REUNIÓN EXTRAORDINARIA COMITÉ-EMPRESA
En Vigo, a 1 de decembro de 2015
A Empresa dá comezo á reunión que estaba prevista para falar sobre os Ett´s para explicar os trocos habidos no calendario e que son os que a seguir se expoñen:
En decembro o derradeiro día de traballo será o 21 de decembro para os dous sistemas. Trócase, para a quenda da noite, o día 7 de decembro para o día 8 do mesmo . A noite arrincaría o día 6 de xaneiro e traballaría todos os domingos dese mes.
O sistema 1 e 2 traballan todos os sábados e no sistema 2 a quenda variabel traballará en PSA sobre 9 horas e a quenda da noite pechará en PSA ás 5:40h.
Unha vez explicado os trocos de calendario pásase a falar dos días de parada de PSA en 2015 e 2016 e do diferencial de xornada xerado en 2015 e do que se xerará en 2016.
Despois de expoñer a problemática e facer un receso ambas partes ACORDAN utilizar o mediodía sobrante de diferencial de xornada deste ano para que o Sistema 2 non vaia ao ERE. Ambos sistemas irían a formación o día 22 de decembro. Así mesmo ambos sistemas disfrutarían os días 4 e 5 de xaneiro e ficaría un día de formación, tamén, para ambos sistemas.
Unha vez tratado este punto, proséguese a reunión co tema dos Ett´s, expoñendo os Responsábeis de UAP-2, UAP-1 e Loxística a relación de postos de traballo, indefinidos, eventuais e Ett´s, datos que serán anexados ao acta. De todo o explicado, en global, a Empresa manifesta que hai máis traballadores de Faurecia que postos de traballo e que queda craro a relación entre postos e Ett´s contratados.
O Comité di que estudará os datos e en próximas reunións manifestará as súas conclusións.
REUNIÓN ORDINARIA COMITÉ-EMPRESA
En Vigo, a 21 de decembro de 2015
A Empresa antes de comezar a reunión comunica que Guadalupe Abilleira pasará ao posto de Relacións Laborais e ao posto de Administración de persoal Luis Freire.
A Empresa comeza a reunión dando os dados de absentismo, horas extraordinarias e volumes do mes de novembro de 2015, os cales son anexados ao acta. Así mesmo corrixen o absentismo total da MOD do mes de outubro que era do 13,6 % en lugar de 10, 97%.
As previsións de volumes para o mes de xaneiro para ambos sistemas son:
SISTEMA 1
En xaneiro comezarase a traballar o día 6 na quenda da noite etraballaranse os sábados e domingos seguintes: 9,10, 16, 17, 23, 24, 30 e 31. Produciranse 1038 B9 e 292 M3/M4. A hora de peche da quenda da noite de PSA serán as 7:39h.
SISTEMA 2
En xaneiro comezarase a traballar o día 7 de xaneiro e traballarase os sábados: 9, 16, 23 e 30 a 8 horas
A semana 1 e 3 produciranse 570 vehículos/día.
As semanas pares en PSA alongarán a xornada 35 minutos, o cal, non terá trascendencia na nosa fábrica e producirán 596 vehículos/día.
A seguir a Empresa comunica que pagará a bolsa de horas da quenda da noite en xaneiro e que hoxe nos entregarán as cestas de nadal. Así mesmo a Empresa de vending anuncia un incremento de prezos de 2 céntimos no café e no resto de productos 4 céntimos. Así mesmo, lembran que para o vindeiro 8 de xaneiro convocaron ao Comité para a apertura da mesa negociadora do Convenio 2016.
O Comité amosa a súa disconformidade coa suba de prezos en cafés e resto de productos e manifesta o seu malestar por non ser consultados previamente. Ademáis, denuncia que Ramstad non paga as horas por acudir ao médico e entende que ten que cumprir as mesmas condicións laborais do Convenio de ADG.
A Empresa resposta que Ramstad ten que cumprir co mesmo salario pero que en materia de permisos ríxense polo seu Convenio Estatal de ETT´s.
O Comité resposta que non está de acordo e pregunta en que norma di que as Empresas de Traballo Temporal teñen que cumprir só co salario da Empresa na que prestan os seus servizos e para o resto de condicións se teñen que rexir polo seu Convenio.
A Empresa di que esta cuestión vén no artigo 37 do Convenio Estatal de ETT´s.