REUNIÓN EXTRAORDINARIA COMITÉ-EMPRESA
En Vigo, a 26 de novembro de 2013
ORDE DO DIA:
- ABSENTISMO, HORAS EXTRAORDINARIAS E VOLUMES DE PRODUCIÓN
- PRODUCTIVIDADE
- APLICACIÓN DO ERE
- VARIOS
Absentismo, Horas extraordinarias e volumes de produción
A Empresa dá os dados de absentismo e horas extraordinarias do mes de outubro que é anexada ao acta.
SISTEMA 1
No mes de decembro vanse fabricar 1182 v/dia; 220 M3M4 E 962 B9. A noite pechará en PSA ás 3:33h.
Traballarase o sábado 30 de novembro e os domingos 1 e 15 de decembro a 7 horas. E os días 18 e 19 de decembro, previstos inicialmente como adecuación en PSA, traballaranse, ficando o 20 de decembro como dia de adecuación para o noso cliente, de ERE para os traballadores de FAURECIA ADG.
SISTEMA 2
Na semana 49 e 51 faranse 602 vehículos/día, traballando PSA 7 horas 45´ pola tarde.
Na semana 48 e 50 faranse 640 vehículos/día.
O día 20 de decembro é adecuación de xornada para PSA.
A seguir a Empresa explica o ocorrido na pasada nómina de outubro e comprométese a enviar unha acraración á plantilla mediante un flash informativo. Tamén indican que regularizaron as horas correspondentes aos días 11 e 12 de marzo da bolsa de horas da noite, devolvendo +6 horas á mesma e regularizandoo salarialmente, e que se informará aos afectados desta quenda sobre este tema no top 5. Tamén a empresa recoñece que os traballadores a xornada completa da quenda da noite carecen de bolsa de horas polo que os días 11 e 12 de marzo computaron como traballados.
O Comité pregunta se está constituída a Comisión da noite.
A Empresa resposta que non.
Aplicación do ERE
O Comité pregunta canta xente foi ao ERE o pasado mes de outubro e neste mes de novembro na quenda da noite.
A Empresa resposta que unha en outubro e ningunha en novembro.
O Comité pregunta por que foi unha en outubro e ningunha no mes de novembro.
A Empresa resposta que porque segundo as estimacións que teñen non vai facer falta.
O Comité di non entender porque nunhas ocasións se aplica o artigo do Convenio de ADG 13.3.2. e quere saber porque en marzo si, en outubro non, etc…
A Empresa di que traballa sobre previsións.
O Comité pregunta por que a esta persoa se lle mandou en setembro de descanso cando non tiña xeradas as horas para desfrutalas.
A Empresa di que porque o escenario era outro e que ainda que se lle advertiu que marchando de descanso ía quedar moi xusto de horas, este voluntariamente quixo ir de todos os xeitos.
O Comité replica que non lle consta que se lle advertira antes de ir de descanso e que se foi porque a Empresa prevía que ía poder recuperalos. Ademáis engade que houbo mala praxe, xa que de querer trocar o cadrante de descansos a Empresa só tería que acordar co Comité, segundo o Convenio, e poderíase modificar sen ningún problema.
Ao respecto aos descansos da quenda de noite a Empresa di que parou porque en función dos calendarios coñecidos o máis recomendábel era parar e que estes acordáronse falando individualmente con cada traballador.
O Comité indica que este é un exemplo máis de cómo a Empresa vulnera sistemáticamente o Convenio.
A Empresa di que non vulnera o Convenio e que aos traballadores da noite se lles aplica o Convenio, e que a quenda da noite ata o de agora quedou fóra dos EREs por mútuo acordo entre as partes.
O Comité replica que quedou fóra porque esta quenda xa tiña medidas de flexibilidade. A seguir, pregúntase se a Dirección mantense no que dixo diante da Inspección, conforme que ninguén máis da quenda da noite ía ir ao ERE porque se ía baixar a configuración para alongar a xornada de traballo.
A Empresa contesta que está formalizando está configuración para probala a semana que vén e poder aplicala en canto antes. Pero acrara que a JIT WINDOWS só permite unha marxe de tempo moi reducida, entorno a 15 minutos. Ademáis a Dirección acrara que diante da Inspección dixo que farán todo o posíbel para que ninguén da quenda da noite entre no ERE a día 20 de decembro.
Productividade
O Comité lembra a Empresa que cando se fagan probas ten que darlle participación tamén aos delegados de prevención.
A Empresa comprométese a facelo así.
O Comité reclama que en cada posto os operarios teñan as gamas e tempos das diferentes configuracións.
A Empresa di que en cada liña hai unha carpeta con todas as gamas e que en cada posto hai unha secuencia de operacións como axuda.
O Comité denuncia que o luns trocouse no posto 11 de Inspección do lado de dereitos da liña 2 a gama, e que non dá tempo a realizar esta operación, xa que a liña párase antes do tempo de ciclo estipulado.
Debido á ausencia do responsabel da UAP 2, a empresa analizarao con él e respostará.
Varios
O Comité pregunta se se planifica cun tempo suficiente que o operario teña unha data concreta para ir ao recoñecemento médico, porque logo se lle retrasa chegado o día.
A Empresa contesta que é a primeira información que ten e que dará contestación a este punto.
O Comité pregunta que se a Empresa ten craro que dunha xornada de traballo a outra teñan que ter 12 horas de descanso.
A Empresa resposta que o ten craro.
O Comité pregunta que vai suceder cos eventuais se a finais de ano deben horas.
A Empresa contesta que aos eventuais recuperarán os días que deixaron de traballar , coa intención de non incluilos no ERE, alongando a xornada como horas extraordinarias e con acordo das mesmas e que se a finais de ano é preciso, pasaránselle as horas que deban para o seguinte.
O Comité pide que se revise o posto de banquetas da zona de loxística, así como o do tren de B9, xa que coas novas modificacións dos mixes os tempos e a ergonomía variaron bastante.
A Empresa contesta que o van revisar.
O Comité solicita unha reunión da comisión paritarira de seguemento do Convenio para tratar o tema da aplicación do ERE na quenda da noite polo artigo 13.3.3.2.. Ademáis solicitan que pidan permiso aos traballadores cando lle queiran fotografar ou filmar.