WWW.ASIENTOS GALICIA CGT.TK

xulio2015

REUNIÓN DE ORDINARIA COMITÉ-EMPRESA
En Vigo, a 23 de xullo de 2015
 
A Empresa dá os datos de absentismo e horas extraordinarias do mes de xuño de 2015, os cales son anexados ao acta.
Sistema 1
No mes de agosto comézase a traballar o martes 18 e, tanto en agosto coma en setembro, non se vai traballar ningún sábado nin domingo. A hora de peche da quenda de noite de PSA en agosto vai ser ás 3:24h e en setembro vai ser ás 2:58h.
Os volumes de produción en agosto van ser de 929 B9 e 260 M3/M4 e en setembro 933 B9 e 241 M3/M4.
Sistema 2
No mes de agosto comézase a traballar o martes 18 de agosto e vaise traballar o sábado día 29 e non hai ningún día de adecuación de xornada.
A semana 34 vanse facer 568 vehículos/día.
A semana 35 vanse facer 592 vehículos/día, de luns a xoves e o venres 568 vehículos/día.
En setembro non hai días de adecuación de xornada nin sábados:
As semanas 36, 38 e 40 vanse fabricar 568 vehículos/día.
As semanas 37e 39 vanse fabricar 497 vehículos/día. Nestas semanas as quendas da tarde en PSA traballan 6 horas pero isto non ten incidencia en ADG, que traballará con normalidade en ambas quendas.
 
-          MUTUA
O Comité pide explicacións sobre porque non se produciu o troco de Mutua FREMAP.
A Empresa contesta que polo documento de asociación que manexaban o contrato remataba o día o 1 de xullo pero cando solicitaron o troco formalmente a ASEPEYO, a tesourería informou que non se podía trocar ata o día 31 de maio de 2016. Segundo puideron saber a posteriori, a explicación é que como o día 1 de xuño de 2012 se trocou de razón social, de S.L. a S.A., a tesourería entende que a data concreta de finalización de contrato é o 31 de maio de 2016.
-          MÉDICO
Coméntase tema médico.
-          POSTO REPOSE MOLLET
O Comité despois de numerosos escritos pretende que se dean solucións a este posto, xa que unha soa persoa move numerosas veces cada armadura, que ademáis se multiplica pola produción que hai que realizar en oito horas, polo que solicitan, unha vez máis, que se rote por dito posto para mellorar a ergonomía e darlle a todos os traballadores igualdade de formación por todos os postos dentro da GAP.
A Dirección dará traslado ao responsábel de loxística esta problemática.
-          VARIOS
O Delegado sindical da CIG pregunta como está a situación do Lider Gap de traseiros da quenda B, xa tratado na reunión do día 16 de xuño.
A Empresa contesta que segue pendente de tratar e que en setembro darán contestación.
A sección sindical da CIG pregunta por un escrito realizado pola mesma sobre a igualdade de oportunidades para realizar horas extraordinarias, xa que a Empresa está arbitrariamente prohibindo a algúns traballadores vir velar. Ademáis esta sección denuncia que Recursos Humanos non contestou a dito escrito.
A Empresa contesta que o escrito era informativo por parte da CIG. Aínda así, por parte de Recursos Humanos sempre se atende cando algunha persoa ou sección sindical queira falar ou informarse dalgo. En canto ao fondo do asunto, o responsábel de Recursos Humanos di que se algún traballador non vén traballar o sábado é porque tivo algún problema físico durante a semana que non fai aconsellábel traballar un sexto día.
O Comité replica que se están ben para traballar están ben para velar.
O Comité pregunta porque a algúns traballadores de ETT estáselles a practicar retencións que van por riba do 25%, cando a lei di que hai regularizar estas retencións mensualmente.
A Empresa contesta que en todo momento cúmprese coa legalidade vixente pero, non obstante, revisará ditos casos.
O Comité pregunta porque se lle están negando aos traballadores os adiantos de nómina cando o teñen xerado e, ademáis, é lei.
A Empresa di que non pode estar todos os meses dando adiantos ao mesmo traballador e concretamente este mes, tendo próxima a paga extra.
O Comité traslada queixas por parte dos traballadores pola calidade do café, así como que hai productos sen a etiqueta do prezo, e solicitan saber cada canto tempo se limpan as máquinas. Así mesmo solicítase que poñan unha máquina máis na zona de descanso da UAP 1, xa que coas máquinas actuais non dá tempo a tomar o café a todo o mundo nas paradas pequenas.
O Comité denuncia que non se seguen os plans de revisado do funcionamento das setas de parada das liñas.
A Empresa contesta que si se seguen ditos plans.
O Comité denuncia que na UAP-2 os traballadores seguen metendo a man no buffer de armaduras coxín.
A Empresa di que ocorre isto porque se meten mal os cables.
O Comité solicita máis sitio para aparcar as motos no verán.
 A Empresa entrega o derradeiro contrato coa Mutua FREMAP e o rexistro de troco de razón social de S.L. a S.A.
UGT, CCOO e CGT INFORMAN

Vigo, a 17 de novembro de 2016

As seccións sindicais de UGT, CCOO e CGT queremos informar do acontecido na décimo-sétima reunión de Convenio celebrada onte, 16 de novembro, o cal facemos mediante esta octavilla onde retomamos os puntos da plataforma do Convenio que a seguir describimos:

Artigo 14.- Horarios de Traballo: Neste punto mantémonos no seu redactado para o horario de verán de oficiñas: “O periodo de realización de dito horario será do 15 de xuño ata o 30 de setembro”.

Artigo 15.- Horas extraordinarias: No que se pretende que a Empresa resposte con 48 horas por escrito á solicitude dos traballadores de disfrute das horas de descanso xeradas en horas extras.

Artigo 17.- Permisos retribuídos: A Empresa acepta este punto, ademáis dos xa aceptados anteriormente:

i) O tempo necesario para asistencia a consulta médica especialistas da Seguridade Social cando, coincidindo o horario de traballo co de consulta, se prescriba a visita médica polo médico/a de familia, debendo presentar o traballador/a o volante xustificativo da referida prescrición médica. Nos demais casos ata o límite de 22 horas por ano. Tamén polo tempo para acompañar a fillos/as menores ou familiares de primeiro grao que teñan recoñecida a condición de persoas dependentes pola Xunta de Galicia e cónxuxe embarazada para a realización das diferentes probas relacionadas co devandito estado, incluíndo estas horas na mesma bolsa de 22 horas.

Todos estes casos abranguirán, tamén, á SANIDADE PRIVADA.

Artigo 19.- Contratación temporal e a tempo parcial e Artigo 21.- Empresas de traballo temporal: Sobre este contrato, en principio, non hai acordo porque a Empresa quere que os traballadores a tempo parcial con distribución irregular da xornada de 1100 horas para a quenda do día veñan de luns a sábado, se é preciso, pero polo tipo de contrato pagaría ese hipotético sábado a prezo de hora ordinaria ou complementaria. Esta parte social entende que para poder chegar a un acordo, entre outras cousas, ademáis de limitar a contratación de Etts, tería que pagar un plus que compensase a diferenza entre o prezo de hora extraordinaria e o de hora ordinaria.

Artigo 32.- Maternidade: Este punto aínda está pendente de redacción.

Ademáis, na reunión a Empresa denegou a posibilidade de sentarse na mesa ao delegado da CUT como asesor externo por consideralo “asesor interno”, esta parte social lamenta esta decisión porque aporta o mesmo dentro que fóra.

Logo, o CSI-F conforme como son “novos actores” expoñen que: “se non se lles deixa coñecer toda a documentación e formular propostas nun tempo prudencial para podelas negociar, atoparémonos cunha xudicialización da negociación, que xa se produciu, e que retrasaría con elo a finalización da mesma con o sen acordo.” E a seguir presentaron a súa plataforma.

E, finalmente, a CIG manifesta que non vai ser asinante do Convenio, como anteriormente manifestou a CUT, pero que queren chegar a acordos en materia de saúde laboral e no resto de puntos da plataforma do Convenio.

UGT, CCOO e CGT entenden que o acordo de viabilidade xa está negociado e ratificado pola plantilla e, polo tanto, que é preciso negociar e ratificar en asemblea o articulado restante para rematar o Convenio.