Loading...

setembro2013


ACTA DE REUNIÓN ORDINARIA COMITÉ-EMPRESA

En Vigo, a 10 de setembro de 2013

 

Orde do dia:

-          Presentación dados de absentismo, horas extraordinarias e volumes de produción dos meses de xullo e agosto.

-          Resposta sobre as gamas de loxística e función dos GAP leader.

-          Problemas de produción na planta.

-          Sereas das liñas.

-          ERE (Situación dos traballadores que se achegan preto dos 180 dias consumidos de paro e situación dos eventuais).

-          Indefinidos requeridos pola Inspección.

-          Accidentes e incidentes de ambas liñas.

-          Cadrantes da quenda da noite.

-          Fin da relación contractual con RAMSTAD, segundo o código ético de FAURECIA.

-          Condicións dos contratados de COPO.

-          Varios.

 

-           a) Presentación dados de absentismo, horas extraordinarias e volumes de produción dos meses de xullo e agosto

A Empresa comeza a reunión dando os dados de absentismo, horas extraordinarias e volumes de produción do mes de xullo e agosto de 2013 que son anexados ao acta.

 

SISTEMA 1

Volume total previsto para o mes de outubro 1176 vehículos/día, 385M3M4 e 791B9. A quenda da noite traballará 5horas e 38´. Os seguintes días serán de adecuación de xornada: 28, 29, 30 e 31 de outubro. No derradeiro calendario aparece o 20 de decembro, tamén, como de adecuación.

SISTEMA 2

No mes de outubro o volume total será de: 608 vehículos/dia na semana 40; 474 vehículos/día na semana 41; 640 na semana 42; 499 vehículos/día na semana 43. Os días de adecuación serán os mesmos que no sistema 1, agás o día 20 de decembro, que neste caso será laboral. Traballaranse os sábados 9, 16 e 23 de novembro, segundo as previsións. 

-          b) Resposta sobre as gamas de loxística e funcións dos GAP leader.

As gamas de loxística en referencia do B9 entregaranse en dous días máximo e as gamas do B78 entregaranse en 15 días. Convocarase a comisión de tempos para a explicación das mesmas.

As función dos GAP leader entregaranse no día seguinte.

-          c) Problemas de produción na planta.

O Comité denuncia o sistema no que se forma ao persoal, así como o xeito no que se modifican as gamas. O Comité entende que debe haber un xeito único de formar á xente, así como que as gamas deben ser pactadas por ambas partes como di o artigo 11 do Convenio Colectivo de ADG e o Acordo do AGA.

A Empresa comprométese a dar maior estabilidade ás gamas.

O Comité lembra que os trocos das gamas deben ser avaliados por HSE.

-          d) Sereas das liñas.

O Comité denuncia que as sereas nas liñas poden provocar problemas de saúde e que hai que retiralas inmediatamente e buscar sistemas alternativos.

A Empresa di que o vai estudar e que dará contestación.

-          e) ERE (Situación dos traballadores que se achegan preto dos 180 dias consumidos de paro e situación dos eventuais).

O Comité quere tratar coa Dirección da empresa o problema que teñen os compañeiros que se achegan aos 180 días de paro e como vai a afectar aos temporais eses días de parada.

A Empresa di que hai dous tipos de eventuais, un grupo que quedará a pre cos días e outro que deberá días, polo que propoñen ter a posibilidade de ir contra as vacacións do ano que vén.

O Comité pide que aos eventuais, ante este tipo de situacións, se lles informe para poder na medida do posíbel evitar o ERE.

O responsábel da liña 2 di que, polo menos, na súa liña están informados.

O Comité e a Empresa acordan estudar esta problemática, vendo todas as posibilidades que hai, como sábados, xornada anual, etc… antes de negociar a posibilidade de ir contra as vacacións do ano que vén. 

Sobre a posibilidade dos traballadores que se achegan aos 180 días de paro o Comité pide buscar unha saída para esta situación. A Empresa comprométese a estudar este tema.

-          f) Indefinidos requeridos pola Inspección.

A Empresa di que recibiu o requerimento o 3 de setembro e que o está analizando.

-          g) Accidentes e incidentes de ambas liñas.

O Comité pide que haxa un protocolo para que se saiba que facer con todo traballador en caso de accidente e que o Comité quere ser coñecedor do mesmo.

A Empresa di que no plan de acollida informáselle de a onde ten que ir, etc, pero que traballará en mellorar o protocolo para que tanto ETT´s como o resto de traballadores saiban a onde ir, e que os supervisores saiban que facer.

-          h) Cadrantes da quenda da noite.

O Comité denuncia o ocorrido na noite ao anular cadrantes de descanso, incluídos aqueles que están dentro das vacacións, aprobados por recursos humanos, violando, por tanto, o artigo o 13.3.4 do Convenio e o acordo das vacacións.

A Dirección fixou as modificacións do calendario, na que as malas previsións van facer que estes traballadores xeren horas negativas. Así, deste xeito, se nivelarían as horas dos traballadores da noite, evitando que estes rematen con horas negativas e, por tanto, entren no ERE.

O Comité denuncia que nos atopamos neste problema por non falar co Comité e porque  a Empresa deu descansos a discreción porque tiña a necesidade de formar unha gran cantidade de ETT´s e agora non hai remanente de horas para reaccionar.

A Empresa comprométese a buscar unha solución coa maior brevidade posíbel.

O Comité lémbralle que urxe, xa que hai xente que xa está disfrutando estas vacacións.

-          i) Fin da relación contractual con RAMSTAD, segundo o código ético de FAURECIA.

O Comité solicita que se deixe de traballar con RAMSTAD, xa que debido ao requerimento da Inspección de Traballo queda demostrado que esta realiza a contratación en fraude de lei, e, por tanto, segundo o Código Ético de Faurecia non se pode traballar con ningunha empresa que cometa calquera tipo de fraude.

A Empresa contesta que está analizando o requerimento e que cando rematen tomarán as medidas que consideren oportunas. 

 

-          j) Condicións dos contratados de COPO.

Os contratados teñen unha cláusula conforme a súa antigüidade, de cara a indemnización é a de Copo e de cara a antigüidade en ADG é a de 1 de setembro.

O Comité reclama que se debía consultar aos traballadores da noite se queren pasar ao día, segundo o artigo 13.4, cousa que non se fixo, incumprindo o Convenio, xa que a contratación de máis persoal pode pechar as portas a que nun futuro estes traballadores poidan pasar ao dia.

A Empresa recoñece que non se fixo esta consulta pero que se alguén quere pasar o dia que llo comunique a recursos humanos.

O Comité pregunta cando fixeron estes traballadores o recoñecemento médico.

A Empresa resposta que antes da contratación.

-          k) Varios.

O Comité pregunta que vai suceder cos traballadores da noite de ETT que están divididos en dous grupos de traballo ante o novo calendario.

A Empresa resposta que o está estudando e que o máis probábel é que fique un soa quenda a partires de outubro.

O Comité lembra que a noite non fixo os dous días de formación e que, por elo, se teña en conta no caso de que a previsión sexa que o persoal quede con horas negativas ao final de ano.


 

Parque tecnolóxico Beade-Valadares Rúa 3 Parcela 2, Vigo