Loading...

xulio2013


REUNIÓN COMITÉ EMPRESA XULLO

 
A Empresa comeza a reunión dando os dados de absentismo, horas extraordinarias e volumes de produción do mes de xuño de 2013 que son anexados ao acta.
 
LIÑA 1
Traballarase o sábado 31 de agosto pola mañá a 8 horas.
Fabricaranse 1252 vehiculos/dia, dos cales son 676 B9 e 576 M3/M4.
O horario de peche da quenda de noite de PSA en agosto será as 5h e 4´.
Para o mes de setembro a nivel de calendario vaise traballar todos os sabados e domingos. Os sábados 7, 14, 21 e 28 de mañá, todos de 8 horas,  e os domingos 8, 15, 22 e 29 co mesmo horario de peche que o resto da semana, é dicir, ás 5h e 2´; e os sábados de noite 7 e 14, tamén de 8 horas.
Os volumes de produción serán de 1262 vehículos/diarios, dos cales 680 B9 e 582M3/M4.
 
 
 
LIÑA 2
O volume de produción para agosto vai ser de 456 vehículos/día, todos eles B78. En setembro a semana 36 faranse 568 v/d; a semana 37 faranse 468; a semana 38 faranse 576 v/d; e, finalmente, a semana 39 faranse 468 v/d. A semana 37 e 39 PSA traballará na quenda de tarde só 5 horas e aquí traballaranse a 8 horas coas modificacións feitas con anterioridade na mesma situación.
 
A Empresa anuncia que hai unha previsión de parada para o 11 e 31 de outubro para as dúas liñas. No caso da liña 1 darase formación e a liña 2 irá ao ERE.
A Empresa informa tamén que para a semana que vén convocarán ao Comité para presentar uns trocos que se van realizar na planta no mes de agosto. Tamén comentan sobre o tratado na reunión anterior que: xa hai crema; hai botellóns de auga nas liñas durante a época estival; e que están en punto morto  nas negociacións con COPO.  Anuncian tamén que renovaron o contrato con AUTOBAR durante 4 anos e que subirán os prezos 2 céntimos a partires do 22 de xullo, e en xaneiro do vindeiro ano 1 céntimo máis e, despois, a partires do seguinte ano incrementarase o IPC.  Tamén anuncian que o servizo de prevención pasará de ser un servizo propio a ser un servizo alleo dende o 1 de xullo e a nivel de Faurecia España.
 O Comité manifesta que quere opinar sobre a decisión de renovar ás empresas de vending que surten ás máquinas da planta e solicítalle á Empresa unha copia do contrato. O Comité tamén pregunta polo novo persoal de mantemento, especificando por quen está contratado.
A Empresa resposta que son dúas persoas contratadas por Ramstad para cubrir descansos e vacacións e traballar os sábados.
 O Comité pregunta polo acontecido noutras empresas do sector na que o persoal se formaba na liña por Ramstad, sen cobrar e sen contrato, se non estará a pasar o mesmo isto aquí.
A Empresa di estar todo legal nesta planta.
O Comité solicita que a Empresa lle conteste por escrito ao comunicado enviado polo mesmo sobre uns problemas nas liñas.
A Empresa contesta que o está analizando e dará cumprida resposta.
O Comité quere que se lle facilite o listado de horas extraordinarias do persoal que traballa os sábados noite e domingos noite en contrato de 8 horas, tanto de MOD coma MOI, mensualmente. O Comité advirte que non quere ter ningún problema no caso de querer entrar un sábado á noite.
O Comité lémbralle á Empresa que na anterior reunión falouse de que había uns desaxustes na liña 2, o cal segue igual, e solicitan saber se está solucionado este problema.
Ao cal a Empresa resposta que xa estiveron traballando onte para subsanar esta problemática e que esperan subsánalo hoxe.
O Comité manifesta que non está de acordo cos tempos e trocos realizados no tren de apro M3M4, xa que aos operarios non lles dá tempo a realizar o traballo e piden que o responsábel de dito troco reuna á comisión de tempos, xa que en ningunha das probas realizadas se cumpriron os tempos estimados pola empresa.
O Comité solicita que se lle dea por escrito as funcións atribuídas aos Team leaders.
A Empresa resposta que entregarán este escrito pero acraran que os team leader non teñen mando nin xerarquía e están ao mesmo nivel que un operario calquera.
 

REUNIÓN EXTRAORDINARIA COMITÉ EMPRESA
 
En Vigo, a 22 de xullode 2013
 
A Drección de Faurecia ADG comunica ao Comité o acordó chegado coa dirección de Copo Ibérica, o cal é o seguinte:
“Dentro de los acuerdos generales y comerciales entre ambas compañías se ha llegado al acuerdo mediante el cual Asientos de Galicia contratará a 15 trabajadores de Copo Ibérica. Dicha contratación estará sujeta a;
1.- Cumplimiento del 100% de las condiciones recogidas en el convenio colectivo de Asientos de Galicia.
2.- El tipo de contrato será de carácter indefinido.
3.- La fecha de contratación en Asientos de Galicia será el 1 de Septiembre, previo a la baja en Copo Ibérica el 31 de Agosto.
4.- Antigüedad a efectos indemnizatorios desde su entrada en Copo Ibérica.
5.- Para el resto de los conceptos la fecha de antigüedad será la de fecha de incorporación a Asientos de Galicia.
Cronograma de la contratación por ADG:
Semana 30 a 31 Entrevistas de trabajo con Departamento de RRHH de Asientos de Galicia y Reconocimiento médico por empresa externa.
Semana 35: Comunicación de los seleccionados.
Comunicación de este mensaje a los Comités de las dos plantas simultáneamente:
Luns 22 a las 9:30h.”


REUNIÓN EXTRAORDINARIA COMITÉ-EMPRESA
En Vigo, a 31 de xullo de 2013


A Empresa comeza a reunión indicando as modificacións que o noso cliente, PSA, terá no mes de setembro, comezando polo Sistema 1, deixando de traballar en setembro os sábados de mañá e de noite, ainda que se manterán os domingos de noite. E anuncian tamén que PSA non traballará do 28 ao 31 de outubro. No sistema 2 hai unha previsión de traballar os sábados 5 e 19 de outubro e o 9 e 16 de novembro, así como de parar, como o Sistema 1, do 28 ao 31 de outubro.
O Comité pregunta que vai suceder nesa semana que se vai parar.
A Empresa resposta que haberá ERE, a non ser aqueles que queiran utilizar horas acumuladas ou que ainda lle queden vacacións, así como os operarios da liña 1 terán 2 días de formación, incluídos aqueles que non fixeron a formación antes.
A seguir a Empresa explica as modificacións que van realizar na planta, as cales básicamente consisten en aumentar a zona de recepción; reubicar o material de dentro da nave; recolocar o material da carpa dentro da nave; e, finalmente, retirar a carpa.
O Comité volve a denunciar a situación do tren de plásticos do B-9, na que despois de varios meses seguen sen dar os tempos e co agravante de que se está a presionar ao persoal.
A Empresa non comparte a opinión do Comité de que se está a presionar o persoal e comprométese a ver este tema á volta das vacacións.
O Comité solicita que conste en acta que a Empresa manifesta que se pode traballar nun posto con avaliación ergonómica en vermello, segundo o método que se ten en loxística.




Parque tecnolóxico Beade-Valadares Rúa 3 Parcela 2, Vigo