REUNIÓN EXTRAORDINARIA COMITÉ-EMPRESA
En Vigo, a 24 de abril de 2013
Orde do día:
- Calendario Laboral:
A Empresa e o Comité acordan:
Sortearanse 2 semanas para cada traballador para colocar os 7 días de vacacións segundo os cadrantes preestabelecidos. O periodo vacacional vai da semana 22 á semana 40, ambas semanas inclusive.
O calendario de cada traballador comeza os luns e poderán engadirse, a xente que teña horas de descanso disponíbeis, 3 días máis para completar as 2 semanas.
Se o traballador quixera trocar fóra do periodo vacacional, deberá solicitalo voluntariamente, recheando o impreso a tal efecto.
Tamén, dentro das 2 semanas dese periodo vacacional, poderán mover o bloque de 7 días voluntariamente. Por exemplo, en lugar de comezar o luns poderá comezar o xoves.
Tamén entre compañeiros do mesmo cadrante de sorteo poderán intercambiar os seus periodos vacacionais con coñocemento do supervisor.
Os operarios que non queiran disfrutar deses 2 días dentro das 2 semanas teñen que solicitalo por escrito antes do 24 de maio. Tamén habería que colocar estes días antes do 30 de setembro e os 2 días xuntos, sendo o periodo de disfrute ata final de ano. De non ter solicitados eses días antes desa data ou no caso de haber conflicto de intereses entre traballadores por algunha data sortearíanse eses días restantes.
A data do sorteo será o venres día 26 de abril de 2013 ás 12 horas.
RESUMO DA REUNIÓN ORDINARIA COMITÉ-EMPRESA
En Vigo, a 16 de abril de 2013
A Empresa comeza a reunión dando os dados de absentismo, horas extraordinarias e volumes de produción do mes de marzo de 2013 que son anexados ao acta.
SISTEMA 1
Traballaranse os sábados día 4 e 11 de mañá e a 9 horas; Sábados día 25 de maio e 1 de xuño traballaranse pola mañá a 9 horas e pola noite a 8 horas, en principio, de 22h a 6h; Os domingos 5,12,19 e 26 de maio a 8 horas.
O peche da quenda de noite de luns a venres variará entre as 5h e 6h.
Os volumes de produción variarán entre 1263 e 1317 vehículos/día, dos cales, aproximadamente, serán 728 B9 e 562 M3/M4.
SISTEMA 2
Traballaranse os sábados 4, 11 e 25 de maio a 8 horas.
Os volumes serán de 456 vehículos/día, dos cales serán 142 B78 e 302 B58 a principios de maio e 308 B78 e 148 B58 a finais do mesmo mes.
Calendario Laboral
A Empresa di que está a esperar a confirmación de PSA do mes de decembro e que coa información que teñen agora habería que colocar 7 días de vacacións. A Empresa ofrece sortear as semanas entre os traballadores e os 2 días sobrantes serían de libre disfrute do traballador.
O Comité propón tamén a posibilidade de sortear dúas semanas para cada traballador e que este poida, se quere, ter a posibilidade de engadirlle días de descanso da súa bolsa de horas, tanto dos traballadores do día como da noite.
A Empresa queda en convocarnos a semana que vén para acordar o calendario laboral.
Xornadas de sábado (mañá e noite)
Para a noite a Empresa di que abrirá esta quenda de noite con ETT´S e mandos intermedios e persoal de mantemento voluntarios.
Para o día a Empresa di que convocará a xente segundo uns criterios que serán entregados por escrito ao Comité.
O Comité quere facer constar neste acta o punto primeiro do acta da Comisión paritaria de seguemento do convenio de ADG de día 25 de marzo de 2013 no que pon:
“En canto ao art. 15 do C.C referido ás horas extraordinarias, tendo coñecemento da denuncia presentada ante a inspección de traballo en relación coa aplicación práctica de dito convenio, considérase oportuno esperar ao que dispoña a autoridade administrativa ao respecto, xa que calquera acordo que se puidese tomar neste seo ficaría posíbelmente anulado pola resolución que se tome pola inspección de traballo.”
O Comité solicita acordar e participar neste tipo de cuestións porque ainda que a Empresa é a que ten a potestade de organizar non debe impoñer, porque, avisa, logo veñen as irregularidades ou problemas e este órgano vése abocado a denunciar.
A Empresa di que a quenda da noite vai seguir traballando como ata o de agora e que só haberá modificacións nos sábados noite, dos cales nos informarán cando teñan algo concretado. A pregunta do Comité os sábados noite comezan o 25 de maio e, en principio, hai unha previsión ata agosto.
Formación dos ETT´S (en que consiste, como se pagan, etc)
A Empresa presenta un power point de RAMSTAD ao Comité de como a segunda forma aos traballadores que veñen a traballar a ADG.
A pregunta do Comité a Empresa di que a formación dos ETT´S dura entre 2 e 3 semanas, dependendo do posto.
A pregunta do Comité a Empresa manifesta que a formación dos ETT´S é dada por traballadores de ADG.
O Comité denuncia que se está a formar por ETT aos traballadores pero que estes logo non pasan a ser traballadores temporais de ADG, cando moitos pasan grandes temporadas de tempo na empresa e, se sabe, que se precisan para varios meses. O Comité entende que os ETT´S só deben estar para suplir baixas. Ademáis o Comité solicita o plan de coordinación de seguridade de RAMSTAD con ADG e o plan de formación coa XUNTA de GALICIA. Á súa vez o Comité di que RAMSTAD ten que pagar segundo o Convenio de Faurecia e di non entender de onde saen os 107 euros por 10 días de formación.
A Empresa di que está traballando segundo marca a lei e neste punto ten unha colaboración con RAMSTAD.
Nómina da noite correspondente á semana do 12 e 13 de marzo
Para a Empresa, eses días que non se traballaron non son días festivos, polo que non hai máis de 30 horas traballadas por semana e, por tanto, non se xeran horas de exceso.
O Comité di que eses días non estaban marcadas como día de parada no calendario, e preavisáronse con menos de tres horas de anticipación, polo que contan como xornadas de traballo polo que o sexto días xera exceso de xornada.
Despois de debater o tema a Empresa manifesta que vai estudar o caso e contestará coa maior brevidade posíbel.
Médico
O Comité denuncia que está a ter moitas queixas do médico e, por ende, a xente xa non quere acudir ao mesmo.