Loading...

ACTUALIDADE


ABRIL

Este mes a actualidade pasa pola negociación do Convenio se ningún paso considerábel na negociación e pola aplicación do ERTE polos paróns de actividade debido á falta de abastecemento de microchips ao noso cliente Stellantis.

 

 



MARZO


Este mes a actualidade pasa polo comezo da negociación do Convenio o 4 de marzo cunha plataforma en común para todo o Comité. Dita plataforma foi presentada ante a Empresa e a seguintes xuntanza será o 26 de marzo.

Así mesmo a actualidade pasa polos paróns do cliente na quenda da noite e na de fin de semana debido ao desabastecemento dos chips, o cal desembocará na negociación dun ERTE para prever novas paradas. Esta negociación comezará o 23 de marzo.

 


FEBREIRO


Este mes a actualidade pasa pola xuntanza con RAMSTAD e pola apertura da mesa de negociación do novo Convenio.

 






XANEIRO

O COMITÉ o pasado 11 de xaneiro solicitou unha xuntanza urxente á Empresa para tratar o tema das produtividades ao cal a Empresa respondeu convocándonos para o vindeiro xoves 21. Por elo, o COMITÉ o pasado 15 de xaneiro vén de acordar:
- Convocar asembleas para este SÁBADO 16 de xaneiro de 19h a 19:45h e o LUNS de 13:15h a 13:45h, de 14h a 14:30h e de 21:15 a 21:45h para as diferentes quendas de traballo.
- Convocar folga no caso de que a empresa non rectifique na súa pretensión de levar a cabo as produtividades.
- A mesma convocarase a partir da derradeira asemblea de traballadores do luns para comezar a mesma o vindeiro martes 26 de xaneiro.

A seguir a Empresa convocou para hoxe día 18 de xaneiro ás 11 h a unha representación de todas as seccións sindicais para realizar unha comunicación por medio do seu Director D.Jose María Salazar e da cal vos manteremos puntualmente comunicados.



Asemblea do sábado
 
Nesa xuntanza a Dirección anunciou que a Empresa se atopaba nun proceso de concurso para acadar os asentos dunha furgoneta que ía realizar PSA, polo que entendía que non era momento de realizar ningunha folga. A isto o Comité contestoulle que a folga seguiría adiante de non acadar un acordo satisfactorio.

Despois de xuntarse os días 19 e 20 de xaneiro chegouse a un acordo conforme:
- Aos Etts que ocupasen posto e non estivesen cubrido ningunha baixa, maioritariamente os que estaban na cuarta quenda se lles faría contrato por empresa.
- Nas liñas de dianteiros manterase a gama a 52 v/h mentres non se poida ter unha gama a 50 v/h realizábel polos traballadores. Buscarán desprazar operacións cara postos pouco cargados de loxística. 
- A dirección comprometeuse a que o posto de kitting entre na rotación de dianteiros e a non realizar ningunha produtividade máis no que resta de ano.
- En traseiros definirase unha configuración para manter tres persoas tapizando ou dúas persoas máis outra persoa na curva.
(A acta estará coas actas de xaneiro de 2020)
 
 
 
 
 

MES DE DECEMBRO
 
Hoxe en día a actualidade pasa polas produtividades que está a realizar a Empresa. Por medio do Comité convocouse á Empresa para, en primeira instancia, falar coa mesma sobre o tema e, logo, de non entrar en razón coas esixencias da parte social, ver os seguintes pasos a dar. A importancia deste tema radica en dous puntos: a saúde e o futuro da plantilla indefinida. O primeiro dos puntos é o consabido do que provocan os elevados ritmos de traballo na nosa saúde e o segundo trátase de asegurar o traballo para a totalidades dos indefinidos cando a cuarta quenda desapareza.

Así mesmo trasladóuselle á Empresa unha petición de xuntarse con Ramstad para que nos expliquen as súas táboas salariais, xa que deberían ser como as nosas pero calculadas por horas, e verificar que pagan axeitadamente, así como falar dos continuos trocos de quenda dos seus traballadores e traballadoras e outros tipos de abusos que estamos a ver. Dentro deste tema está a contratación da cuarta quenda pola que o Comité viuse na obriga de denunciar a situación ante a Inspección de traballo, xa que o noso Convenio só permite a contratación de Etts para determinados supostos relacionados co absentismo.

Tamén solicitóuselle á Empresa cotexar as vindeiras táboas salarias do vindeiro 2021, xa que se ben van ser as mesmas cantidades na maioría de conceptos, volvemos aos conceptos existentes ata a sinatura do Convenio como o bono de transporte, o incentivo de produción e o paga rateado da parte fixa da paga de setembro. Así mesmo se desconxelan as horas extras e as horas complementarias, ademais de ter que actualizar aqueles conceptos, hoxe incluídos no plus ad personam. 
 

Parque tecnolóxico Beade-Valadares Rúa 3 Parcela 2, Vigo