Loading...

Marzo 2016


REUNIÓN ORDINARIA COMITÉ-EMPRESA
En Vigo, a 22 de marzo de 2016
 
 
Comeza a reunión dando a Empresa os datos de absentismo, horas extraordinarias e volumes de ADG do mes de febreiro do ano 2016, os cales son anexados ao acta.
SISTEMA 1
En abril traballaranse os sábados e domingos seguintes: 9,10, 16, 17, 23 e 30, ambas en xornadas de 8 horas. 
Produciranse  1335 vehículos/día, dos cales 1093 B9 e 242 M3/M4.
A hora de peche da quenda da noite de PSA serán as 5:45h.
SISTEMA 2
En abril en PSA: 
As semanas 14 e 16 produciranse 581 vehículos/día.
As semanas 15 e 17 produciranse 570 vehículos/día.
As semanas impares PSA pechará ás 22:18 horas.
Traballarán os sábados 16 e 23 de abril.
 
A seguir, o Comité pregunta porque ao reforzo que obrigou á sentenza a recolocar non ten carga de traballo, e, manifestan que se debía convocar á Comisión de tempos e saúde laboral para tratar o asunto.
A Empresa manifesta que xa tiñan pensado convocar a ambas comisións para o 30 de marzo ás 10 horas.
O Comité pregunta polo calendario laboral.
A Empresa manifesta que esperarán ata o máis preto do 30 de abril que poidan para ter unha maior definición do calendario do cliente.
O Comité solicita que se lle lembre a Mutua que non lle teñen que dar aos traballadores os partes de confirmación para entregar na Empresa.
A Empresa resposta que falarán con eles, de novo.
O Comité solicita que o reforzo, ao que nos referimos antes, entre a rotar co resto de postos.
A Empresa empraza a parte social a tratar este tema o 30 de marzo.
O Comité insiste en que este posto rote, entrementres non se tome unha decisión ao respecto.


ACTA DE REUNIÓN ORDINARIA COMITÉ-EMPRESA

En Vigo, a 27 de setembro de 2016

A Empresa comeza a reunión dando os datos de absentismo, horas extras e volumes de ADG do mes de xullo e agosto, os cales serán anexados ao acta.

Volumes de produción do sistema 1

Durante o mes de outubro faranse 1012 B9 e 326 M3/M4 . Non se traballará nin sábados nin domingos e na semana 43 traballarase o luns 24 de outubro e o martes 25 de outubro, reincorporándose o mércores 2 de novembro.

PSA pechará a quenda de noite ás 5:48 horas.

Volumes de produción do sistema 2

Durante o mes de outubro faranse 500 vehículos. Non se traballará nin sábados nin domingos.

En PSA as semanas impares arrincan ás 8 horas da mañá e nas pares paran ás 20 horas. Na semana 43 traballarase o luns 24 de outubro, reincorporándose, igual, o mércores 2 de novembro.

ORDE DO DÍA:

-          Falta de roupa de traballo por entregar

A parte social denuncia que falta roupa de traballo por entregar.

A Empresa recoñece que, efectivamente, falta algunha roupa por entregar, o cal, pensan subsanalo en breve.

-          ETTs sen completar o ano para cobrar o paro

A parte social denuncia que hai numerosos casos de Etts que cando están preto de acadar o ano cotizado prescíndense dos seus servizos.

A Empresa contesta que para eles todos os Etts saen co ano cotizado pero, que se hai algún caso concreto que se lle comunique para subsanalo.

-          Aumento de traballo na liña 2 por problema no Mix

A parte social denuncia que co troco de Mix na liña 2 hai un aumento de carga de traballo que hai que correxir.

A Empresa contesta que as novas coleccións que entraron a derradeira semana de xullo teñen menos carga de traballo pero que se documentará e tratará na comisión de tempos.

-          Mútua Asepeyo

A parte social denuncia que hai numerosas queixas sobre esta Mútua, sobre todo: malos xeitos e mala atención por parte dos médicos en Vigo e Pontevedra; e que hai un fisioterapeuta para atender a unha gran cantidade de pacientes, o cal provoca unha mala recuperación…

A Empresa di que trasladarán estas queixas ao Responsábel de HSE e ao Responsábel de Asepeyo para tentar correxir estas deficiencias.

-          Falta de mantemento nas liñas de montaxe e na nave, en xeral

A parte social denuncia que neste verán non se fixo ningún tipo de mantemento na planta e, en especial, nas liñas de montaxe. Por exemplo, falta de imáns nas liñas; en traseiros non se correxiu un punto onde se curtou un compañeiro, é dicir, falta de reposición de escumas.

A Empresa contesta que falará co servizo de mantemento para preguntar por estas cuestións.

-          Funcionamento dos días Free

A parte social pregunta como se aplican os días free.

A Empresa contesta que ten que garantir 30 horas semanais, como mínimo, e se o cliente non traballa un día pero á semana xa se fixeron as 30 horas, ese día a máis que o cliente non traballa ponse free, nin se paga nin se desconta da bolsa de horas.

A parte social denuncia que houbo casos, ao parecer, correxidos de meter incidencias free a xente que estaba de descanso.

A Empresa recoñece que esta incidencia foi un erro e xa se subsanou.

 Así mesmo, a parte social denuncia que a introdución deste concepto día free foi introducido sen ser falado, previamente, coa comisión da quenda da noite e coa Comisión de interpretación do Convenio.

A Empresa contesta que este concepto vénse utilizando na quenda de noite do contrato de 1319 horas cando se dá esta circunstancia dende sempre.

Tamén se indica, pola parte social, que non se está de acordo con que ao persoal non avisado que chega a tikar na planta se lle aplique o día free.

A Empresa contesta que se chamou a todos os traballadores e que cos que non puideron contactar, aínda así, pagóuselles o plus de transporte.

Trocando de tema pero seguindo co contrato de 880 horas da quenda da noite, a parte social denuncia os casos nos que unha vez, dentro do contrato, e completadas as horas normais, as horas complementarias e a ampliación quedan sen traballar e, por elo, sen cobrar un trascurso grande de tempo antes de rematar dito contrato.

A Empresa contesta que esta situación xa a tivemos no pasado e solucionouse repartindo a carga de traballo nos últimos meses.

-          Incompatibilidade entre os cargos de HSE e FES

A parte social denuncia que é incompatíbel que unha persoa ocupe os dous cargos porque, principalmente, co problema que hai aquí de saúde o responsábel de HSE debía estar adicado únicamente a isto.

A Empresa contesta que o responsábel de HSE non é o responsábel das productividades. Os responsábeis de departamento e a Empresa di que a figura de HSE e FES é perfectamente compatíbel, xa que é unha oportunidade para asegurar que se cumpran as normas de saúde laboral nos procesos de traballo.

-          Varios

A CUT propón un grupo de traballo formado polo Comité de Empresa e Empresa sobre saúde para realizar, por exemplo, protocolos de actuación en persoal que volve de baixa; subsanación de problemas en loxística, como postos de persoal con limitacións, rotacións, accidentes por deficiencias de material, etc. Para elo solicitan unha resposta na seguinte reunión por parte da Empresa. En caso de non querer participar tanto a Empresa como o Comité, a CUT tomará iniciativas como sección sindical. Ademáis, indican que descoñecían a orde do día.

A parte social formada por UGT, CCOO e CGT trasladaron os seus puntos a tratar ao Secretario para que comunicara, a súa vez, á Empresa, para discutir e recibir resposta no día de hoxe sobre os mesmos.  

A Empresa contesta que xa existe un comité de prevención de riscos laborais para tratar estas cuestións.

A CIG solicita que se convoque á comisión de tempos para tratar as modificacións do picking de armaduras de loxística do sistema 2.

Así mesmo, a parte social denuncia que se dan os casos nos que un traballador que está de baixa é substituído por varios Etts durante a súa convalecencia.

A Empresa contesta que non ten porque substituílo por unha soa persoa.

A parte social contesta que o que busca é a maior estabilidade para os Etts e que non lle parece correcto.

A CIG pregunta se é verdade que se vai montar unha liña de CKDs na planta.

A Empresa contesta que non ten coñecemento deste tema.

A CIG solicita o balanzo económico de 2015, de novo, o censo de abril de 2016, o tc2 de abril de 2016, xubilados parciais de abril de 2016, listaxe de traballadores de vacacións, permisos, It do mes de abril de 2016.

 



ACTA DE REUNIÓN ORDINARIA COMITÉ-EMPRESA

En Vigo, a 18 de outubro de 2016

A Empresa comeza a reunión dando os datos de absentismo, horas extras e volumes de ADG do mes de setembro, os cales serán anexados ao acta.

Volumes de produción do sistema 1

Durante o mes de outubro faranse 1069 B9 e 275 M3/M4 . Traballarase os sábados 12 e 19 de novembro e o domingo 20 de novembro.

PSA pechará a quenda de noite case ás 6 horas.

Volumes de produción do sistema 2

A semana 44 faranse 428 vehículos e a quenda B PSA pecha ás 18h.

A semana 45 faranse 471 vehículos e a quenda B PSA comeza a traballar ás 07h.

A semana 46 faranse 468 vehículos e a quenda B PSA pecha ás 18h.

A semana 47 faranse 468/471 vehículos e a quenda B PSA troca a velocidade en PSA a 31 vehículos/hora.

O día 4 de novembro a quenda B pola tarde non traballa e o día 7 pola mañá a quenda B non traballa.

A seguir pásase a tratar os puntos da orde do día solicitados por UGT, CCOO e CGT:

-          Trocos calendario laboral

A Empresa manifesta que a única modificación que ten oficial é que non se traballa o día 24 de outubro.

-          Asistencia ao fisioterapeuta na quenda de mañá, tarde e noite (pregunta realizada o 19 de xullo de 2016)

A Empresa resposta que está a espera de que lle entreguen estes datos o responsábel de HSE.

 

-          Mútua: Falta de persoal en fisioterapia

A Empresa di que trasladou esta preocupación á Mútua ASEPEYO pero que o seu Director manifesta que teñen os fisioterapeutas precisos.

A parte social manifesta o seu descontento con este servizo no que un fisio atende a numerosos traballadores á vez.

A Empresa ofrece realizar unha reunión co Director da Mútua para que se explique.

O CSI-F solicita unha reunión co Director da Mútua para tratar esta temática.

 

-          Data para tratar o aumento de traballo na liña 2 polo troco de mix ( pendente da reunión do 27 de setembro) e productividades en liña 1

A Empresa, no que respecta á liña 2, convoca á comisión de tempos e aos delegados de prevención para o vindeiro xoves 20 de outubro ás 12:30h, e que para a liña 1 farase a convocatoria en breve.

 

-          Roupa pendente de entregar (acta 27 de setembro)

A Empresa resposta que entende que a roupa está entregada salvo os zapatos COBRA do que, ao parecer, hai un problema de stock.

A parte social denuncia que o problema que está habendo últimamente coa roupa nunca ocorreu, xa que sempre falta algo ou as tallas non se corresponden coas que debían ser.

A Empresa di que trasladará estas queixas ao provedor para solucionar o problema.

 

 

Polo CSI-F engádese á orde do día, ademáis dos puntos de: troco de calendario, trocos de loxística liña 1 e tomas de tempos en liña 2, comúns aos presentados por UGT, CCOO e CGT e xa tratados:

-          Paga por troco de vacacións

O CSI-F pregunta se se vai cobrar igual esta paga pese a modificación do calendario.

A Empresa resposta que si.

 

-          Loxística productividad traseiros

O CSI-F pregunta cando se farán as probas de loxística traseiros.

A Empresa citará a parte social para elo.

 

-          Chaleco mantemento

O CSI-F denuncia que os compañeiros de mantemento quéixanse de que o chaleco se lles engancha de seguido provocando todo tipo de incidentes polo que solicitan un vestiario axeitado e identificativo para eles.

A Empresa estudará este punto e respostará máis adiante.

 

A orde do día presentada pola CIG:

 

-          Saúde laboral e produción

 

A CIG dá unha serie de datos baseados no absentismo de setembro de 2015 ao setembro de 2016. Fala de que se van suprimir 12 postos de traballo entre as productividades de loxística e a implantación do Coobot da liña 1 descargando o traballo entre o resto de compañeiros. Os datos de absentismo diparáronse en todas as áreas da fábrica, é dicir, non se pode seguir avanzando nas productividades a custa da saúde dos traballadores. Así mesmo denuncian que non hai mantemento e solicitan que se arranxen, polo menos, aquelas cousas que están funcionando agora: defectos nos carros, nas carrileiras, cestóns, rotación de postos, etc. Tamén denuncian que no posto de picking de liña 1 falta iluminación e que se está a facer probas nun posto que ergonómicamente está mal.

 

A Empresa resposta que a primeira interesada en correxir esta situación é ela e que recolle estas inquietudes sobre saúde laboral, pero que nos aspectos técnicos ten que reunirse cos seus respectivos responsábeis para analizar aquelas cuestións. Sen embargo, todas as productividades que se fan están de acordo a unhas medicións de tempos e ás valoracións que os postos de traballo en canto a saúde laboral.

 

A CIG entende que haxa productividades pero non a costa dos traballadores. Ademáis esixen que se tomen as accións derivadas no estudo psico-social.

A Empresa resposta que se retomará dito estudo.

A CUT inclúe na orde do día:

-          Grupo de traballo sobre saúde

 

A CUT propón que na reunión que se vaia ter co Director da Mútua estean presentes o servizo médico da empresa, responsábeis de mantemento, responsábeis de HSE e xefes de UAP.

 

A Empresa resposta que non vai crear ningún grupo de traballo porque xa existe un, que é o comité de seguridade e saúde pero que non ten problema en que nunha reunión puntual poida convidar a alguén en concreto, ben sexa co Director da Mútua ou co Comité de seguridade e saúde.

 

A CIG e o CSI-F súmanse a iniciativa da CUT.

 

-          Varios

 

A CIG denuncia que sen dar comunicación aos delegados de prevención trocáronse as lubas anticurte que, por outra banda, non serven.

 

A Empresa dará resposta a este punto.

 

A CIG denuncia que a Empresa está incumprindo o Convenio en canto á entrega da roupa de traballo, o cal, non van tolerar máis, e que pasará un acta dun acordo entre o Comité e Dirección de Faurecia-Porriño.

 

A Empresa di que ese punto está tratado.

CCOO solicita que este ano se tomen medidas coas correntes de aire e que non se sexa tan rácano coa calefacción como en anos anteriores.

 

A CIG denuncia que hai persoal interno e externo que segue cruzando polos pasillos internos, non respectando a circulación interna.

A CIG denuncia que os trocos en canto a lecturas da liña 2 non están comunicados aos membros da comisión de tempos e aos delegados de prevención.

A Empresa contesta que é un sistema novo de lectura de códigos de barras para evitar movementos de lectura con pistola, encamiñado ao departamento de loxística. Esta engade que como non ten impacto no traballo non comunicou nada.

A CIG pregunta se xa ten constancia de que houbo un compañeiro traballando o sábado 3 de setembro sen contrato,  cousa xa preguntada na anterior xuntanza.

A Empresa di que se trata dun erro xa solventado.

A CIG denuncia que o responsábel de HSE non coñecía que a pesa do detector de SBR da liña 2 caeu sobre un asento porque non tiña un cable de seguridade nin contratuerca.

A CIG denuncia que na liña 1 de SAR se lle chama bastante a atención á xente por cousas que van mal, e logo, cando o traballador denuncia algún problema de calidade ao team leader, este manda rematar o asento enteiro e, a posteriori, non se ven estes defectos.

A CIG denuncia que o robot coloca mal os asentos nas paletas e no posterior posto causa problemas.

A Empresa contesta que leva tempo estudando esta problemática e segue tentando solucionalo.
 


ACTA DE REUNIÓN EXTRAORDINARIA COMITÉ-EMPRESA

En Vigo, a 21 de outubro de 2016

A Empresa comunica que vai mellorar a seguridade nos exteriores da planta e no interior da mesma, dado que hai unha inversión moi forte en materiais electrónicos e que hai que preservar e porque o grupo obriga a grabar as zonas onde hai circulación de carretillas para investigar posíbeis accidentes.

Durante a semana 43 efectuarase a instalación aínda que súa posta en marcha non se prevé ata primeiros do ano que vén e que antes da súa posta será convintemente informada a parte social.

A parte social pregunta se se vai grabar os pasillos.

A Empresa resposta que a instalación das cámaras na nave principal farase ao longo do pasillo central e naquelas zonas onde hai compoñentes valiosos.

O CSI-F pregunta se van ser cámaras fixas.

A Empresa contesta que son cámaras que enfocarán cara as áreas arriba indicadas.

A parte social manifesta que a plantilla vaise sentir condicionada e incómoda no posto de traballo.

A Empresa entende que ninguén se ten que sentir condicionado porque o único motivo é asegurar a inversión realizada en medios electrónicos.

A CIG fala dunha sentenza en Valencia sobre a instalación de cámaras de vixianza no interior de lugares de traballo, a cal fala de garantir o dereito á intimidade do traballador, artigo 4.2 e) E.T., e mesmo a Constitución garante o dereito a honra e a intimidade. Polo que entenden que as cámaras teñen que estar xustificadas e ten que estar ben explicado para que se van usar as imaxes grabadas, é dicir, se van servir para denunciar traballadores, por exemplo.

A Empresa resposta que todo o que fai está de acorde á lexislación vixente e que as cámaras de fóra son para reemplazar as existentes agora e as interiores débense a gran inversión que hai e que haberá en novas tecnoloxías e que estarán centrados nos elementos valiosos. Así mesmo, manifestan que, obviamente, se graban a alguén roubando vanno sancionar.

A CUT manifesta que unha cousa é grabar os obxectos e outra grabar aos traballadores e que, incluso, grabar aos traballadores que manexan carretillas pode provocar accidentes ao traballar a xente máis nervosa.

A Empresa vai grabar a mobilidade das carretillas para previr accidentes.

A CIG, UGT, CCOO, CGT, CUT e CSI-F  maniféstanse totalmente en contra de pór cámaras no interior do centro de traballo e estudarán esta decisión cos seus asesores legais. Engaden, ademáis, que poden vixiar estes elementos valiosos con outras medidas.

A CUT pregunta se esta medida se vai extender á zona de oficinas, onde hai elementos máis valiosos que no resto da planta.

A Empresa resposta que non.


 

ACTA DE REUNIÓN EXTRAORDINARIA COMITÉ-EMPRESA-MÚTUA

En Vigo, a 21 de novembro de 2016

A parte social UGT, CCOO e CGT pregunta cantos pacientes ten cada fisio na súa xornada de 6 horas.

O Director da Mútua contesta que 24 pacientes en 6 horas.

Esta parte sabe, polos seus afiliados, que hai 14 pacientes ao mesmo tempo. Por elo solicitamos que se dea un servizo máis individualizado e de maior calidade. Esta parte, ademáis, protesta porque hai a compañeiros que se lles tratou primeiro con rehabilitación e logo se lles fixeron as probas, para logo chegar á conclusión de que o que estaban a facer era contraproducente e logo ter que varialo. Por elo solicitamos que primeiro se fagan as probas precisas e logo se trate adecuadamente.

O Director da Mútua di que son dous casos mal diagnosticados.

A CUT pregunta se no tempo de 6 horas con 24 pacientes só hai un fisioterapeuta.

O Director da Mútua contesta que si, que só hai un fisioterapeuta en cada 6 horas.

O CSI-F indica que hai máis casos de traballadores aos que se lles dá o alta sen estar recuperados e preguntan o seguinte:

-          Cales son os servizos que prestan e cales teñen contratados con ADG?

-          De que servizos son plenamente responsábeis?

-          Se dentro da cobertura que teñen con ADG están incluídas: as análises e investigacións de accidentes laborais e de enfermidades profesionais

-          Asesoramento en materia preventiva a través de documentación, visitas aos centros de traballo…

-          A Mútua fai algún tipo de recomendación para que diminúa os problemas de saúde en ADG?

-          Cales son esas recomendacións?

O Director da Mútua facilitará unha oferta de servizos que ten contratados con ADG.

A CUT pregúntalle se lle parece normal o fluxo de persoal que baixa á Mútua desta Empresa con respecto a outras.

O Director da Mútua resposta que non lle parece comparábel o número de operarios que acoden á Mútua desta Empresa, 60 en 80 días laborais que levan dando servizo a ADG.

A CIG denuncia que á xente na sala de fisio se trata ela mesma as doenzas, é dicir, quédanse eles mesmos aplicándose os diferentes tratamentos. O resto de seccións corroboran tal denuncia.

O Director da Mútua manifesta que preguntou antes de vir esta cuestión e lle dixeron que non se daban este tipo de casos, e que o volverá a preguntar.

Ademáis a CIG denuncia que na planta hai moitas doenzas musco-esqueléticas de aí a importancia dunha boa atención por parte dos fisioterapeutas que, a día de hoxe, cremos insuficiente.

A parte social UGT, CCOO e CGT manifesta que a baixa laboral se debe extender ata a total recuperación do traballador.

A CUT pregunta porque non se informa ao Comité sobre o protocolo de colaboración que están levando a cabo conxuntamente coa Empresa.

O Director da Mútua resposta que aínda non levaron a cabo ningunha medida.

A CUT insiste en que lles gustaría que se informara ao Comité das medidas que se vaian levando a cabo.

A parte social UGT, CCOO e CGT solicita que se faga un plan de traballo onde os diferentes actores involucrados no tema da saúde participen e se reúnan periódicamente a proposta dos delegados de prevención.

A Empresa insiste en que para os temas de saúde xa hai un comité de saúde laboral, pero que non ten problema en facer algunha reunión co Comité e algunha persoa en concreto.

O CSI-F queren saber que coberturas ten contratada a Empresa coa Mútua.

 O Director da Mútua contesta que non ten problema en facilitar esta información.

O CSI-F pregunta cal é atención que ten un traballador que acode á Mútua fóra do horario ou cando a rehabilitación estaba saturada.

O Director da Mútua resposta que a atención é, en ambos casos, en Povisa.

A parte social UGT, CCOO e CGT manifesta que entrar por urxencias en Povisa non é unha correcta atención, o cal, hai que subsanar.

A parte social UGT, CCOO e CGT insiste en solicitar que as baixas se extendan ata a total recuperación, como é normal, e que, por exemplo, non se dean altas por entrar a Empresa en período de vacacións.

O Director da Mútua di que iso depende do criterio do médico.

O CSI-F insiste na idea en que as altas só se poden dar cando un estea ben e non porque van ir de vacacións só cando unha persoa está totalmente recuperada.

O Director da Mútua di que non teñen coñecemento de cando temos vacacións e que entende que o alta dáse cando o paciente está recuperado.

A totalidade se seccións sindicais manifestan que é unha mágoa que non estean nesta reunión o servizo de vixilancia da saúde, servizo médico da Empresa, e solicitamos manter unha reunión con todos eles dada a grave problemática existente en materia de saúde laboral na Empresa.

 


 

ACTA DE REUNIÓN ORDINARIA COMITÉ-EMPRESA

En Vigo, a 22 de novembro de 2016

 

A Empresa comeza a reunión dando os datos de absentismo, horas extras e volumes de ADG do mes de outubro, os cales serán anexados ao acta.

Volumes de produción do sistema 1

Durante o mes de decembro faranse 1059 B9 e 232 M3/M4 . Non se traballará nin sábados nin domingos e o derradeiro día de traballo será o 22 de decembro.

PSA pechará a quenda de noite ás 5 horas.

Volumes de produción do sistema 2

Durante o mes de decembro faranse 440 vehículos ao día. En ADG Non terá afectación que en PSA traballen na quenda B a 6 horas. Non se traballarán sábados. Os días 5, 7 e 9 de decembro serán de adecuación de xornada en PSA.

O derradeiro día de traballo será o 22 de decembro.

Orde do día das seccións sindicais de UGT, CCOO e CGT:

-          Plus de disponibilidade

As seccións sindicais de UGT, CCOO e CGT denunciaron por escrito o 4 de novembro a aplicación deste plus de disponibilidade (artigo 16 Convenio Colectivo) sobre aqueles compañeiros que estaban en situación de baixa por enfermidade, por entender a Empresa que este pago non lle correspondía aos que estaban nesta situación porque logo van desfrutar as vacacións cando eles queiran. Logo, o 11 de novembro, a Empresa contestou conforme se pagaría ao persoal nesta situación pero indicando que “esta decisión non prexulga actuacións en anos vindeiros, dado que se trata dunha cuestión susceptíbel de diversas interpretacións…” co que estas seccións non están de acordo, xa que entenden que o espirito deste acordo realizado con direccións anteriores non era o interpretado pola Dirección, xa que só non se pagaría aos que desfrutaran as vacacións nos días inicialmente asinados.

A Empresa resposta que o subsanaron pero que aínda non teñen craro que esta interpretación sexa a correcta.   

 

-          Informe técnico de cada unha das cámaras de vixianza interiores e exteriores (plano de ubicación, referencia e zona de grabación)

A Empresa di que seguirán todos os pasos estabelecidos na lei  e que, de todos os xeitos, están á vista.

UGT, CCOO e CGT din que queren coñecer a ubicación destas cámaras e a onde enfocan porque hai unha que, semella, enfoca cara a cafetaría e baños da UAP1 e que queren saber toda a información relativa a ditas cámaras.

A Empresa contesta que entregará toda esta información.

O CSI-F di que en data 4 de novembro remitiron un escrito á Empresa na que solicitan: informe sobre o obxecto, finalidade e destino dos datos recabados, soporte, tempo de almacenamento e persoas autorizadas para a súa manipulación, e, ademáis, queren unha data na que se lle dea resposta.

A Empresa reitera que seguindo a lei darán toda a información á que esta obrigue en tempo e forma.

A CIG, tamén, solicita coñecer as características destas cámaras.

A CUT manifesta non entender que, segundo a Empresa, a finalidade destas cámaras era vixiar certos obxectos de valor e, pola contra, as cámaras están colocadas por toda a planta. Así mesmo, engaden que o pretexto para colocalas son por se hai roubos, cando isto nunca sucedeu…

A Empresa resposta que se colocan cámaras porque na actualidade, coa industria 4.0 instalada na fábrica, é preciso preservar ditas instalacións.

-          Día 18 de novembro

Ese día deuse formación e para os días 5, 7 e 9 de decembro son días de presenza na fábrica nos que previsibelmente se dará formación-traballo.

-          Descansos bolsa de horas da quenda da noite de indefinidos, situación traballadores eventuais con contrato de 880 horas e días “free”

As seccións sindicais de UGT, CCOO e CGT solicitan coñecer a información relativa a estes puntos ou, no seu defecto, que se convoque á comisión da quenda da noite.

A Empresa convoca á comisión da quenda da noite para o xoves día 1 de decembro ás 12:30 horas.

-          Asistencia ao fisio en cada unha das quendas de traballo

As seccións sindicais de UGT, CCOO e CGT solicitan esta información pendente de dar en anteriores reunións.

A Empresa resposta que asisten a fisio dende xaneiro ata outubro na quenda A: 398 pacientes, na qunenda B: 379 pacientes e, finalmente, á quenda C: 219 pacientes.

As seccións sindicais de UGT, CCOO e CGT respostan que este non é o desglose que solicitaban que o pedían a asistencia ao fisio de mañá, tarde e noite por día.

A Empresa resposta que traerá a información na vindeira reunión.

-          Reunión co Director da Mútua

A totalidade das seccións sindicais solicitaran unha reunión pero xa se mantivo a mesma o día anterior, 21 de novembro.

-          Produtividades

As seccións sindicais de UGT, CCOO e CGT solicitaran por escrito a paralización das produtividades anunciadas.

A Empresa resposta que as produtividades son necesarias e que, se farán en función da madurez técnica e da viabilidade da súa aplicación.

Estas centrais sindicais reiteran que se argumentou o porque había que paralizalas e non se lles respostou, que unha cousa é unha inversión nun coobot e outra seguir dividindo o traballo entre menos operarios.

As seccións sindicais de UGT, CCOO e CGT lémbranlle á Empresa que se nalgún intre pensan en retomalas hai que seguir uns procesos, é dicir, xustificar os trocos á Comisión de tempos e aos delegados de prevención como estabelece o artigo 11 do Convenio.

A Empresa insiste en que as produtividades son necesarias e que, de momento, non se realizou ningunha máis.

A CUT insiste na mesma idea de que non se lle pode chamar produtividades a retirar un operario e dividir o traballo entre o resto. Así mesmo, a CUT denuncia, polos datos de absentismo presentados pola Empresa, un índice moi elevado en loxística, ao seu parecer, polas produtividades alí desenroladas. Por elo, solicitan a presenza do responsábel de loxística para a vindeira reunión.

A CIG pregunta, a tenor dos datos de baixas existentes, que é o que se está a facer mal. E recalcan que unha Empresa que non coida aos seus traballadores está avocada ao fracaso e, por tanto, estes niveis de absentismo non son admisíbeis e, máis, cando en lugar de invertir no persoal se está a invertir cartos en coobots, pantallas de plasma, cámaras de video-vixilancia, etc, xa que a inversión en saúde laboral nos derradeiros 6 anos é prácticamente inexistente.

A Empresa manifesta que está preocupada con este tema e tomará medidas para tentar subsanar esta problemática e que nestes anos se invertiu en moitas melloras en cuestión de saúde laboral.

A CIG di que o Código Ético de FAURECIA é moi craro sobre esta cuestión e entenden que os responsábeis europeos do Grupo descoñecen estes datos e pensan que estes datos sobre saúde están manipulados, xa que de non ser así aqueles actuarían sobre esta fábrica.

 A Empresa manifesta que en ningún caso existe manipulación de datos por esta dirección.

-          Briefing 2 de novembro de liña 2

As seccións sindicais de UGT, CCOO e CGT denuncian que este briefing non se realizou na liña 2, polo menos, cando si se fixo en liña 1, e que, aínda sendo unha cuestión da Empresa, non está ben informar da realización do mesmo e logo darlla a uns si e a outras non, ou polo menos non explicar porque non se dá.

A Empresa contesta que non parece razoábel que se lle reclame isto cando se está dando formación en días de adecuación do cliente. Ademáis contestan que se deu o día 7 de novembro.

Puntos da orde do día da CIG:

-          Borrador de nóminas para os anos 2018 e 2019 e balanzo económico 2017

A Empresa contesta que o balanzo económico de 2015 aínda non o teñen e que os borradores das nóminas están preparándoas e que cando as teñan preparadas farán entrega das mesmas, ao igual que o balanzo económico.

-          Cámaras de vixianza

Este punto xa está tratado anteriormente pero a CIG, solicitan, de novo, as características da cámaras, a situación das mesmas e denuncian, de novo, que hai cámaras enfocando a lugares privadas. Ademáis, engaden que teñen que informar aos traballadores de que van ser grabados e que van manipular estas grabacións.

A Empresa contesta que xa está respostado en acta.

-          Posto 0 liña 2

A CIG pide explicacións sobre os trocos neste posto.

A Empresa explica que xa se convocou á comisión de tempos e aos delegados de prevención para explicar estes trocos neste posto.

-          Resposta ás lubas anticurte manifestado na reunión anterior

A Empresa resposta que este novo provedor ten maior disponibilidade en tallas e estas lubas teñen maior sensibilidade e o mesmo nivel anticurte.

-          Obriga de dar participación e información aos delegados de prevención

A CIG denuncia que ao seu delegado de prevención non se lle está a dar participación e información como se estaba facendo anteriormente.

A Empresa resposta que ocorreu nunha ocasión pero que no Comité de saúde laboral se entregaron os calendarios e modos de actuación en cada caso.

A CIG manifesta que dende o ano 2014 ata apróximadamente este mes non se están realizando os QRCI pertinentes para investigar os accidentes, ou polo menos eles non teñen constancia.

A Empresa resposta que segue sendo unha ferramenta para analizar ditos incidentes e se segue utilizando.  

-          Contratos de ETT

A CIG, aínda que a Empresa contestara que este tema estaba subsanado, reitérase nun tema sobre un Ett que veu traballar un sábado sen contrato e pregunta se cobrou.

A Empresa contesta que si cobrou e que foi un erro puntual e que foi subsanado no seu momento.

-          Situación da bolsa de horas da noite, horas dos eventuais nesta quenda e días “free”

Punto tratado anteriormente.

-          Atención do persoal por parte da Mútua

Este punto tratouse na reunión de onte, día 10 de novembro.

-          Solicitude do fondo social e estado de contas do mesmo fondo

A Empresa contesta que convocarán á comsión do fondo social para o martes 29 de novembro ás 12 horas. Así mesmo neste fondo hai disposto 4784€, que é o que resta por devolver por parte dos traballadores.

-          Paradas días 5, 7 e 9 de decembro

Punto tratado anteriormente.

-          Liña CKDs

A CIG pregunta, como xa fixo noutra reunión, por un rumor de que se van facer CKDs onde está a escola de formación.

A Empresa resposta que, polo de agora, só hai unha consulta por parte do cliente.

-          Prexubilacións

A CIG queren ter información sobre as prexubilacións, en concreto, queren os nomes dos que substituíron a Roxelio Salgado e a Floriano Costas, e con que tipo de contrato e que postos están ocupando, e o mesmo para a vindeira prexubilación.

-          Saúde Laboral

Este punto xa foi tratado anteriormente.

Pásase a tratar os puntos da orde do día do CSI-F:

O CSI-F solicita que se unifiquen os puntos comúns ao inicio da reunión.

-          Mútua

Punto tratado anteriormente

-          Roupa e mantemento e liñas

O CSI-F denuncian unha serie de deficiencias que entregan nun dosier á Empresa onde se explican todos os puntos a correxir: carrileiras en mal estado, dinámicos con falta de parafusos, caixas rotas, etc, así como unha fonte precintada que solicitan se troque por un dispensador de auga como había anteriormente, que, aínda que son puntos tratados no Comité de Saúde pois, para axilizar estas cuestións traénnos a este foro. Así mesmo, denuncian o mal estado das placas, sobre todo, liña 1, e a falta de espátulas e material para traballar.

O CSI-F denuncia que aínda non se entregou a roupa do frío cando hai que entregalo en setembro, segundo o Convenio.

 As seccións de UGT, CCOO e CGT puntualiza que, así mesmo, faltan zapatos por entregar.

A Empresa di que está traballando por trocar o vindeiro ano esta situación e que os pedidos estean en tempo e forma

O CSI-F pide un ventilador para a zona de loxística.

A Empresa contéstalle ao CSI-F que se reúna co responsábel de HSE e que trate estas cousas.







Parque tecnolóxico Beade-Valadares Rúa 3 Parcela 2, Vigo