Loading...

setembro2014


 
 
 
 
 
 
 
REUNIÓN ORDINARIA COMITÉ-EMPRESA

En Vigo, a 27 de Agosto de 2014
 
 
ORDE DO DÍA:
1.- Contratación
2.-Atrasos ETT,s
3.-Trocos en loxística e sistema 2. Gamas e tempos.
4.- Artigo 17 de convenio ADG
5.- Varios
 
Comézase a reunión coa presentación por parte da Empresa dos dados de absentismo, horas extraordinarias e volumes de producción de ADG de Xullo, os cales son anexados ao acta.
SISTEMA 1
Para o mes de Setembro, os días luns 8 e venres 19  de Setembro o noso cliente non traballa por ser días de adecuación de xornada.
A noite en PSA na semana 36 sae ás 2:53, e os volúmenes seráan 938 B9 e 220 M3M4.
As semanas 37, 38, e 39, Psa cerrará as 2:00 e os volumenes serán 898 B9 e 210 M3M4
SISTEMA 2
Con respecto a Setembro o día 8 e o día 19, PSA non traballa.
En Setembro está previsto fabricar:
Na semana 36 : 648 vehículos/día
Na semana 37: 491 vehículos/día estando a semana  de tarde a 4 horas
Na semana 38: 648 vehículos/día
Na semana 39: 491 vehículos/día estando a semana de tarde a 4 horas
A empresa convoca a paritaria de interpretación do acordo da liña 2 da quenda de tarde o Martes as 12.
O Comité pregunta pola semana 43 e se se ten algunha información da parada da liña 2 tal e como apareceu na prensa.
A empresa resposta que non ten confirmación oficial do cliente e que tan pronto a reciba transmitiralla o Comité.
Comenta tamen que a xente que ten reducción de xornada se lle estaba pagando mal a prima de non absentismo, tema que xa está regularizado.
Os temporais se lles pagarán os atrasos na nómina de este mes.
O día 1 incorporaranse tres traballadores de MOD de Faurecia Madrid ( Villaverde) a esta planta, desplazados por exceso de persoal nesa fábrica.
A  empresa comunica que co escenario actual transmitido polo cliente a quenda de noite rematará o ano cunha previsión de 6000 horas negativas polo que se verán inmersos no ERE os días 8 e 19 de Setembro, todo o que teña máis de 6 horas en negativo o día 8.
O Comité solicita a formación da comisión de seguimento da quenda de noite a maior brevidade posible para tratar este tema con dados enriba da mesa.
O Comité solicita formación para eses días de parada na quenda de noite pois ata o de agora esta xente que está a tempo parcial fai anos que non reciben ningún tipo de formación estando polo tanto discriminados a hora de promoción interna tal e como marca tanto o Estatuto dos traballadores como o Convenio de ADG.
O Comité dá os nomes dos que formarán a comisión da quenda de noite: Jose Enrique Otero, Marcos Benavides, David Gonzalez, Javier Aniceto,Marcial Martinez. Por parte da empresa serán: Jose Antonio Garrido, Guadalupe Abilleira, Begoña Rodriguez, Antonio Gonzalez e Venancio Martinez. Queda convocada a reunión desta comisión o Venres as doce e media.
1.- Contratación.
Esta cuestión que é prioritaria para a empresa, se está analizando volúmenes, cambios e postos e se calcula que a primeiros de outubro se empezará a contratar persoal pola empresa.
O Comité expón a sua preocupación por esta demora.
2.- Atrasos de ETT.-
O persoal de ETT tén actualizado en este momento o IPC máis o 0.4 nas suas nóminas, a categoría profesional esta semana e como moito a semán que ven, e o resto dos atrasos en conceptos se lles aboarán a semán que ven.
O Comité denuncia ante a empresa que todos os conceptos salariais que teñen os indefinidos teñen que ser percibidos polos traballadores de posta a disposición e que se lles está comunicando a estes traballadores que non lles pertence nada máis como atrasos.
O Comité solicita que as nóminas destes traballadores sexan entregadas en papel, pola problemática que está xerando a vía telemática, e que se lles dé por escrito canto corresponde polos atrasos do convenio.
3.- Trocos en Loxística e liña 2. Gamas e tempos.
A parte social expón o caos e descontrol que suponen todos os cambios realizados durante o vran, o enfado da plantilla, e as consecuencias secundarias en forma de lesións que están sucedendo e xerarán no futuro. O Comité expón que esta situación e suficiente para unha movilización da plantilla.
A empresa resposta que todos os cambios levan problemáticas no arranque, e en previsión destas dificultades se coordinaron os recursos adicionais para facerlles fronte. Se entregaron as gamas e os tempos correspondentes á comisión de tempos e os estudos ergonómicos ó comité de seguridade e saude antes das vacacións. As gamas estaban disponibles nas cabeceiras dos postos e nas GAPs.
O Comité comenta que todo esto cambiou de maneira radical e a práctica non ten nada que ver co que se presentou, e que as gamas non estaban a vista do persoal. Os delegados de prevención a única valoración ergonómica que se lles entrega non ten nada que ver co sistema de traballo que hai actualmente, e a proba de iso é que a responsable de HSE comentou os mesmos delegados de prevención que non tiña coñecemento dos medios nin dos postos de traballo cando se regresou das vacacións e xa estaba implantado o sistema
A empresa comenta que as gamas evolucionan como consecuencia dos cambios e das melloras que se vaian detectando.
O Comité denuncia a desaparición das máquinas, e a involución que supón para os traballadores estar tirando dos carros.
A empresa comenta que o principal obxetivo que supuxo o cambio foi pola seguridade e polo alto índice de accidentes que había neste ámbito.
O Comité expresa a sua total repulsa a este argumento qué, o seu entender, e completamente falaz, e que antes podería haber accidentes, máis agora serán enfermidades profesionais, se a mutua ten a ben recoñecelas. O mesmo tempo o que se lle comunicou o Comité non ten nada que ver co que se está realizando de facto. Non hai sitio nos pasillos para cargar os trenes, os carros non teñen visibilidade, no pasillo do desapilador hai cinco persoas andando, a ergonomía é pésima, que as caixas hai que levantalas por riba da cabeza, que toda a información tiña que haber pasado por HSE e non se fixo, que as gamas non están firmadas, que as probas de pesos dos carros non están feitas, que se está comentando que todo isto ten a validación do Comité, que as cifras de loxística en continxencias profesionais antes dos cambios xa eran excesivas e que agora xa se verá, con todo o estress que esto está xerando.
A empresa comenta que algúns carros están sendo modificados, e que nos pasillos críticos agora só entran dous trenes, que no pasillo do desapilador ten que haber tres persoas máximo, e se houbo máis e porque estaban en período de formación e reforzo xa mencionado anteriormente. Respecto a anchura dos pasillos e un factor que se tivo en conta nos carros que están sendo modificados
Por parte do Comité se solicita facer unha visita coa dirección para ver todo esto insitu.
A empresa resposta que deberá ser o Comité de seguridade laboral e se ofrece para quedar a partir de mañana cando queiran.
4.- Artigo 17.
O Comite comenta que se está negando a retribución das horas na atención de médicos especialistas que non sexan da seguridade social. Pois o convenio pón o tempo necesario para a atención médica da seguridade social e, nos demáis casos, ata un límite de 22 horas.
A empresa discrepa da interpretación que dá o Comité deste artigo e comenta que o espiritu do convenio non é ese.
O comité solicita unha reunión da comisión de interpretación do Convenio para tratar este tema.

REUNIÓN EXTRAORDINARIA COMITÉ-EMPRESA


En Vigo, a 12 de setembro de 2014
 
 
 
Orde do día: Problemas derivados da produción no sistema 1, sistema 2 e loxística
O Comité comeza a reunión sinalando o que consideran un problema moi serio na planta, que foi o troco no departamento de loxística, o cal supuso un incrumprimento do artigo 11º do Convenio, dado que non había nin gamas nin tempos, etc. Todo isto levou a unha serie de problemas en planta neste departamento como presións sobre os operarios, sobrecargas nos postos e problemas de saúde derivadas das mesmas e reflectido nos dados de absentismo. Así mesmo, denúnciase o problema derivado dos trocos nos mixes nos sistemas 1 e 2 coas subidas das banquetas e coiros, respectivamente, coa sobrecarga de traballo que conlevan. Por todo isto, o Comité solicita que se recuperen medios e se incremente persoal alí onde os postos o precisen.
Despois dun amplo debate sobre a problemática a Empresa manifesta que a Empresa non incumpriu porque antes das vacacións entregouse toda a documentación no prazo estabelecido no noso Convenio colectivo e explicouse a mesma e se hai que voltar a explicalo farase. Así mesmo engade que o primordial obxectivo da Empresa é que os operarios traballen nun entorno seguro, o cal se conseguiu reducindo o trafego de máquinaria na planta. Tamén comentan que para implantar estes trocos gradualmente contratouse persoal de reforzo para os primeiros días.
 O Comité pregunta se se fixo un estudo de cómo estes trocos van afectar aos traballadores, porque se se eliminan cabezas tractoras para evitar accidentes pero logo estas modificacións provocan lesións máis importantes, porque estes carros son pesados e non se moven ben.
A Empresa volve sobre os mixes nas liñas e di que hai unha previsión de mix mensual pero o detalle de coche a coche só se recibe poucas horas antes e que tamén preferirían facer coiros e banquetas máis repartidos no tempo e non tan concentrados.
O Comité di que non se poden trocar as peticións do cliente, pero que si se poden xogar coa velocidade da liña e co número de operarios. Así mesmo denuncia que os operarios asumen tanto os problemas cos mixes como os defectos xerados polos provedores.
A Empresa di que vai manter unha reunión con PSA para que alise a petición de coiros e non veñan concentrados, o cal suporía 5 coiros á hora, máis ou menos.
O Comité pregunta que sucede mentras se trata de solucionar  e no caso de que non se poida solucionar.
A Empresa di que estructuralmente ten unha solución que son os Gap leader.
O Comité di que non lle vale esta solución porque di que non se pode cumprir polo propio proceso que non lles vai permitir apoiar nestes excesos de carga de traballo. Así mesmo engade que o Comité está reunido para chegar a unha solución porque hai malestar no taller e a xente non pode máis. Tamén solicita que no caso de loxística poña os útiles para que os traballadores non tiren de carros, levanten pesos, etc.
A Empresa di que ten un plan de accións que vai solucionar estes problemas unha vez se aplique, e sobre el pódese traballar.
O Comité solicita aumentar máis persoal nas liñas de produción cando non se poida controlar o mix  e máis persoal e máquinas en loxística, sobre todo en liña 1, para non ter que tirar dos carros, xa que estes mixes e trocos en loxística están afectando a saúde, física e mental, dos traballadores e provocando tensións entre os traballadores da planta, así como na súa privada. O Comité insiste en que non pode entender que se fagan modificacións e que os traballadores vexan mermada a súa saúde, e reitera a importancia de devolver os útiles de traballo aos operarios de loxística.
A Empresa mantense na súa proposta de alisar os mixes de coiros e indica que o problema das banquetas xa non vai existir porque baixa a produción das mesmas. En loxística as medidas pasan por trocar aqueles carros de plásticos por outros de materiais máis lixeiros e mellores e por estudar os fluxos. Para escumas coxín, trocarase a posición das rodas e, se non fose eficaz, planteríase a realización de novos carros.
O Comité insiste en que éstas non son solucións aceptábeis para os traballadores, pois levamos tempo con subida contínua dos mixes, e os cambios efectuados en loxística están prexudicando seriamente a saúde dos mesmos.
 

REUNIÓN ORDINARIA COMITÉ-EMPRESA


En Vigo, a 16 de setembro de 2014
 
 
Comézase a reunión coa presentación por parte da Empresa dos dados de absentismo, horas extraordinarias e volumes de producción de ADG do mes de agosto, os cales son anexados ao acta.
O Comité solicita que se lle dea unha relación de traballadores e traballadoras que están de baixa por enfermidade común e por enfermidade laboral para poder corroborar estes dados de absentismo. Así mesmo solicitan o número de horas traballadas para calcular esa porcentaxe.
SISTEMA 1
Da semana 40 á semana 43 os volumes son 901 B9 e 222 M3M4 por día. A hora de peche de PSA son as 2:16h.
SISTEMA 2
Semana 40: 648 vehículos/día
Semana 41: 507 vehículos/día
Semana 42: 648 vehículos/día
Semana 43: 507 vehículos/día
As semanas 41 e 43 PSA traballará 4 horas e 23 minutos pero aquí traballarase 8 horas.
Hai 5 días de adecuación de xornada, que son as seguintes: 9,10,17,23 e 24 de outubro.
A Empresa a seguir comunica que os traballadores temporais xa recibiron os atrasos. Así mesmo comunican que se pedira unha reunión da comisión de seguemento de convenio e que se propón como data o venres 26 de setembro ás 12h. Tamén comunica que hoxe día 16 de setembro deron a orde para pagar a paga extraordinaria de setembro, que estará ingresada entre mañá e pasado.
Produción Sistema 1, Sistema 2 e Loxística
O Comité solicita que no sistema 1 e sistema 2, debido á subida contínua da produción nestas liñas, se incremente o persoal  nunha persoa por liña. Así mesmo en loxística solicítase que as dúas persoas que están de reforzo se manteñan e que se recuperen medios mecánicos. Así mesmo esta parte solicita participación en canto aos trocos productivos como indica o artigo 11 do Convenio colectivo de ADG.
A Empresa contesta que a información están entregándoa conforme o estabelecido ao artigo 11 do Convenio colectivo.
O Comité di que quere que a súa opinión sexa tida en conta.
A Empresa contesta que si ten en conta a opinión do Comité pero que ten enxeñeiros e outros especialistas contratados ex profeso para realizar as melloras productivas.
O Comité afirma que non ten participación, ao igual que os delegados de prevención, e que o único que se pode dicir é que está informado do que se vai modificar. É dicir, o Comité ten que valorar feitos consumados, non participa previamente do que se vai facer.
A Empresa contesta que están preparando un plan de accións no que participará o Comité.
O Comité pide que os días de ERE non se fagan probas porque veñen “catro amigos” e todo dá ben, atopándose este ente á volta ao traballo todos os problemas. Ademáis pregunta quen participa nesas probas.
A Empresa resposta que as persoas que consideran oportunas.
O Comité pregunta onde están os técnicos de HSE.
A Empresa explica unha serie de modificacións que se van realizar en loxística o venres, nas cales participaron os técnicos de HSE.
O Comité di que os traballadores comezaron tendo medios que se adaptaban ergonómicamente a eles e agora téñense que adaptar eles aos medios, e que están sufrindo tamén un aumento de carga de traballo derivados en moitos casos polos trocos no mix, o cal implica unha subida vertixinosa do absentismo por enfermidade tanto profesional coma común. Para trocar esta tendenza e baixar o tremendo absentismo que se está a dar hoxe en día na planta o Comité fixo unha petición ao comezo da reunión, ademáis de solicitar o estudo psico-social e estudo biomecánico. É dicir, reforzar as liñas de traballo con máis persoal como paliativo para estudar a situación e reducir o absentismo por enfermidade e previr novas lesións. A isto engaden que hai que invertir en ergonomía.
O Comité fala de que en outubro de 2012 había un absentismo dun 6% e ata esta data actual foi subindo ata o dobre, e entende que o problema é o aumento da productividade, para o cal propoñen o paliativo de reforzos das liñas, que, opinan, se compensaría amplamente co descenso do absentismo.
A Empresa reitérase na súa posición sobre o sistema 2, reforzando a liña co Team Leader e coa medida de alisar a produción de coiros. No sistema 1 reitérase, tamén, en apoiar co Team Leader cando sexa preciso, ademáis, de conseguir o alisado das banquetas, a través da xestión con PSA. En loxística na liña 1 están de acordo en manter os reforzos en plásticos e escumas, con carácter provisional, ainda que isto non quere dicir que o reforzo estea sempre, así como na parte de armaduras de respaldos están dispostos en incorporar unha cabeza tractora.   
 O Comité contesta que hoxe estamos falando destes problemas e pola tarde de hoxe vaise facer unha proba para reducir outra persoa na liña 2.
VARIOS
O Comité denuncia que hai un supervisor de loxística de liña 1 que di que só se pode ir ao baño nos descansos e como máximo en dúas ocasións e que beber só se pode facer, tamén, nos descansos. E isto é un exemplo do estrés xerado na planta, o cal pode conlevar discusións e sancións.
A Empresa di que hai 45 minutos de descanso, entre os cales está incluido o tempo para necesidades fisiolóxicas.
O Comité solicita por escrito esta norma.

 

REUNIÓN EXTRAORDINARIA COMITÉ-EMPRESA


En Vigo, a 26 de setembro de 2014
 
 
Comézase a reunión cunha explicación por parte do Coordinador de FREMAP de Ergonomía e Psicosocioloxía D.César Andrés de como é un Estudo Psico-social e en que consiste. Acórdase comezar a preparación deste Estudo no seo da Comisión de Seguridade e Hixiene o 13 de outubro ás 11 horas.
A seguir faise a lectura, aprobación e sinatura do acta anterior.
A Empresa continúa a reunión coa entrega e explicación do histórico dos mixes da liña 1, dos cales conclúese que actualmente hai menos carga de traballo. Engade que mantén a súa proposta do día 24 de setembro en loxística, na liña 2 manteñen a súa proposta ligada ao número de coiros, así como na liña 1 poñer un reforzo ligado a que se sobrepasen as 27 banquetas por hora. Tamén manteñen o seu compromiso de realizar o Estudo Psico-social e de presentar e realizar un plan de accións para mellorar a situación en loxística. Este plan de accións é entregado e anexado ao acta e presentarase nunha reunión o vindeiro 1 de outubro.
O Comité solicita por escrito en que consiste o Estudo Psico-social, así mesmo pregunta se o Comité pode traer unha persoa para informar en que consiste un Estudo Biomecánico.
A Empresa contesta que usará os coñecementos ao seu alcance e tan pronto sexa posíbel compartiraos co Comité.  A Empresa informa de que o día 1 de outubro van entrar 14 persoas na quenda de noite con contrato de 880 horas. O máximo de contrato que se pode realizar actualmente na noite é de 23 persoas.
O Comité pregunta pola contratación na quenda do día, en especial pola contratación de ETT´s, xa que sospeita que non están suplindo a ninguén.
A Empresa resposta que os ETT´s contratados están por absentismo, formación e reforzo. 

 

REUNIÓN EXTRAORDINARIA COMITÉ-EMPRESA


En Vigo, a 29 de setembro de 2014
 
 
Co obxecto de mellorar a saúde laboral dos traballadores e traballadoras de FAURECIA ADG e en espera de avaliar un posíbel plan de accións no que terán que estar de acordo o Comité de seguridade e saúde e a Comisión de Tempos, ambas partes preacordan os seguintes puntos, que serán refrendados en Asemblea de traballadores:
1.- Na liña 2 aumentar un traballador por liña de traballo, dereitos e esquerdos, ou ben reducir a velocidade nunha proporción equivalente en cada configuración, o que equivale a 2 persoas por quenda.
2.- Na liña 1 aumentar un traballador por liña de traballo, dianteiros dereitos e esquerdos, en cada configuración, o que equivale a 2 persoas por quenda.
3.- En loxística manter os dous reforzos de plásticos e escumas e outro máis en armaduras de coxín, así como introducir un medio mecánico para armaduras de respaldo, o que equivale a 3 persoas de loxística.
Este preacordo ten por obxecto desconvocar a folga fixada para o día 2 de outubro e entrará en vigor ao día seguinte da desconvocatoría da mesma. Así mesmo o preacordo manterase mentras non exista outro acordo diferente na Comisión de Tempos e Comité de Seguridade e Saúde.

Parque tecnolóxico Beade-Valadares Rúa 3 Parcela 2, Vigo