REUNIÓN ORDINARIA COMITÉ - EMPRESA En Vigo, a 20 de Xaneiro de 2014 A Empresa comeza a reunión dando os dados de absentismo, horas extraordinarias e volumes de produción do mes de Decembro de 2013 que son anexados ao acta. LIÑA 1 A liña 1 terá un volumen de produción no mes de Febreiro de 1254 coches dos cales 951 de B9 e 303 de M3M4, non hai ningún sábado nin Domingo. A quenda de noite cerrará as 04:48. LIÑA 2 Non hai Sábados de produción na liña 2. A semán 6 se farán 640 vehículos día; a semana 7, 556 vehículos día; a semana 8 serán 640; e a semana 9 556 vehículos día. PSA traballa na quenda de tarde 5 horas 56 minutos as semanas impares e o resto 8 horas, pero en ADG serán de 8 horas coma ata agora. A empresa fai entrega o Comité dos datos da bolsa de horas da quenda de noite a 31 de Decembro de 2013. Tamén fai entrega dunha carta que Faurecia entregou a COPO e o presidente do Comité de COPO facendo referencia o traslado de persoal. Tamen entrega as bases das accións formativas das AFD (Acción Formativa para Desempregados). Tamén fai entrega a empresa dos listados dos afectados do expediente con número de días pormenorizado por persoa de 2008 a 2013, tamén o calendario de reunións ordinarias para todo o ano do Comité e empresa. Así mesmo se fai entrega da documentación de apertura da mesa negociadora que se abrirá o 3 de Febreiro. A empresa comenta que dará tamén un calendario para que reúna períodicamente a comisión de tempos. A dirección confirma que hoxe se incorporaron na empresa 7 traballadores con contrato indefinido procedentes de COPO. Seis persoas irán a liña 2 e 1 a liña 1. Se anexa toda esta documentación o acta. O Comité pregunta polos pasos que se van dar no tema de mantenemento tal e como se especificara na acta da reunión extraordinaria do 13 de Xaneiro. A Dirección se compromete a dar un planning cando esté confeccionado. Pregunta tamén a parte social pola roupa de inverno de loxística. A empresa resposta que están mirando o que teñen de stock no almacén e que se lle entregará as persoas que lles falta de forma inmediata, e comenta tamén que para o resto que xa ten roupa non lles fai falta cazadora cada ano. O Comité raclama a roupa de inverno para todo o persoal de loxística tal e como se especifica no convenio pois xa estamos ben avanzados na temporada de frio. A Dirección comenta que estudiará a cuestión e respostará nesta semána. O Comité pregunta por qué o asesor en materia de prevención vai polas liñas dicindo que non se pode falar, o cal parecelle a parte social fora de lugar. A dirección descoñece a cuestión; se informará do tema. O Comité pregunta pola solicitudes de vacacións dos días 2 e 3 de Xaneiro. A Empresa resposta que a dará próximamente. O Comité pregunta se realmente EULEN está facendo o servizo de mantenemento polo que foi contratado, pois o Domingo pola noite non estaban traballando e pregunta tamén a parte social quen é o responsable neste momento. A Empresa comenta que están nun período de solape no que se están formando, e que o responsable é unha persoa de EULEN, ainda que a coordinación a segue a levar o responsable actual de mantenemento. A parte social comenta tamén a paupérrima atención que se dá na Mutua onde se chegou inclusive a atención telefónica no caso dun traballador, pois non estaba a doutora nese momento, e pregunta polos pasos a seguir para reclamar pola atención. A empresa falará cos responsables da Mutua e comentará. Polo malestar xerado neste tema o Comité solicita unha reunión cos responsable da Mutua para tratar sobre a atención os traballadores.
ACTA DE REUNIÓN EXTRAORDINARIA COMITÉ - EMPRESA
En Vigo, a 13 de Xaneiro de 2014
ORDE DO DÍA: Apertura do período de consultas do ERE
A Empresa abre o periodo de consultas do ERE previsto para o vindeiro ano 2014 lendo e entregando a documentación presentada na administración pública, a cal, é anexada a este acta. Este periodo de consultas remata o día 27 de Xaneiro.
O calendario de reunións queda da seguinte maneira:
15 de Xaneiro as 11:00 na sala de formación
21 de Xaneiro as 11:00 na sala de formación
24 de Xaneiro as 11:00 na sala de formación
ORDE DO DÍA:
· Situación de mantenimiento
· Acraración da carga de traballo que a empresa ten que dar a COPO
· Requerimento de inspección de 15 traballadores indefinidos
· Contratación eventual que había que realizar polo plan de formación
· Formación dos traballadores eventuais
· Varios
A empresa comenza a reunión coa carga de traballo para o ano 2014. Hai un volumen de producción 5.7 % superior con respecto o primeiro semestre do ano 2013, cun total de 238.778 e dividido por sistemas sería de 72.000 de B78, 87.806 de B9 e 78.972 de M3M4. No mes de Marzo se entregará a carga de traballo do segundo semestre.
No sistema 2 supón facer 20.000 coches máis do que se fixeron no primeriro semestre de 2013.
No sistema 1 supón facer 20.000 coches menos de B9 e 11.000 máis de M3M4.
Con respecto os proxectos futuros non hai nada en corto e medio prazo.Descoñecemos se PSA prevee sacar un novo proxecto da B9 no que hai competencia na adxudicación.
O Comité pregunta se esa carga de traballo da para a contratación da xente de COPO que a empresa vai a contratar.
A empresa contesta que coas previsións mencionadas si hai carga para esa contratación.
O balance económico de 2013 ata que se publique non poden entregalo.
O calendario de reunión para a negociación do convenio se dará o luns 20 de Xaneiro na reunión ordinaria de Comité- Empresa.
A empresa comunica o Comité que se van a facer sete novas contratacións de persoal de COPO. O porqué se está facendo esta contratación ven motivado polo cambio técnico de insitu a tradicional con descenso de carga de traballo en COPO, co que se chegou o acordo no grupo Faurecia, que ADG contrate a ese excedente de traballadores. Con estas fases queda saldado o compromiso do grupo co persoal de COPO.
O Comité pregunta polo requerimento de inspección e as contratacións de persoal de ETT que marca o mesmo.
A empresa o vai abordar neste momento, pois a 31 de decembro non puideron.
O Comité comenta a pouca información e participación no tema das contratacións de COPO.
A empresa vai preguntar se pode entregar o Comité a información oficial que hai con respecto a negociación que levou a contratación de xente de COPO. A idea da empresa é que o día 20 de Xaneiro estén contratados en ADG esas sete persoas.
Contratación eventual que había que realizar polo plan de formación.-
O comité solicita información sobre a xente que estivo formándose na empresa polo plan da Xunta.
A empresa resposta que contrataron a un número de traballadores pola empresa e outros prestaron servizos na ETT, e que a dirección cumpriu o plan de formación o pé da letra.
O Comité pregunta se non había que contratar un porcentaxe determinado pola empresa, e pide que se presenten os datos e que se falará o luns na reunión ordinaria.
A empresa resposta que o compromiso da empresa era somente a formación e que se non se contrata non recibe a subvención.
A empresa comunica que entregará a documentación de ese programa de formación.
Formación dos traballadores eventuais.-
O Comité comenta a problemática dos traballadores eventuais que non recibiron a formación os días 2 e 3 de Xaneiro,e que nun principio iban vir.
A empresa resposta que eses días foron solicitados polos traballadores como vacacións despois de chegar a un acordo coa empresa.
O Comité solicita os formularios de solicitude de vacacións dos traballadores que trocaron os días 2 e 3 de Xaneiro.
Situación de mantenemento.-
A empresa aposta por reforzar o servizo de mantenemento e o su obxetivo final e que toda a plantilla de ADG estea formada en mantenento e poda facer tarefas do mesmo.
Dentro da estructura de mantenemento unha parte integrará o despliegue nas liñas e outra parte vai facer tarefas de preventivo. Durante a primeira fase haberá GAP piloto nas que se formará a xente en mantenemento e nunha segunda fase os formadores se reincorporarán na liña.
O Comité pregunta se a decisión de externalizar mantenemento e do grupo Faurecia ou ben se trata de unha decisión de ADG.
A empresa resposta que é unha decisión da dirección de ADG e que non é unha externalización.
A parte social quere expresar a sua preocupación por esta decisión empresarial, pois en doce anos que este servizo foi desenrolado polo persoal de ADG non se deu ningún problema o cliente, e a partir de agora é unha incognita.
O Comité atopa un verdadeiro desperdicio, tanto en cuestión económica como humana, que uns traballadores formados ó longo de todos estes anos na parte da man de obra directa máis especializada e técnica do taller, pasen a ocupar postos por debaixo das suas capacidades.
A empresa resposta que o mantenemento seguirá facendoo a plantilla de ADG, desplegando as tarefas de mantenemento por toda a planta e a empresa externa fará mantenemento de grandes averías.
A empresa presentará o programa completo das fases de este sistema con fechas.
Varios.-
O Comité solicita de novo, como xa fixera noutra reunión anterior, a roupa de inverno para loxística pois hai persoal que non a ten.
A empresa resposta que a xente que non teña roupa, se lle dará inmediatamente e o resto se informará o Luns dos prazos.