Loading...

novembro2013


REUNIÓN EXTRAORDINARIA COMITÉ-EMPRESA

En Vigo, a 26  de novembro de 2013

 

ORDE DO DIA:

-          ABSENTISMO, HORAS EXTRAORDINARIAS E VOLUMES DE PRODUCIÓN

-          PRODUCTIVIDADE

-          APLICACIÓN DO ERE

-          VARIOS

Absentismo, Horas extraordinarias e volumes de produción

A Empresa dá os dados de absentismo e horas extraordinarias do mes de outubro que é anexada ao acta.

SISTEMA 1

No mes de decembro vanse fabricar 1182 v/dia; 220 M3M4 E 962 B9. A noite pechará en PSA ás 3:33h.

Traballarase o sábado 30 de novembro e os domingos 1 e 15 de decembro a 7 horas. E os días 18 e 19 de decembro, previstos inicialmente como adecuación en PSA, traballaranse, ficando o 20 de decembro como dia de adecuación para o noso cliente, de ERE para os traballadores de FAURECIA ADG.

SISTEMA 2

Na  semana 49 e 51 faranse 602 vehículos/día, traballando PSA 7 horas 45´ pola tarde.

Na semana 48 e 50 faranse 640 vehículos/día.

O día 20 de decembro é adecuación de xornada para PSA.

A seguir a Empresa explica o ocorrido na pasada nómina de outubro e comprométese a enviar unha acraración á plantilla mediante un flash informativo. Tamén indican que regularizaron as horas correspondentes aos días 11 e 12 de marzo da bolsa de horas da noite, devolvendo +6 horas á mesma e regularizandoo salarialmente, e que se informará aos afectados desta quenda sobre este tema no top 5.  Tamén a empresa recoñece que os traballadores a xornada completa da quenda da noite carecen de bolsa de horas polo que os días 11 e 12 de marzo computaron como traballados.

O Comité pregunta se está constituída a Comisión da noite.

A Empresa resposta que non.

Aplicación do ERE

O Comité pregunta canta xente foi ao ERE o pasado mes de outubro e neste mes de novembro na quenda da noite.

A Empresa resposta que unha en outubro e ningunha en novembro.

O Comité pregunta por que foi unha en outubro e ningunha no mes de novembro.

A Empresa resposta que porque segundo as estimacións que teñen non vai facer falta.

O Comité di non entender porque nunhas ocasións se aplica o artigo do Convenio de ADG 13.3.2. e quere saber porque en marzo si, en outubro non, etc…

A Empresa di que traballa sobre previsións.

O Comité pregunta por que a esta persoa se lle mandou en setembro de descanso cando non tiña xeradas as horas para desfrutalas.

A Empresa di que porque o escenario era outro e que ainda que se lle advertiu que marchando de descanso ía quedar moi xusto de horas, este voluntariamente quixo ir de todos os xeitos.

O Comité replica que non lle consta que se lle advertira antes de ir de descanso e que se foi porque a Empresa prevía que ía poder recuperalos. Ademáis engade que houbo mala praxe, xa que de querer trocar o cadrante de descansos a Empresa só tería que acordar co Comité, segundo o Convenio, e poderíase modificar sen ningún problema.

Ao respecto aos descansos da quenda de noite a Empresa di que parou porque en función dos calendarios coñecidos o máis recomendábel era parar e que estes acordáronse falando individualmente con cada traballador.

O Comité indica que este é un exemplo máis de cómo a Empresa vulnera sistemáticamente o Convenio.

A Empresa di que non vulnera o Convenio e que aos traballadores da noite se lles aplica o Convenio, e que a quenda da noite ata o de agora quedou fóra dos EREs por mútuo acordo entre as partes.

O Comité replica que quedou fóra porque esta quenda xa tiña medidas de flexibilidade. A seguir, pregúntase se a Dirección mantense no que dixo diante da Inspección, conforme que ninguén máis da quenda da noite ía ir ao ERE porque se ía baixar a configuración para alongar a xornada de traballo.

A Empresa contesta que está formalizando está configuración para probala a semana que vén e poder aplicala en canto antes. Pero acrara que a JIT WINDOWS só permite unha marxe de tempo moi reducida, entorno a 15 minutos. Ademáis a Dirección acrara que diante da Inspección dixo que farán todo o posíbel para que ninguén da quenda da noite entre no ERE a día 20 de decembro.

 Productividade

O Comité lembra a Empresa que cando se fagan probas ten que darlle participación tamén aos delegados de prevención.

A Empresa comprométese a facelo así.

O Comité reclama que en cada posto os operarios teñan as gamas e tempos das diferentes configuracións.

A Empresa di que en cada liña hai unha carpeta con todas as gamas e que en cada posto hai unha secuencia de operacións como axuda.

O Comité denuncia que o luns trocouse no posto 11 de Inspección do lado de dereitos da liña 2  a gama, e que non dá tempo a realizar esta operación,  xa que a liña párase antes do tempo de ciclo estipulado.

Debido á ausencia do responsabel da UAP 2, a empresa analizarao con él e respostará.

Varios

O Comité pregunta se se planifica cun tempo suficiente que o operario teña unha data concreta para ir ao recoñecemento médico, porque logo se lle retrasa chegado o día.

A Empresa contesta que é a primeira información que ten e que dará contestación a este punto.

O Comité pregunta que se a Empresa ten craro que dunha xornada de traballo a outra teñan que ter 12 horas de descanso.

A Empresa resposta que o ten craro.

O Comité pregunta que vai suceder cos eventuais se a finais de ano deben horas.

A Empresa contesta que aos eventuais recuperarán os días que deixaron de traballar , coa intención de non incluilos no ERE, alongando a xornada como horas extraordinarias e con acordo das mesmas e que se a finais de ano é preciso, pasaránselle as horas que deban para o seguinte.

O Comité pide que se revise o posto de banquetas da zona de loxística, así como o do tren de B9,  xa que coas novas modificacións dos mixes os tempos e a ergonomía variaron bastante.

A Empresa contesta que o van revisar.

O Comité solicita unha reunión da comisión paritarira de seguemento do Convenio para tratar o tema da aplicación do ERE na quenda da noite polo artigo 13.3.3.2.. Ademáis solicitan que pidan permiso aos traballadores cando lle queiran fotografar ou filmar.



Parque tecnolóxico Beade-Valadares Rúa 3 Parcela 2, Vigo