WWW.ASIENTOS GALICIA CGT.TK

xaneiro2015

 
REUNIÓN ORDINARIA COMITÉ-EMPRESA


En Vigo, a 20 de xaneiro de 2015
 
 
A Empresa dá os dados de absentismo e horas extraordinarias do mes de decembro de 2014 que é anexada ao acta.
Sistema 1
No mes de febreiro vaise traballar o sábado 7 e domingo 8. A hora de peche da quenda de noite de PSA vai ser ás 5:07h.
Os volumes de produción van ser de 984 B9 e 288 M3M4.
Sistema 2
No mes de febreiro:
Na semana 6 vanse facer 568 vehículos/día.
Na semana 7 vanse facer 552 vehículos/día e a quenda da tarde en PSA traballará 7 horas 34´.
Na semana 8 vanse facer 568 vehículos/día.
Na semana 9 vanse facer 552 vehículos/día e a quenda da tarde en PSA traballará 7 horas 34´.
A velocidade do sistema 2 troca en PSA de 35 a 35,5 vehículos/hora.
 
A seguir a Empresa informa da convocatoria da Comisión Paritaria de Convenio para o día 30 ás 12h; da Comisión Paritaria da quenda da noite para o día 29 ás 12h e a Comisión Paritaria de Igualdade para o día 5 febreiro ás 12h. Tamén informan que a seguir darásenos un calendario con todas as reunións ordinarias para o resto do ano. Así mesmo informan da marcha de Antonio González para a planta de Valladolid e da incorporación de Érika Sánchez.
O Comité solicita un calendario para a Comisión da Quenda da Noite.
A Empresa a seguir informa sobre o programa de adxudicación do K9 para as auxiliares. PSA di que vai adxudicar os asentos ao provedor que considere antes de agosto de 2015. Despois de que PSA adxudique a Faurecia comezará a adxudicación interna na que participarán esta planta e a de Nelas que ocuparía o resto do 2015 e 2016. Con isto a Dirección manifesta a gran importancia que ten o K9 para o futuro de ADG, posto que este é o substituto do B9.
O Comité pregunta polo incremento salarial para este 2015.
A Empresa di que o incremento é de 0,7% sobre o IPC (-1%), é dicir, un incremento de -0,3%.
O Comité di que de ningún xeito se acepta isto, para esta parte o incremento é dun 0,7% e que durante a negociación do Convenio a Empresa falaba do IPC como un custe e non coma un beneficio.
O Comité denuncia que no artigo 25 do Convenio colectivo de ADG na parte escrita en Galego aparece o artigo sen modificar, estando ben na parte de Castelán. Por isto, solicítase que se publique a modificación no taboleiro de anuncios.
O Comité pregunta polos 80 contratos de ETT do día 7 de xaneiro, dos cales 22 son por absentismo e por unha serie de motivos que están fóra do Convenio.
A Empresa contesta que ese día precisaban xente e que estaban formando un gran número de persoas, en concreto, os que veñen do programa do Concello de Redondela, porque sobre os 12 días deste programa ADG dálle 4 días máis de formación con contrato por ETT, a parte dos reforzos e ausencias. A isto engaden que revisarán as motivacións nos contratos.
O Comité pregunta porque hai unha persoa dunha empresa externa traballando no posto novo de pegado da carcasa de palonier.
A Empresa contesta que tivo que poñer un reforzo porque está tendo unha serie de problemas e ata que o posto non estea ben pulido non se meterá a persoal da Empresa.
O Comité entende que o proceso debía madurar con xente contratada por ADG.
A Empresa estabelecerá un plan para este posto.
O Comité denuncia que o traballador de ETT está marchando cun ano supostamente traballado pero que, en realidade, non é un ano de traballo efectivo, por mor dos días traballados a 4 horas, polo que ao rematar en ADG non teñen dereito a ningún tipo de prestación.
A Empresa di que a Empresa cotiza polas horas efectivamente traballadas.
O Comité denuncia que no posto de coxíns de B9 da quenda da noite hai unha persoa cunha limitación que só lle permite rotar por catro postos da liña, o cal impide a rotación normal do resto de operarios, polo que vai provocar que o resto do persoal aumente o risco de lesións.
A Empresa comprométese a buscar unha solución a este tema.
O Comité denuncia a situación da limpeza nos baños e na planta os sábados á mañá e o domingo á noite, así como a carencia de bocadillos nestes mesmos días.
O Comité solicita que antes de introducir un concepto en nómina se informe previamente aos traballadores.
A Empresa contesta que, efectivamente, nesta última nómina introduciuse o concepto de Retribución en especie de seguro de vida que non suma nin resta, sinxelamente, este pago realízao a Empresa no lugar do traballador e, únicamente, aparecerá no mes de decembro.
O Comité denuncia que as lubas están dando problemas e hai que utilizar varias durante unha mesma xornada.
UGT, CCOO e CGT INFORMAN

Vigo, a 17 de novembro de 2016

As seccións sindicais de UGT, CCOO e CGT queremos informar do acontecido na décimo-sétima reunión de Convenio celebrada onte, 16 de novembro, o cal facemos mediante esta octavilla onde retomamos os puntos da plataforma do Convenio que a seguir describimos:

Artigo 14.- Horarios de Traballo: Neste punto mantémonos no seu redactado para o horario de verán de oficiñas: “O periodo de realización de dito horario será do 15 de xuño ata o 30 de setembro”.

Artigo 15.- Horas extraordinarias: No que se pretende que a Empresa resposte con 48 horas por escrito á solicitude dos traballadores de disfrute das horas de descanso xeradas en horas extras.

Artigo 17.- Permisos retribuídos: A Empresa acepta este punto, ademáis dos xa aceptados anteriormente:

i) O tempo necesario para asistencia a consulta médica especialistas da Seguridade Social cando, coincidindo o horario de traballo co de consulta, se prescriba a visita médica polo médico/a de familia, debendo presentar o traballador/a o volante xustificativo da referida prescrición médica. Nos demais casos ata o límite de 22 horas por ano. Tamén polo tempo para acompañar a fillos/as menores ou familiares de primeiro grao que teñan recoñecida a condición de persoas dependentes pola Xunta de Galicia e cónxuxe embarazada para a realización das diferentes probas relacionadas co devandito estado, incluíndo estas horas na mesma bolsa de 22 horas.

Todos estes casos abranguirán, tamén, á SANIDADE PRIVADA.

Artigo 19.- Contratación temporal e a tempo parcial e Artigo 21.- Empresas de traballo temporal: Sobre este contrato, en principio, non hai acordo porque a Empresa quere que os traballadores a tempo parcial con distribución irregular da xornada de 1100 horas para a quenda do día veñan de luns a sábado, se é preciso, pero polo tipo de contrato pagaría ese hipotético sábado a prezo de hora ordinaria ou complementaria. Esta parte social entende que para poder chegar a un acordo, entre outras cousas, ademáis de limitar a contratación de Etts, tería que pagar un plus que compensase a diferenza entre o prezo de hora extraordinaria e o de hora ordinaria.

Artigo 32.- Maternidade: Este punto aínda está pendente de redacción.

Ademáis, na reunión a Empresa denegou a posibilidade de sentarse na mesa ao delegado da CUT como asesor externo por consideralo “asesor interno”, esta parte social lamenta esta decisión porque aporta o mesmo dentro que fóra.

Logo, o CSI-F conforme como son “novos actores” expoñen que: “se non se lles deixa coñecer toda a documentación e formular propostas nun tempo prudencial para podelas negociar, atoparémonos cunha xudicialización da negociación, que xa se produciu, e que retrasaría con elo a finalización da mesma con o sen acordo.” E a seguir presentaron a súa plataforma.

E, finalmente, a CIG manifesta que non vai ser asinante do Convenio, como anteriormente manifestou a CUT, pero que queren chegar a acordos en materia de saúde laboral e no resto de puntos da plataforma do Convenio.

UGT, CCOO e CGT entenden que o acordo de viabilidade xa está negociado e ratificado pola plantilla e, polo tanto, que é preciso negociar e ratificar en asemblea o articulado restante para rematar o Convenio.