberá formación para esta liña.

As semanas 9, 11 e 13 vanse facer 570 vehículos/día.

As semanas 10 e 12 vanse facer 584 vehículos/día.

-          Calendario de vacacións

 

A Empresa di que vai esperar ata abril para ter unha visión máis atinada sobre o calendario de PSA, sobre todo para saber que vai suceder coa semana 44.

 

-          Contrato de 880 horas da quenda da noite

 

O Comité preguntou sobre o falado na comisión da quenda da noite, en concreto, sobre a problemática que hai coas horas deste contrato, que van ser sobrepasadas.

 

A Empresa contesta que lles vai facer unha ampliación de 100 horas máis, co que chegarían a 1568 horas, incluídas as horas complementarias, e logo pretenden que os operarios afectados se poñan de acordo cos supervisores para darlle descansos.

 

O Comité quere que estes traballadores fagan o máximo número de horas posíbeis, neste caso 1568 horas, e solicita que eses descansos estean cubertos por novos contratos eventuais feitos por ADG. A parte social pídelle a Empresa que, xa que estes compañeiros rematan na mesma data, falen coa tesourería da seguridade social para evitar problemas pasados, ao respecto da cotización e cobro do paro.

 

A Empresa resposta, sobre o derradeiro punto, que aínda que non é un problema deles, solucionou con éxito os problemas acaecidos cos anteriores operarios que remataran contrato de 880 horas. Sobre a petición de contratación a Empresa resposta que están estudando a nova situación e darán resposta a este punto en vindeiras datas.

 

-          Cumprimento da sentenza do reforzo de loxística liña 1

 

A Empresa convoca ao Comité de Empresa para o día 25 de febreiro ás 12 horas para dar resposta a este punto.

 

O Comité pregunta para que se lle convoca se a sentenza é crara.

 

A Empresa resposta que explicarán ese día como van a aplicar a sentenza.

-          Varios

                O Comité califica como situación de abandono da planta os diferentes problemas de   mantemento que hai na mesma como, por exemplo, as diferentes pingueiras que          abondan na nave; os azulexos caídos do baño do vestiario masculino; dinámicos    estropeados; etc.

  

                

 

Parque tecnolóxico Beade-Valadares Rúa 3 Parcela 2, Vigo