REUNIÓN EXTRAORDINARIA COMITÉ-EMPRESA
En Vigo, a 22 de maio de 2015
Comeza a reunión dando a Empresa os datos de absentismo, horas extraordinarias e volumes de ADG do mes de abril do ano 2015, os cales son anexados ao acta.
A razón dos datos de absentismo, o Comité denuncia que Loxística ten un 9,8% de continxencias profesionais e piden que se actúe en Loxística, xa que é obvio que despois dos cambios hai un problema serio.
SISTEMA 1
En xuño traballaranse os sábados 6, 13, 20 e 27 e os domingos 7, 14, 21 e 28, este último de 4 horas.
A produción será de 246 M3/M4 e de 1074 B9 vehículos/día.
O horario de peche da quenda da noite de PSA será ás 5:48 horas.
SISTEMA 2
As semanas 23 e 25 produciranse 484 vehículos/día e PSA traballará 5h e 38 minutos, sen impacto algún en ADG.
As semanas 24 e 26 produciranse 568 vehículos/día.
Trocando de tema, a Empresa informa que incorporará a vindeira semana 23 eventuais cun contrato de FAURECIA na quenda da noite e 2 persoas para o día, que se formarán por un convenio pola Confederación de empresarios.
- MUTUA
O Comité quere saber, despois de todo o decrarado por escritos e en anteriores reunións, que vai facer a Empresa con FREMAP.
A Empresa resposta que como se especifica no Convenio colectivo precisa un informe motivado por parte do Comité para tomar algunha decisión.
O Comité pregunta cal é a data de renovación.
A Empresa contesta que o 2 de xullo.
O Comité pide explicacións de porque a Mutua está dando a uns traballadores partes de confirmación e a outros non.
A Empresa contesta que xa o falaron coa Mútua e agora vanllo dar a todos.
O Comité indica que iso é cousa da Empresa, que antes nunca se solicitaba, e que iso supón un problema para o traballador que ten que desprazarse ata a Empresa para entregalo.
A Empresa resposta que se poden enviar os partes por fax ou por correo electrónico.
O Comité manifesta que a Empresa está complicándolle a vida aos traballadores e que non teñen porque facer esforzos económicos despois de lesionarse, e que se queren partes de confirmación que os envíe a Mútua. E se a Empresa persiste en seguir pedindo que o traballador se encargue de entregar este parte de confirmación preguntan quen se vai facer cargo de pagar os gastos de traslado ou de envío de tales partes.
A Empresa revisará a lei e disporá un procedemento en consecuencia á mesma.
O Comité pregunta que pasará mentras non hai procedemento, é dicir, se se vai sancionar a alguén por non traer dito parte.
A Empresa comprométese a non sancionar a ninguén por non traer o parte de confirmación de Mútua mentras non se entregue o procedemento.
O Comité manifesta o seu descontento coa decisión de RR.HH. de ter que levar os partes de baixa, de confirmación e de alta ao servizo médico porque ademáis, de que non hai médico a todas horas, interrompe ao resto de profesionais nas súas funcións, o cal vai en detrimento da calidade do servizo prestado, ademáis de que dubida da legalidade de ter que entregar documentación privada a unha empresa que presta servizos externos. Por todo elo solicitan volver entregalo en portería ou en Recursos humanos.
A Empresa manifesta que o de entregar os partes no servizo médico é unha decisión de organización interna.
O Comité denuncia que a Mútua tivo a Sandra Rodríguez Blanco oito días sen parte de baixa na casa esperando por unhas probas, e logo, despois de todo isto, a Mútua dille á traballadora que se dirixa á Seguridade Social para que lle dea un parte de baixa de oito días. O cal puido supoñer un problema gravísimo para a traballadora que puido ser despedida, ademáis, de que o médico da seguridade social pode negarse a darlle a baixa.
A Empresa di que a Mútua pola nova lei pode ter a unha persoa esperando polas probas o tempo preciso, e que se a Mútua considera que non é baixa laboral o traballador ten que ir cun informe emitido pola mesma ao médico da seguridade social, o cal ten a obriga de darlle a baixa coa data inicial.
O Comité di que os partes de descanso deixen de poñer 48 horas e pasen a poñer o tempo preciso. Así mesmo, denuncian que non se están investigando nin os accidentes nin os incidentes e que de todo o que os delegados de prevención denuncian por escrito non se contesta a nada, nin verbalmente nin por escrito.
A Empresa di que contesta nas reunións do Comité de Seguridade e Hixiene.
O Comité di que aí tampouco se contesta a nada. E que o problema máis grave non é só que non se conteste senón que non se actúa nin se invirte en prevención, e de aí boa parte do 9,8% de contixencias profesionais en loxística.
A Empresa contesta que fai moitas cousas e indica que toma nota e que se discutirán no Comité de seguridade e hixiene.
O Comité denuncia que o servizo médico non ten material para atender aos traballadores.
A Empresa contesta que non hai ningún tipo de restricción para medicamentos e material para o servizo médico.
- DESCANSOS CON HORAS ACUMULADAS POR HORAS EXTRAORDINARIAS
A Empresa di que están dimensionando a plantilla para poder dar descansos unha persoa por GAP cada día, pero comprométese a dar máis se é posíbel.
O Comité denuncia que non parece lóxico negar esta posibilidade de descansar a traballadores que están avisando con moita antelación por coincidir con algún compañeiro, habendo Etts e persoal polivalente.
- VARIOS
O Comité quere que a Empresa medie na problemática que hai en traseiros da quenda B e que foi posta en coñecemento de xeito xeral no escrito do 25 de febreiro. Para elo solicita que se faga coa maior brevidade posíbel.