WWW.ASIENTOS GALICIA CGT.TK

Xaneiro 2016

REUNIÓN DE ORDINARIA COMITÉ-EMPRESA

En Vigo, a 19 de xaneiro de 2016
 
A Empresa dá os datos de absentismo, volumes de produción e horas extraordinarias do mes de decembro de 2015 que é anexada ao acta.
Sistema 1
No mes de febreiro está previsto traballar todos os sábados e domingos.
A hora de peche da quenda de noite de PSA en febreiro vai ser ás 5:40h.
Os volumes de produción en agosto van ser de 1028 B9 e 302 M3M4.
Sistema 2
No mes de febreiro non hai sábados.
Todas as semanas do mes de febreiro vanse fabricar 570 vehículos/día.
Antes de entrar nos temas da orde do día, a Empresa convoca á Comisión da quenda da noite para o mércores 20 de xaneiro ás 13 horas.
Orde do día:
-          Petición de asistencia das responsábeis de calidade e HSE sobre o troco da tea por moqueta na parte posterior do coxín do B-78
 
A Empresa disculpa a non presencia das responsábeis de calidade e de HSE por motivos de axenda, xa que o Comité fixo a petición con pouco tempo de antelación. Sobre o troco do tecido por un non tecido, a Dirección di que pensa que o problema debe estar no grosor do non tecido e convocan a algúns membros do Comité para estudar o asunto e subsanar esta cuestión.
 
O Comité manifesta que xa se denunciou en novembro este problema aos responsábeis pertinentes e que se non se subsana, de inmediato, hai que introducir reforzos. A isto se lle engade que os fornos para quentar as fundas están apagados, case sempre e que as orellas do coxín destrozan os dedos. Tamén, engaden, que isto é un toque de atención aos técnicos e responsábel de HSE por este troco, xa que é un problema serio que está afectando á saúde dos traballadores.
 
-          Rotación liña 2 (armaduras, ergoestación e inspección final)
 
A Empresa di que dende o inicio do B-78 en inspección final non se rota porque é un compromiso co cliente; e nos postos de ergoestación, ademáis de que é un posto que acolle a persoal con limitacións por saúde, é un posto no que é importante que os tecidos vaian ben pegados porque senón habería un problema de calidade; e, finalmente, no posto de armaduras non se rota porque, debido a gran cantidade de diferentes cables que hai, ten unha formación moi complicada.
 
O Comité pide que á velocidade de 37 e 31 v/h haxa outros tipos de rotacións porque senón todos os esforzos recaen sobre a mesma cantidade de persoal. Tamén se pide que no posto de aparafusado que fará un robot, cando este non estea operativo, a persoa que ocupe este lugar na cadea pasa a rotar todos os postos, para repartir o traballo máis equitativamente. 
 
A Empresa non ve ningún problema en ver este último punto mañá, ao mesmo tempo que se estuda a problemática do non tecido.
 
-          Cumprimento de sentenza sobre o reforzo de loxística
 
A Empresa manifesta que recibiron a sentenza a semana pasada e que os seus servizos xurídicos están estudando a mesma, pero que parece ilóxico introducir o reforzo, de novo, despois dos trocos feitos na planta para non realizar ningún traballo.
 
O Comité asegura que vai velar porque se cumpra a sentenza e que o primeiro que hai que facer é introducir o reforzo e logo que os servizos xurídicos estuden o que queiran.
 
-          Incremento de velocidade en liña 1
 
O Comité manifesta que este incremento foi presentado á parte social da Comisión de tempos, a cal, xa manifestou o seu desacordo, xa que os motivos esgrimidos para realizar esta productividade foron os mesmos utilizados para retirar o reforzo. Así mesmo, denúnciase que non houbo participación da parte social dos membros da comisión de tempos así como dos delegados de prevención, posto que non se convocaron.
A Empresa contesta que xa se anunciou na Comisión de tempos que se ían realizar as probas e que, ademáis, de que a eficiencia é a mesma que antes, xa que se quitou carga de traballo.
 
O Comité di que se anunciou que se ían facer probas, pero non se deu participación ao Comité, convocando aos membros da parte social da Comisión e aos delegados de HSE. Ademáis, engaden, que se retiraron operacións só nalgúns postos de coxíns pero que no resto de coxíns, en respaldos, en basamentos, na Gap 8, en loxística, etc non se fixo ningunha mellora, e todo, sen rematar o proceso de formación para a rotación total dos traballadores. A seguir, aseguran que o problema que hai na planta é de sobreesforzo e que se segue agravando con este tipo de actuacións. Tamén, afirman que cunha negociación de Convenio aberta, non proceden este tipo de movementos porque lastran a mesma.
 
A Empresa insiste en que coas melloras realizadas e coa retirada de carga de traballo da liña a subida de velocidade é totalmente realizábel. Así mesmo, engaden que se retirou carga de traballo tanto en respaldos como en coxíns pero, obviamente, non en todos os postos, pero que ao rotar por todos os postos este descenso de realización de operacións afecta a toda a Gap por igual. 
 
O Comité pregunta porque se todo está tan ben porque segue aumentando o absentismo por continxencias laborais e insisten en que, de novo, non se está a utilizar ben o artigo 10 do Convenio Colectivo que obriga a dar información e participación ao Comité.
 
A Empresa entende que se avisara das probas na Comisión de tempos pero, probabelmente, houbera un problema de comunicación para concretar as mesmas.
 
-          Traseiros de M3/M4
 
O Comité di que houbo unha serie de modificacións que teñen unha maior cantidade de operacións co mesmo tempo, para o cal só se presentaron as modificacións á Comisión de tempos pero que non se lle deu, tampouco, participación.
 
A Empresa contesta que si se presentara o novo producto e que os tempos se modificaran en xaneiro dándolle 10 segundos máis aos coxíns. Así mesmo, aproveitan para anunciar que veñen o vindeiro xoves de PSA a auditar os vehículos alxerianos.
 
-          Calendario 2016
 
O Comité lémbralle á Empresa que o Calendario laboral debe estar asinado antes do 30 de abril, sobre todo, cando o do cliente está firmado dende decembro de 2015.
 
A Empresa contesta que, como sempre, cumprirá co estipulado no Convenio e asinará  o Calendario antes do 30 de abril.
 
-          Limpeza
 
O Comité manifesta o descontento coa limpeza en xeral, e, en concreto, coa limpeza dos baños dos sábados e dos domingos.
 
-          Varios
 
O Comité pregunta se os eventuais que comezaron a cobrar as horas complementarias van ter unha ampliación de contrato e, ademáis, advirte que hai que avisar con tres días de antelación.
 
A Empresa ía tratar esta cuestión na Comisión da quenda da noite pero pode adiantar que si se van a ampliar estes contratos.
UGT, CCOO e CGT INFORMAN

Vigo, a 17 de novembro de 2016

As seccións sindicais de UGT, CCOO e CGT queremos informar do acontecido na décimo-sétima reunión de Convenio celebrada onte, 16 de novembro, o cal facemos mediante esta octavilla onde retomamos os puntos da plataforma do Convenio que a seguir describimos:

Artigo 14.- Horarios de Traballo: Neste punto mantémonos no seu redactado para o horario de verán de oficiñas: “O periodo de realización de dito horario será do 15 de xuño ata o 30 de setembro”.

Artigo 15.- Horas extraordinarias: No que se pretende que a Empresa resposte con 48 horas por escrito á solicitude dos traballadores de disfrute das horas de descanso xeradas en horas extras.

Artigo 17.- Permisos retribuídos: A Empresa acepta este punto, ademáis dos xa aceptados anteriormente:

i) O tempo necesario para asistencia a consulta médica especialistas da Seguridade Social cando, coincidindo o horario de traballo co de consulta, se prescriba a visita médica polo médico/a de familia, debendo presentar o traballador/a o volante xustificativo da referida prescrición médica. Nos demais casos ata o límite de 22 horas por ano. Tamén polo tempo para acompañar a fillos/as menores ou familiares de primeiro grao que teñan recoñecida a condición de persoas dependentes pola Xunta de Galicia e cónxuxe embarazada para a realización das diferentes probas relacionadas co devandito estado, incluíndo estas horas na mesma bolsa de 22 horas.

Todos estes casos abranguirán, tamén, á SANIDADE PRIVADA.

Artigo 19.- Contratación temporal e a tempo parcial e Artigo 21.- Empresas de traballo temporal: Sobre este contrato, en principio, non hai acordo porque a Empresa quere que os traballadores a tempo parcial con distribución irregular da xornada de 1100 horas para a quenda do día veñan de luns a sábado, se é preciso, pero polo tipo de contrato pagaría ese hipotético sábado a prezo de hora ordinaria ou complementaria. Esta parte social entende que para poder chegar a un acordo, entre outras cousas, ademáis de limitar a contratación de Etts, tería que pagar un plus que compensase a diferenza entre o prezo de hora extraordinaria e o de hora ordinaria.

Artigo 32.- Maternidade: Este punto aínda está pendente de redacción.

Ademáis, na reunión a Empresa denegou a posibilidade de sentarse na mesa ao delegado da CUT como asesor externo por consideralo “asesor interno”, esta parte social lamenta esta decisión porque aporta o mesmo dentro que fóra.

Logo, o CSI-F conforme como son “novos actores” expoñen que: “se non se lles deixa coñecer toda a documentación e formular propostas nun tempo prudencial para podelas negociar, atoparémonos cunha xudicialización da negociación, que xa se produciu, e que retrasaría con elo a finalización da mesma con o sen acordo.” E a seguir presentaron a súa plataforma.

E, finalmente, a CIG manifesta que non vai ser asinante do Convenio, como anteriormente manifestou a CUT, pero que queren chegar a acordos en materia de saúde laboral e no resto de puntos da plataforma do Convenio.

UGT, CCOO e CGT entenden que o acordo de viabilidade xa está negociado e ratificado pola plantilla e, polo tanto, que é preciso negociar e ratificar en asemblea o articulado restante para rematar o Convenio.