WWW.ASIENTOS GALICIA CGT.TK

xunio2013

 REUNIÓN ORDINARIA COMITÉ-EMPRESA

En Vigo, a 19 de xuño de 2013

 

A Empresa comeza a reunión dando os dados de absentismo, horas extraordinarias e volumes de produción do mes de maio de 2013 que son anexados ao acta.

SISTEMA 1

En xullo vanse facer 1278 v/dia, dos cales 695 son B9 e 583M3M4. No mesmo mes vanse traballar os sábados á mañá  6, 13, 20 e 27 de 9 horas; os domingos 7, 14, 21 e 28 de 8 horas e, finalmente, os sábados noite, tamén de 8 horas, os días 6, 13 e 20.

O horario de peche de PSA será ás 5:19h.

SISTEMA 2

O volume de xullo para este sistema vai ser de 456 v/dia, dos cales 76 son de B58 e 380 de B78.

Vaise traballar os sábados 6, 13 e 20 a 8 horas.

 

A seguir a Empresa fai unha presentación sobre unhas enquisas cubertas polos traballadores sobre condicións laborais, seguridade, etc.

A CIG solicita que fique reflectido en acta que a Empresa di que non vai a entregar as convocatorias enviadas por fax pola CIG á súa sección sindical en ADG.

A Empresa considera que é un tema de sindicato e non de Comité.

O Comité denuncia que se están a facer probas productivas na planta e non se está a informar da data e hora das mesmas, como consta nun requerimento da Inspección e noutro do AGA.

O Comité denuncia tamén que se trocan as gamas e aumentan a productividade das liñas ou postos sen informar ao Comité.

A Empresa manifesta a súa intención de analizalo e concretalo.

O delegado de prevención, Miguel Buján solicita que conste en acta que non se lle deixou entrar a unha formación de ergonomía.

A Empresa contesta que non procedía que este fose a esa reunión posto que non estaba convocado e  estaba dirixida a team leaderes e supervisores.

O Comité denuncia tamén a inexistencia de responsábel de HSE na planta que valide as probas que se están a facer na actualidade.

A Empresa contesta que na actualidade están a traballar para substituír ao coordinador de HSE que abandonou a Empresa recentemente, e que existe actualmente unha figura externa que está a traballar como apoio.

A isto o Comité pregunta quen é o responsábel mentras non se elixe o novo coordinador de HSE.

A Empresa contesta que a responsábel é a Dirección.

O Comité solicita que se axuste a velocidade da liña 2 á velocidade que marca na pantalla porque hai unhas diferenzas de 2 a 3 segundos por asento e, tamén, que se marque onde comezan e rematan os postos da mesma liña.

A Empresa vaino estudar.

O Comité denuncia que levamos 1 mes sen crema hidratante o que está a producir problemas nas mans dos operarios. Así mesmo denuncia o mal mantemento das fontes de auga. Solicitan tamén un listado de postos de loxística xa que están aparecendo postos novos, outros desaparecen e non se sabe que postos hai, e tamén solicitan un listado dos horarios de carga e  descarga de camións.

A Empresa contesta que intentará subsanar o problema da crema ao remate da reunión, e que tentará trocar as fontes por botellóns e de non ser posíbel ocuparase ela do mantemento.

O Comité pregunta pola incorporación de traballadores de COPO.

A Empresa di que están tentando que estes non se incorporen antes de setembro pero que ainda non poden comentar nada máis, pois están en negociacións.

O Comité denuncia o que está a acontecer cos ETT´s, o que consideran que cada vez é peor, xa que non se cumpren os horarios apalabrados, así como que non cobran todos os conceptos de noite, non cobran as horas polas que están contratadas senón polas traballadas, etc.

A Empresa contesta que está a seguir a lexislación en todo momento en canto a contratación de ETT´s.

O Comité pregunta se se ten médico.

A Empresa resposta que si, que hai un que  vén 2 días e outro 3 días.

O Comité manifesta o seu malestar polo aumento de productividade na liña 1.

O Comité solicita que se revise a limpeza dos baños os domingos á noite, xa que non cumpren as condicións hixiénicas necesarias.

UGT, CCOO e CGT INFORMAN

Vigo, a 17 de novembro de 2016

As seccións sindicais de UGT, CCOO e CGT queremos informar do acontecido na décimo-sétima reunión de Convenio celebrada onte, 16 de novembro, o cal facemos mediante esta octavilla onde retomamos os puntos da plataforma do Convenio que a seguir describimos:

Artigo 14.- Horarios de Traballo: Neste punto mantémonos no seu redactado para o horario de verán de oficiñas: “O periodo de realización de dito horario será do 15 de xuño ata o 30 de setembro”.

Artigo 15.- Horas extraordinarias: No que se pretende que a Empresa resposte con 48 horas por escrito á solicitude dos traballadores de disfrute das horas de descanso xeradas en horas extras.

Artigo 17.- Permisos retribuídos: A Empresa acepta este punto, ademáis dos xa aceptados anteriormente:

i) O tempo necesario para asistencia a consulta médica especialistas da Seguridade Social cando, coincidindo o horario de traballo co de consulta, se prescriba a visita médica polo médico/a de familia, debendo presentar o traballador/a o volante xustificativo da referida prescrición médica. Nos demais casos ata o límite de 22 horas por ano. Tamén polo tempo para acompañar a fillos/as menores ou familiares de primeiro grao que teñan recoñecida a condición de persoas dependentes pola Xunta de Galicia e cónxuxe embarazada para a realización das diferentes probas relacionadas co devandito estado, incluíndo estas horas na mesma bolsa de 22 horas.

Todos estes casos abranguirán, tamén, á SANIDADE PRIVADA.

Artigo 19.- Contratación temporal e a tempo parcial e Artigo 21.- Empresas de traballo temporal: Sobre este contrato, en principio, non hai acordo porque a Empresa quere que os traballadores a tempo parcial con distribución irregular da xornada de 1100 horas para a quenda do día veñan de luns a sábado, se é preciso, pero polo tipo de contrato pagaría ese hipotético sábado a prezo de hora ordinaria ou complementaria. Esta parte social entende que para poder chegar a un acordo, entre outras cousas, ademáis de limitar a contratación de Etts, tería que pagar un plus que compensase a diferenza entre o prezo de hora extraordinaria e o de hora ordinaria.

Artigo 32.- Maternidade: Este punto aínda está pendente de redacción.

Ademáis, na reunión a Empresa denegou a posibilidade de sentarse na mesa ao delegado da CUT como asesor externo por consideralo “asesor interno”, esta parte social lamenta esta decisión porque aporta o mesmo dentro que fóra.

Logo, o CSI-F conforme como son “novos actores” expoñen que: “se non se lles deixa coñecer toda a documentación e formular propostas nun tempo prudencial para podelas negociar, atoparémonos cunha xudicialización da negociación, que xa se produciu, e que retrasaría con elo a finalización da mesma con o sen acordo.” E a seguir presentaron a súa plataforma.

E, finalmente, a CIG manifesta que non vai ser asinante do Convenio, como anteriormente manifestou a CUT, pero que queren chegar a acordos en materia de saúde laboral e no resto de puntos da plataforma do Convenio.

UGT, CCOO e CGT entenden que o acordo de viabilidade xa está negociado e ratificado pola plantilla e, polo tanto, que é preciso negociar e ratificar en asemblea o articulado restante para rematar o Convenio.