Loading...

setembro2015


ACTA DE REUNIÓN DE ORDINARIA COMITÉ-EMPRESA

En Vigo, a 25 de agosto de 2015
 
 
A Empresa dá os dados de absentismo e horas extraordinarias do mes de xullo de 2015 que é anexada ao acta.
A Empresa explica que as previsións de volumes para este mes e o vindeiro, así como os horarios son os mesmos dados na anterior reunión celebrada o día 23 de xullo de 2015, que son:
Sistema 1
Tanto en agosto coma en setembro, non se vai traballar ningún sábado nin domingo. A hora de peche da quenda de noite de PSA en agosto vai ser ás 3:24h e en setembro vai ser ás 2:58h.
Os volumes de produción en agosto van ser de 929 B9 e 260 M3/M4 e en setembro 933 B9 e 241 M3/M4.
Sistema 2
Vaise traballar o sábado día 29 e non hai ningún día de adecuación de xornada.
A semana 34 vanse facer 568 vehículos/día.
A semana 35 vanse facer 592 vehículos/día, de luns a xoves e o venres 568 vehículos/día.
En setembro non hai días de adecuación de xornada nin sábados:
As semanas 36, 38 e 40 vanse fabricar 568 vehículos/día.
As semanas 37e 39 vanse fabricar 497 vehículos/día. Nestas semanas as quendas da tarde en PSA traballan 6 horas pero isto non ten incidencia en ADG, que traballará con normalidade en ambas quendas.
 
Trocando de tema, a Empresa comunica que entregarán hoxe as nóminas.
O Comité reitera a petición de que aqueles traballadores que o soliciten poidan recibir a nómina por correo electrónico.
A Empresa di que xa o solicitou ao grupo e este está traballando nesa posibilidade.
A seguir, a Dirección comenta, sobre o preguntado na anterior reunión sobre as máquinas de café, que a Empresa que leva as mesmas di que limpa todos os días as máquinas e que a zona de descanso próxima á liña 1 non caben máis máquinas. Tamén, contestando a peticións da reunión anterior, di que xa funcionan os tres tornos de entrada e que para o vindeiro verán valorarán aumentar o aparcadoiro de motos.
O Comité solicita sobre o tema das máquinas que se entregue o protocolo de limpeza e carga e pídese saber a que horas fan a limpeza.
O Comité pide que se mire a posibilidade de aumentar o aparcadoiro cara a zona verde que hai ao carón do mesmo ou na zona onde se aparcaba antigamente e agora se acumula chatarra. Así mesmo denuncian que os camións están aparcados diante da portería nunha zona de pouca visibilidade, o cal é un risco para os traballadores desta planta. O Comité pregunta porque na noite se traballa sempre a 66 vehículos/hora.
A Empresa contesta a isto último que a responsábel da UAP-1, hoxe non presente, dará á explicación pertinente tan pronto sexa posíbel.
O Comité pregunta pola obra para dar sombra ás gabarras.
A Empresa contesta que aínda non teñen a aprobación do Grupo para realizar dita obra.
O Comité pregunta cando se vai retomar o estudo psico-social.
A Empresa contesta que este vindeiro mes.
O Comité pregunta se se sabe algo do K-9.
A Empresa contesta que cando saiban algo comunicaranno.
O Comité solicita o Balanzo económico do 2014.
A seguir, o Comité, ao igual que na reunión anterior, reclama que Ranstad vaia regularizando o IRPF mensualmente, como corresponde, a aqueles operarios que veñen traballando continuadamente na planta.
A Empresa contesta que Ranstad comunica aos operarios que traballan continuádamente para que suba a súa retención e ao que non o fai aplícalle a lei estabelecida.
 


REUNIÓN ORDINARIA DE COMITÉ EMPRESA

En Vigo a 15 de Setembro de 2015
 
Comézase a reunión coa lectura do absentismo de Agosto e os volumes de Outubro:
Para o sistema 1 en Outubro traballaranse os sábados 10,17 e 24 e os domingos 4 e 18 e a noite do luns 12 de Outubro, cun volume de 1007 B9 e 318 M3M4 e hora de peche de PSA 5:52. A previsión para Novembro é de traballar os domingos 8,15 e 22, con volumes de 1018 B9 e 295 M3M4, con hora de peche de PSA de 5:39. En Decembro non se prevén sábados nin domingos e os volumes previstos son 916 B9, 277 M3M4, coa hora de peche de PSA 3:30.
Para o sistema 2 traballaranse todas as semanas completas. S41 580 coches, S42 568,s43 580 coches e S44 vacacións o mesmo que no sistema 1. A previsión é de S45 561 cohes, S46 568, S47 561 e S48 568. Sen sábados en Outubro nin en Novembro. S49 426 coches, S50 568 e S51 426. Hai dous días de adecuación de xornada, o 21 e 22 de decembro.
A empresa continúa confirmando que a paga de absentismo de Septembro ingresarase hoxe e recibirase entre mañana e pasado. Entrega copia do informe de contas anuais 2014 da asesoría externa a cada representación sindical. Recorda que xa se entregou o protocolo de limpeza das máquinas de café. No canto do tema da parada dos camións á entrada da fábrica enviouse un mail ós proveedores lembrandolles a importancia das horas de entrega e as penalizacións por chegar antes ou despois da hora e especificouselles a zona onde non podían parar. Pospón a reunión sobre a enquisa do psicosocial por problemas de axenda. Convoca ó Comité a reunión mañana ás 13:30 para tratar da adxudicación do K9.
Entregarase a lista de horas que quedan na bolsa do persoal en liña 2 (acordo de reducción de xornada, semanas impares PSA).
Os RT's solicitan que se explique porqué hai persoas que non cobraron a paga de 40 € mes. A empresa comprometese a informarse e explicalo.
Os RT's solicitan información sobre o posto de Respost Mollet, as rotacións e as gruas auxiliares. A empresa explica que a grúa está prevista para as armaduras eléctricas porque son as de máis peso e así determinouse ó inicio do proxecto. En canto as rotacións estase estudando un plan de rotación.
Os RT's consultan se en traseiros M3M4 vaise realizar algún cambio. A empresa confirma que está pendente unha evolución do cliente, pero non hai confirmación oficial do mesmo.
Os RT's preguntan que tipo de contratación fíxose coas novas persoas en formación. A empresa explica que se está incorporando a través dun convenio de colaboración cos concellos de Redondela y Mos. Os RT's consultan se estes traballadores cobran algún tipo de percepción e denuncian que non están cobrando nada e estaselles a exisir cadencia, facendo producción en liña, non sendo formados por traballadores de Faurecia en algúns dos casos. A empresa mantén que non se saca beneficio co traballo destas persoas en formación, posto que non se fan máis asientos con eles e a retribución a establece o convenio por medio do que se integran. Os RT's manteñen que este tipo de contratación non é ética e preguntan cantas persoas hai contratadas por Faurecia que veñan da formación con convenios co concello de Redondela e outros concellos, posto que entenden que a día de hoxe non hai ninguén contratado procedente desta formación. A empresa revisarao  e dará unha contestación.
Os RT's consultan por qué se traballa na quenda de noite a 66 e no resto das quendas a menor cadencia. A empresa contesta que xa se tratou isto na reunión de Maio e explica que debido á producción do cliente dabase a opción de reaxustar por quenda a cedencia e traballar unha hora a N+1 o concentralo traballando a 66 nunha quenda e traer tres persoas 4h a maiores para recuperar eses coches e esta foi a opción que se escolleu.
Os RT's consultan como é posible que haxa tantos ETT's en loxística se o absentismo baixou tanto en Agosto e por qué hai ETT's fixos en posto. A empresa precisa que ainda que o absentismo baixou as ausencias foron maiores, por iso hai os mesmos ETT's e que no cómputo global de suplencias están compesados esos ETT's de posto. A empresa comprometese a analizar a cantidade de traballadores temporais necesaria para cumplimento do convenio.


 

Parque tecnolóxico Beade-Valadares Rúa 3 Parcela 2, Vigo