Loading...

febreiro2015


REUNIÓN DE ORDINARIA COMITÉ-EMPRESA


En Vigo, a 17 de febreiro de 2015
 
A Empresa dá os dados de absentismo e horas extraordinarias do mes de xaneiro de 2015 que é anexada ao acta.
Sistema 1
No mes de marzo non se vai traballar ningún sábado. A hora de peche da quenda de noite de PSA vai ser ás 3:50h.
Os volumes de produción van ser de 858 B9 e 344 M3M4.
Sistema 2
No mes de marzo:
Nas semanas 10 e 12 vanse facer 568 vehículos/día.
Nas semanas 11 e 13 vanse facer 426 vehículos/día, traballando a quenda B 4 horas.
 
A Empresa comeza a reunión dicindo que facilitarán a póliza do seguro e que a semana 10 convocarán á comisión da noite. Ademáis, que este xoves virán á quenda de noite a subsanar posibles problemas con nóminas. Así mesmo falan do modelo de contratación de Etts que serán por: absentismo, descansos e vacacións, banquetas B9, reforzos e formación.
O Comité di que os descansos non se consideran absentismo, así  como as horas sindicais.
A Empresa resposta que a filosofía do Convenio é contratar por Empresa para os postos fixos.
O Comité di que se hai que falar dos conceptos polos que se contrata aos Etts pódese falar, pero antes hai que regularizar todo o relativo aos Ett porque parece ser que Ramstad paga por cuartos de hora e os que traballan na noite ata e vinte e dez, etc non cobran esa diferenza; así como que cobran o mesmo salario-hora os traballadores que fan 8 horas que os que fan 4 horas a tempo parcial na noite; non entregan as nóminas en papel e as marcaxes nin se entregan.
A Empresa di que se hai algunha irregularidade correxirase.
O Comité solicita unha relación de todas as Empresas externas que traballan en ADG, número de traballadores e os TC-2 dos mesmos. Así mesmo, o Comité pregunta porque os traballadores cando teñen que facer probas para mútua se lle están citando sistemáticamente fóra do seu horario de traballo, cando non debe ser así. Por isto reclaman que as citas para ditas probas sexan en horario de traballo e se por algún motivo non poden ser dentro deste horario débenselle compensar en horas no mesmo día ou no seguinte. Seguindo coa Mútua, o Comité solicita darlle unha solución ao problema xurdido coa nova lexislación para que os traballadores que están de baixa non teñan que ir á Mutua a levar a nómina.
O Comité pregunta que significa afinidade para a Empresa en canto ás licenzas recollidas no artigo 17.
A Empresa resposta que a afinidade consideran que é a familia da cónxuxe ou parella de feito.
O Comité denuncia falta de mantemento nas liñas de dianteiros de B9, tanto nos medios como nos dinámicos, etc.
A Empresa di que na pasada semana tomáronse os dados recollidos nos grupos de traballo e agora están a realizar os plans de acción.
O Comité denuncia que hai unha falta de mantemento en toda a planta, que non se está invertindo diñeiro algún no mesma.
O Comité manifesta a súa disconformidade co flash sacado o 16 de febreiro sobre como recoller as lubas para traballar nas diferentes máquinas expendedoras, cando nunca antes houbera problemas con este tema.
A Empresa resposta que como tiña un requerimento da inspección conforme tiñan que coller as lubas dentro do horario de traballo pois regularon esta cuestión.
O Comité pide unha solución ao túnel de acceso á liña 1 que ten unha diferenza de temperatura en inverno moi grande, e, lembra, que a Inspección de traballo fixo un requerimento sobre o tema.
A Empresa contesta que se está a tratar no Comité de seguridade e hixiene.
O Comité solicita o planning de funcionamento de setas, así como o orzamento do invertido en prevención no ano 2014.

Parque tecnolóxico Beade-Valadares Rúa 3 Parcela 2, Vigo