Loading...

marzo2013



RESUMO REUNIÓN EXTRAORDINARIA 6 DE MARZO
 
 
ORDE DO DIA:
-          COPO
-          ERE
A Empresa inicia á reunión tratando o tema do ERE, indicando que o escenario trocou e que agora teñen unhas previsións diferentes ás anteriores con 9 sábados de traballo para o sistema 2, polo que fan a seguinte proposta:
Opción 1: Dos 6 días que se pararon 2 foron de formación e 4 de ERE, polo que se ofrece retrotraer eses 4 días trocándoos por sabados a 1,75 horas ordinarias. Esta opción sería extensíbel a aqueles que optaron por coller vacacións neses días.
Opción 2: A Empresa retira o ERE facendo un preacordo con medidas de flexibilidade.
O Comité pregunta se isto son opcións individuais ou colectivas.
A Empresa resposta que colectivas.
O Comité pregunta se os sábados serían obrigatorios e se o cancelar a débeda seguiría habendo algún tipo de obriga.
A Empresa di que o persoal só tería a obriga de devolver o que deba e que pode combinar vacacións e sábados, coller vacacións ou recuperar esas horas cos sábados.
O Comité pregunta en que consistiría o preacordo.
A Empresa resposta que sería un acordo conforme unha vez esgotadas todas as medidas de flexibilidade aplicaríanse as mesmas condicións asinadas no ERE aplicado no 2012.
O Comité pregunta cando remataría a obriga de devolver as horas e cando remataría a bolsa de horas.
A Empresa contesta que en xuño xa coñecerían unha previsión do calendario dos próximos tres meses polo que xa saberían se PSA para e, polo tanto, se hai que usar os sábados para a bolsa de horas.
O Comité pregunta se estamos falando de solucionar estes 4 días de ERE ou de todo o ano.
A Empresa contesta que todo o ano.
O Comité di que as opcións ofrecidas pola Empresa pode facelas cada traballador individualmente, xa que poden trocar as vacacións por días de ERE e cando teñan veladas poden acumular horas para no futuro trocalas por días de ERE, tamén. Por isto non entende que a Empresa pretenda facelos obrigatorios. Ademáis pregunta que sucedería con aqueles traballadores que non deberan horas.
A Empresa contesta que, sempre e cando houbera previsións de días de adecuación, os traballadores terían que xerar horas cos sábados para metelas na bolsa de horas e ao final de ano todas as horas non utilizadas pagaríanse.
Despois de realizar un receso o Comité contesta que vai realizar asembleas e que lle dará unha contestación na vindeira reunión ordinaria do día 14 do presente mes.
 
Crease a comisión xestora de fondo social formada pola parte social: Pablo Yáñez, David González, Antón Silveira, Javier Aniceto e Jose Antonio Costas. E pola parte da dirección Jose Venancio Martínez.
 A Empresa inicia o segundo punto da orde do día indicando que a primeira reunión de COPO coa Dirección de ADG celebrarase o 25 de marzo de 2013.
 O Comité indica que resulta paradóxico que na mesma reunión falemos dun ERE e de contratación de persoal.
A Empresa manifesta que a contratación de persoas débese a unha necesidade estructural sobrevida polo novo proxecto B78, diferente ao ERE suspensivo que é preciso por causas organizativas e de produción.
O Comité pregunta que antigüidade vai ter a xente que veña de COPO.
A Empresa contesta que aplicará o recollido no convenio colectivo de ADG.
O Comité quere que se tome como premisa que a xente que actualmente está en plantilla teña preferencia sobre o persoal excendetario de COPO contratado no futuro nun hipotético caso de baixada de produción, de xeito que de haber un descenso de produción polo cal houbese un sobrante de persoal a plantilla actual de ADG, a que está a día de hoxe, sería a derradeira en ser afectada.
O Comité pregunta en que quenda van entrar porque o Comité non quere pechar a posibilidade de que no futuro os traballadores da noite poidan pasar a día, é dicir, que os traballadores que veñan ainda que entren no día poidan no futuro rotar na noite.
O Comité pregunta se vai vir man de obra directa ou indirecta.
A Empresa resposta que só van contratar man de obra directa. 

Sección Síndical CGT

 


RESUMO DA REUNIÓN ORDINARIA COMITÉ-EMPRESA
 
En Vigo, a 14 de marzo de 2013
 
A Empresa comeza a reunión dando os dados de absentismo, horas extraordinarias e volumes de produción do mes de febreiro.
SISTEMA 1
A Empresa informa que de momento non se sabe se se fará algo para recuperar os dous días perdidos na noite esta semana. Tamén comunica que en marzo se manteñen os sábados 16 e 23 de 9 horas e o domingo 17 de 8 horas. En abril do 28  ao 1 de abril serán as vacacións de Semana Santa, ambos días incluídos, e traballaranse os sábados 6, 13, 20 e 27 de 9 horas e os domingos 7, 14 e 21 todos de 8 horas. Este mes de abril Psa vai traballar ata ás 5:17h na noite e vanse facer 1276 vehículos/día, dos cales 798 son B9 e 478 son M3M4.
SISTEMA 2
A Empresa comunica que neste mes de marzo e no vindeiro mes de abril non se traballará ningún sábado. Durante o mes de abril traballarase igual a 8 horas cada quenda, subindo a produción a quenda do serán de PSA.
Semana 14: 456 vehículos/día, dos cales 380 son B58 e 76 B78
Semana 15: 448 vehículos/día, dos cales 363 son B58 e 85 B78.
Semana 16: 456 vehículos/día, dos cales 366 son B58 e 90 B78.
Semana 17: 448 vehículos/día, dos cales 308 son B58 e 140 B78.
A Empresa comunica que convocará á comisión do fondo social de préstamos para  19 de marzo ás 9:30h.
Os membros da comisión de tempos por parte da Empresa serán Óscar González, Pierre Cavat, José Grégores, Jose Antonio Garrido e José Venancio Martínez.
A Empresa convocará á comisión paritaria de seguemento do convenio para o 25 de marzo ás 10 horas. O acta da comisión de igualdade entregarano mañá e será convocada para o 27 de xuño e o 12 de decembro.
A Empresa le en contestación a unha pregunta do Comité da reunión ordinaria anterior un correo da Empresa CIL na que di que cumpren coa lei.
En canto ao cobro dos ETT´s, denunciado polo Comité na reunión anterior, di que houbo un erro no sistema e que cobraron unha semana máis tarde e que foi falado cos traballadores afectados.
A Empresa anuncia que se sortearán 23 equipos informáticos entre os que estean interesados.
 A Empresa le e entrega un documento, o cal será anexado ao acta, para modificar o acordo da prima de non absentismo para cobrala de 13 a 12, ao igual que o resto de conceptos.
Sobre este último punto discútese e non se chega a ningún acordo, primordialmente porque o Comité considera que é máis complicado de controlar polos operarios.
O Comité transmite o malestar da plantilla do sistema 1 pola dureza dos tecidos e por vir máis curtas do normal que, pronostican, vai levar a que os traballadores se lesionen, xa que as medidas adoitadas pola Empresa non están xurdindo efecto.
A Empresa contesta que volverá a estudar o asunto, xa que pensaba estaba solucionado coas medidas adoitadas ( calentador e retoque de fundas afectadas).
O Comité solicita que se revisen os tempos da liña 1 de dianteiros xa que non se está de acordo cos mesmos, xa que coas actuais combinacións de asentos non dá tempo, en moitos casos, a facer os asentos dentro dos espazos prestabelecidos.
A Empresa contesta que o explicará na liña, xa que entende que os asentos que levan máis tempo son compensados amplamente polos que teñen menos.
O Comité denuncia que a formación está sendo caótica sobre todo para o formador, que ten que ensinar e non pode perder un só asento, o que provoca que este operario non poida formar adecuadamente e ademáis teña que ir apresuradamente para facer a súa produción.
A Empresa contesta que o vai ver neste mesmo serán.
A Empresa volve ao tema da prima de non absentismo argumentando que é máis doado controlar polo operario cunha soa marcaxe que en dúas, xa que o control de marcaxes comprende o mesmo periodo de 13 a 12.
O Comité reitérase en que non está de acordo con modificar este concepto porque a seguridade social aplicao do 1 ao 31 de cada mes.
O Comité comunica que segundo a solicitude da Inspección as reunións da Comisión de Igualdade teñen que ser en abril e outubro.
A Empresa di que non hai problema en estabelecer estas reunións nesas datas.
O Comité denuncia que se está a facer moita contratación de ETT´s por absentismo cando non é caso, é dicir, non coincide co absentismo dado pola Empresa.
A Empresa di que moitos deles están cubrindo os descansos da quenda da noite e que está de acordo en que non é absentismo, polo que revisará estes contratos.
A CIG solicita un control de marcaxes dos traballadores da quenda B que están a traballar agora na proba da liña 2 para ver a que hora entraron os mesmos, xa que segundo a lei e o requerimento da Inspección entre xornadas ten que haber 12 horas de descanso.
O Comité denuncia que hai traballadores de empresas externas facendo traballos propios de operarios desta factoría. Tamén volve solicitar o listado de horas extras realizado por cada traballador.

 


Parque tecnolóxico Beade-Valadares Rúa 3 Parcela 2, Vigo