Loading...

febrero2014


REUNIÓN EXTRAORDINARIA COMITÉ - EMPRESA

En Vigo, a 4 de Febreiro de 2014

 

A empresa comeza a reunión explicando a problemática que se vai dar na liña 2.

As semanas 7, 11, 13, 15 ,17 o cliente traballa 4 horas pola tarde e a empresa comunica que pode asumir 3 horas en retraso de etiquetas como máximo, polo que plantea  posibles solucións:

  • ·         Unha opción sería un ERE por horas.
  • ·         Outra alternativa podería ser a distribución irregular da xornada.
  • ·         Outra solución pasaría por traballar 4 e as outras catro aplicalas como diferencial de xornada, ou traballar sete e a hora restante de adecuación. A maiores, e para que o impacto fora menor se podería cambiar os turnos cada quince días.

 

O comité pregunta pola cantidad de vehículos que se van facer.

A empresa resposta que 486 frente os 640 que estaban programados.

Se fai un receso.

O comité expón que se podería traballar sete horas en esas tardes asumindo a 8ª hora  os traballadores o 50% co seu diferencial de xornada, e a empresa o outro 50% pola flexibilidade que esto supón. Con respecto o cambio de quenda, para que non exista perxuizo para os traballadores, o comité propón que se pare alternativamente por quendas,  parando unha das semanas a de mañana as 13:00 horas para que a tarde traballe as 8 horas, e a seguinte sería a de tarde a que pararía as 21:00 e a de mañana traballaría 8 horas.

A empresa vai estudar estas opcións poñendo como exemplo este tipo de horarios:

Semana 7: Quenda A, de 6 a 14:00, quenda B de 14 horas a 21:00

Semana 11: Quenda A, de 7:00 a 14:00, quenda B de 14:00 a 22:00

E así alternativamente nas semanas que o cliente traballe catro horas.

Se pospón a reunión para o día 5 de Febreiro de 2014 as 10:30, acordando firmar este acta o final da mesma.

Continua a reunión expoñendo a empresa que estaría de acordo na partición ó 50% do cargo de esa hora non traballada (50% do diferencial de xornada de cada traballador e o outro 50% o asume a empresa) e que dentro dos horarios que estiveron estudando, a de entrada as 7:00 non é viable. Propón a empresa que o horario que realmente sería factible sería de 6:00 a 13:30, e o de tarde de 14:00 a 21:30.

O comité pregunta se se podería dar un desequilibrio entres as duas quendas e se este horario afectaría a todos os traballadores dunha quenda por igual.

A empresa resposta que intentará que non exista ningún desequilibrio entre as quendas pero que si hai que traballar non se pode poñer en perigo o cliente e que sairán todos os traballadores da liña por igual exceptuando somente os supervisores.

As configuración nas que traballaría a liña serían de 40 de mañana e de 34 V/hora pola tarde.

O Comité propón:

  • ·         O tempo que se traballe a menos, media hora diaria de 13:30 a 14:00 e de 21:30 a 22:00, da xornada habitual será asumido ó 50% polo diferencial de xornada do traballador e o outro 50% pola empresa pola flexibilidade que esto supón. Os horarios de saida serán 13:30 ou 14:00, 21:30 ou 22:00.
  • ·         Esta solución será de aplicación somente nas semanas 7, 11, 13, 15 e 17 de 2014.
  • ·         As configuracións serán estables, 40V/hora de mañana e 34V/hora pola tarde. No caso de que se teñan que cambiar as configuración por mor das peticións do cliente, sairán as duas quendas no seu horario habitual (14:00 e 22:00). No caso de que sea a tarde a que suba a configuración e a quenda da mañana houbese saido as 13:30, ese día será efectiva a xornada completa nas duas quendas.
  • ·         Os traballadores de loxistica asignados a liña 2 seguirán desempeñando as suas tarefas igualmente que como se viña facendo.
  • ·         Se creará unha comisión de seguimento de este acordo con reunións o remate de cada unha das semanas afectadas.
  • ·         O horario de saida será igual para todo o persoal da quenda adscrito a liña 2 (producción e loxística).

A empresa comenta a esta proposta:

O primeiro punto e o segundo están de acordo.

No punto terceiro a empresa puntualiza que as configuracións serán estables para unha producción de 486 vehículos día excepto en tres puntos:  Averías, prolongación de xornada do cliente, ou retraso no que se prolongaría a xornada antes de subir a configuración.

No cuarto punto a empresa comenta que se manterá a mesma estructura en loxística.

No derradeiro punto quere poñer “excepto descarga espumas y camiones”.

As duas partes acordan:

  • ·         O tempo que se traballe a menos, media hora diaria de 13:30 a 14:00 e de 21:30 a 22:00, da xornada habitual será asumido ó 50% polo diferencial de xornada do traballador e o outro 50% pola empresa pola flexibilidade que esto supón. Os horarios de saida serán 13:30 ou 14:00, 21:30 ou 22:00.
  • ·         Esta solución será de aplicación somente nas semanas 7, 11, 13, 15 e 17 de 2014.
  • ·         As configuracións serán estables, 40V/hora de mañana e 34V/hora pola tarde. As configuracións serán estables para unha producción de 486 vehículos día excepto en tres puntos:  Averías, prolongación de xornada do cliente, ou retraso no que se prolongaría a xornada antes de subir a configuración.
  • ·         En  loxística, nas semanas citadas, se manterá a mesma estructura que ata a data .
  • ·         Se creará unha comisión de seguimento de este acordo con reunións o remate de cada unha das semanas afectadas.
  • ·         O horario de saida será igual para todo o persoal da quenda adscrito a liña 2 (producción e loxística). Excepto supervisores e loxística en descarga espumas e camións.

O Comité menciona que este acordo está supeditado a aprobación da asamblea de traballadores.





REUNIÓN ORDINARIA COMITÉ-EMPRESA

En Vigo, a 18 de febreiro de 2014

 

A Dirección comeza explicando a nova organización do grupo a nivel europeo.

A Empresa adxunta ao acta e explica os dados de absentismo, horas extras e volumes de produción do mes de xaneiro de 2014.

 O Comité solicita por escrito o listado de horas extraordinarias de MOI, en particular os trabalalladores e traballadoras de oficinas.

Volumes de marzo para a liña 1

Produciranse 1210 vehículos/dia coa seguinte distribución: de B9 faranse 859 e de M3M4  351.

Horario de peche da noite de PSA será ás 3:57h

Volumes de marzo para o sistema 2

SEMANA 10: 640 Vehículos/día

SEMANA 11:485, saíndo a quenda da tarde de PSA ás 18h.

SEMANA 12: 640 Vehículos/día

SEMANA 13: 485 vehículos/días, saíndo a quenda do serán de PSA ás 18h.

O dia 21 de marzo é dia de adecuación de xornada para PSA.

A seguir infórmase sobre as horas traballadas na semana 7, que son as seguintes:

O luns da semana 7 traballouse con normalidade ás 8 horas cada quenda. O martes, mércores e xoves as dúas quendas traballaron 7 horas e media. O venres a quenda da mañá traballou 8 horas e a quenda do serán traballou 7 horas e media.

Nas seguintes semanas impares deste mes está previsto traballar do mesmo xeito que na semana 7.

A continuación o Comité dá os nomes que formarán parte pola parte social da comisión de seguemento do acordo de 5 de febreiro de 2014 que serán: Por UGT J.Antonio Boullosa, por CGT Pablo Yáñez, por CCOO Francisco González, por CIG Jose Manuel Barbosa e pola CUT Marcos Benavides.

A Dirección confirma que a primeira reunión do Convenio será o vindeiro 5 de marzo de 2014 ás 10 horas.

A Empresa di que a roupa de abrigo de loxística que estaba pendente está prácticamente entregada, faltan as lubas de abrigo, e di, tamén, que as parkas que faltaban entregáronse xa.

A Empresa informa que a Dirección da Mútua reunirase co Comité o vindeiro 18 de marzo.

O Comité lémbralle á Dirección que o descanso entre quendas de 12 horas tamén é para os traballadores externos que prestan os seus servizos en ADG, e pide que o investigue porque están ocorrendo casos.

O Comité lémbralle á Dirección que quedara en entregarlle ao Comité as fases de introdución da empresa externa EULEN-mantemento en ADG, solicitada na anterior reunión, e solicita tamén o contrato con dita empresa.

A Empresa resposta que o entregarán antes da seguinte reunión, en 15 días aproximádamente.

O Comité pregunta que vai suceder cos traballadores o día 21 de marzo.

A Empresa resposta que se aplicará o diferencial de xornada e que confirmará o que se vai realizar ese día.

O Comité pregunta cal dos horarios de saída da noite de PSA vai ser o horario de referencia para os traballadores de ADG.

A Empresa di que a referencia para a saída da quenda da noite de PSA é onde montan os asentos.

O Comité pregunta pola barra que se colocou en dianteiros de B9 dereitos, que molesta á xente.

A Dirección resposta que estaba pensado para a nova configuración de N-1 pero que recoñecen que está mal e que van modificala.

O Comité solicita que estas modificacións sexan comunicadas aos delegados de prevención.

O Comité denuncia que hai problemas no novo paso de acceso á liña 1, ao respecto da seguridade nos pasos elevados. Así como tamén a falta dunha área de descanso e servizos en condicións no lado da liña 1 para efectuar os descansos, xa que agora os tempos de descanso quedan moi reducidos pola gran volta que hai que facer para chegar ao área principal

A Empresa di que está buscando solucións.

Ante unhas próximas modificacións das gamas para os 4 minutos de limpeza o Comité di que as revisará para que non se saia da función de limpeza.

O Comité pregunta polo protocolo de actuación en materia de acoso.

A Empresa resposta que está estudando unhas suxestións para incluir en dito protocolo e tan pronto como o teñan presentaranllo ao Comité.



Parque tecnolóxico Beade-Valadares Rúa 3 Parcela 2, Vigo