Loading...

LICENZAS



ARTIGO 17: PERMISOS RETRIBUÍDOS

a) 16 días naturais en caso de matrimonio de traballador/a, independentemente do sexo dos seus compoñentes.

b) 3 días laborais en caso de nacemento de fillo/a, adopción e acollemento. E en caso de parto múltiple 2 días máis.

c) 15 días naturais en caso de falecemento de fillo/a ou de cónxuxe.

d) 5 días naturais en caso de falecemento de pais.

e) 3 días naturais en caso de falecemento de irmáns ou irmás, netos/as, avós ou avoas, pais políticos, avoas ou avós políticos, irmás ou irmáns políticos e fillos/as políticos/as.

 f) 3 días naturais en caso de enfermidade grave, hospitalización ou intervención cirúrxica sen hospitalización con repouso domiciliario do cónxuxe e fillos/as, circunstancia que deberá ser xustificada. Este permiso poderá utilizarse durante a existencia do feito causante, conforme determinación do traballador. Neste caso será preciso acreditar a data de inicio da licenza e que a hospitalización ou o repouso mantense na data do permiso.

g) 2 días naturais en caso de enfermidade grave, hospitalización ou intervención cirúrxica sen hospitalización con repouso domiciliario de familiar ata 2º grao de consanguinidade ou afinidade, circunstancia que deberá ser xustificada.Este permiso poderá utilizarse durante a existencia do feito causante, conforme determinación do traballador. Neste caso será preciso acreditar a data de inicio da licenza e que a hospitalización ou o repouso mantense na data do permiso.

h) 1 día natural no caso de traslado de domicilio habitual.

i) O tempo preciso para a asistencia a consulta médica de especialista da Seguridade Social cando, coincidindo o horario de traballo co de consulta, se prescriba a visita médica polo/a médico/a de familia, debendo presentar o/a traballador/a o volante xustificativo da referida prescripción médica.
Nos demais casos, o traballador/a utilizar ata o límite de 22 horas por ano. Tamén polo tempo para acompañar a fillos/as menores ou familiares de primeiro grao que teñan recoñecida a condición de persoas dependentes pola Xunta de Galicia e cónxuxe embarazada para a realización das diferentes probas relacionadas con dito estado, incluíndo estas horas na mesma bolsa de 22 horas.

j) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal. Cando conste nunha norma legal convencional un período determinado, estarase ao que dispoña en canto á duración da ausencia e á súa compensación económica.

k) 1 día natural en caso de matrimonio de fillos/as, irmáns e irmás.

l) 1 día natural en caso de falecemiento de tíos/as, en grao de consanguinidade co traballador.

No suposto f) ao traballador/a que precisase desprazarse a máis de 150 Km. concederaselle 1 día natural máis.

Nos supostos d), e) e f) ao traballador/a que precisase desprazarse fóra de Galicia concederánselle 2 días naturais máis.

No caso de necesidade, previo aviso e xustificación, a Empresa poderá conceder un permiso sen retribuír, dunha duración máxima de 10 días naturais, por razón de desprazamento en caso de enfermidade grave de parentes ata segundo grao de consanguinidade.

Todo o exposto neste artigo será de aplicación para as parellas de feito acreditadas de xeito fidedigno e inscritas no Rexistro Público correspondente.

Recollerase no anexo II de este convenio un cadro de parentescos.
(Texto actualizado a 26 de novembro de 2020)




 

Parque tecnolóxico Beade-Valadares Rúa 3 Parcela 2, Vigo