WWW.ASIENTOS GALICIA CGT.TK

INICIO

 

 




17ª REUNIÓN CONVENIO COMITÉ-EMPRESA

Vigo, a 16 de novembro de 2016 

Dáse comezo a reunión coas propostas do CSI-F que é a seguinte:

“Tendo en conta o recoñecemento que por todas as partes se realizou na mesa de negociación celebrada o día 11 de novembro de 2016, respecto da composición de Mesa negociadora, coa incorporación na parte social dunha nova central sindical como é CSI-F e novos/as delegados/as sindicais das centrais que xa formaban parte de dita Mesa e a pesar das 15 reunións celebradas con anterioridade á nosa incorporación con toda a súa problemática e a documentación que debemos coñecer, non é menos certo que se aos novos actores non se lles deixa coñecer toda a documentación e formular propostas nun tempo prudencial para podelas negociar, atoparémonos cunha xudicialización da negociación, que xa se produciu, e que retrasaría con elo a finalización da mesma con o sen acordo.

Polo tanto e para ter coñecemento pleno das propostas sindicais e acordos aos que se chegara pola mesa de negociación anteriores ao 11 de novembro de 2016 SOLICITAMOS á mesa que se aporte á Sección Sindical de CSI-F a seguinte documentación:

-          Propostas sindicais anteriores ao día 11 de novembro de 2016 para poder definir a postura de CSI-F sobre as mesmas e non duplicar posíbeis propostas futuras.

-          Acordos da mesa de negociación reflectidos nas actas correspondentes e polo tanto entrega oficial de todas as actas das reunións mantidas anteriores ao 11 de novembro de 2016.

-          Dado que é de público coñecemento, copia do acta oficial do preacordo alcanzado pola maioría sindical, baixo a mediación e/a arbitraxe do AGA.

-          Dado que é de público coñecemento, copia oficial da Sentenza Xudicial do xulgado do Social nº1 de Vigo, sobre demanda interposta pola central sindical CIG contra o acordo de competitividade asinado polas centrais Sindicais CCOO, CGT e UGT e validada pola asemblea de traballadores da Empresa.

Sen esta documentación é díficil para CSI-F poder valorar os acordos tomados, estabelecer unha posición ante a sinatura do Convenio Colectivo e poder realizar unha proposta completa sobre todo o Convenio, e para non paralizar sine die a negociación por deixar INDEFENSA a unha parte da mesa de Negociación e o pouco tempo estabelecido entre a reunión anterior e a seguinte, adiantamos AS SEGUINTES PROPOSTAS para que se tomen en consideración e para que o resto da parte social se poida, ou non, unir a estas propostas e a empresa exprese cales acepta e cales non. Elo non quere dicir que unha vez se coñeza toda a documentación se poidan facer outras propostas e/ou unirse ás xa presentadas que se reflectirán en posteriores escritos.

PROPOSTA Nº1: ARTIGO 17.- PERMISOS RETRIBUÍDOS

g) 2 días naturais en caso de enfermidade grave, hospitalización ou intervención cirúrxica sen hospitalización que precise repouso domiciliario de familiar ata 2º grao de consanguineidade ou afinidade, circunstancia que deberá ser xustificada. Este permiso poderá utilizarse durante a existencia do feito causante, segundo determinación do traballador. Neste caso será preciso acreditar a data de inicio da licenza e que a hospitalización ou o repouso mantense na data do disfrute.

ENGADIR ao apartado g) do Actual Artigo 17 e de acordo co artigo 37 do ET, o seguinte texto ao final de dito apartado co seguinte contido: “Cando con tal motivo o traballador precise un desprazamento ao efecto, o prazo será de 4 días”.

ENGADIR un novo apartado m) ao actual artigo 17, tomando como referencia o Convenio Superior o artigo 11 do Convenio de Comercio Metal de Pontevedra co seguinte contido: “m) O traballador desfrutará de 1 día retribuido ao ano de libre disposición, que deberá solicitar cunha semana de antelación e que non poderá ser coincidente co solicitado por outro traballador da empresa”.

ENGADIR un novo apartado n) ao actual artigo 17, reclamado pola inmensa maioría dos traballadores e traballadoras da empresa co seguinte contido: “n) Falecemento de parentes de 3º grao: 1 día natural”.

MODIFICAR o contido dos parágrafos do artigo 17 para que queden redactados do seguinte xeito (en negriña e subliñado a proposta de cambio):

-          “No suposto f) ao traballador/a que precisase desprazarse fóra do domicilio do posto de traballo concederáselle 1 día natural máis.”

-          “Nos supostos d), e), g) e f) ao traballador/a que precisase desprazarse fóra do domicilio do posto de traballo conderánselle 2 días naturais máis.”

PROPOSTA Nº2: ARTIGO 41.- CONCEPTOS SALARIAIS

ENGADIR ao final do artigo 41 un novo concepto retributivo co seguinte texto: “Incentivo por consecución de proxectos. O valor deste incentivo pagarase a todos/as os/as traballadores/as nun paga única de 1700€ pola consecución dun proxecto novo que afecte á produción da fábrica.”

PROPOSTA Nº3: ARTIGO 43.- BAIXAS POR ENFERMIDADE COMÚN OU ACCIDENTE DE TRABALLO

MODIFICAR o contido do derradeiro parágrafo do artigo 43 para que quede redactado do seguinte xeito (en negriña e subliñado a proposta de cambio): “No suposto de IT por enfermidade común ou accidente non laboral, o traballador/a percibirá, desde o 1º día da baixa, o complemento ata acadar o 75% da Base Reguladora correspondente.”

PROPOSTA Nº4: ARTIGO 47.- FONDO SOCIAL DE PRÉSTAMOS

MODIFICAR o título do artigo 47 para denominalo exclúsivamente: “ARTIGO 47.- FONDO SOCIAL”

ESTABELECER e TITULAR ao texto actual do artigo 47 un apartado A titulado: “A)PRÉSTAMOS”"…. e texto actual do artigo”.

ENGADIR como novo texto dentro do artigo 47 e como apartado B) co seguinte texto: “B) AXUDA SOCIAL E SANITARIA. A empresa dotará unha partida o fondo para financiar gastos de natureza social e sanitaria que para o ano 2017 será de 15.000€. Para os seguintes anos negociarase co Comité Empresa a partida coa que se dotará esta axuda. A xestión e a asignación individualizada do importe desta axuda realizarase por unha comisión formada por 1 membro de cada sección sindical que conforma o Comité de Empresa e polo mesmo número de representantes da empresa aprobando un regulamento de funcionamento e aplicación das axudas que será creada nun prazo máximo de 2 meses dende a sinatura do convenio.”

A Empresa manifesta que non ten problema en aportar a documentación que falte pero que o propón o CSI-F semella unha plataforma máis que unha aportación das ideas pero que, de todos os xeitos, estudarán ditas propostas.

A seguir a Empresa pregunta por dous artigos que xa estaban acordados para concretar como quedarían o artigo 17 e 32. Unha vez acrarado pásase a falar do contrato a tempo parcial de 1100 horas.

Sobre este contrato a UGT, CCOO e CGT di que, en principio, non había acordo porque a Empresa quere que os traballadores a tempo parcial con distribución irregular da xornada de 1100 horas para a quenda do día veñan de luns a sábado, se é preciso, pero polo tipo de contrato pagaría ese hipotético sábado a prezo de hora ordinaria ou complementaria. Esta parte social entende que para poder chegar a un acordo, entre outras cousas, ademáis de limitar a contratación de Etts, tería que pagar un plus que compensase a diferenza entre o prezo de hora extraordinaria e o de hora ordinaria.

A Empresa resposta que eles precisan a flexibilidade que teñen cos Etts pero que poderían ver se legalmente se pode pagar algún tipo de plus.

A parte social de UGT, CCOO e CGT manifestan que isto se daría por deixar o artigo 21º.- Empresas de traballo temporal, do seguinte xeito:

A contratación de traballadores para a súa posta a disposición, realizarase únicamente nos casos de substitución de persoal da empresa en situación de IT, permisos e vacacións.

A Empresa pide unha resposta a este punto.

Esta parte social dará contestación máis adiante.

A Empresa dentro da política 4.0 están deseñando un plan para atender á proposta da parte social seguinte: Artigo 15º.- Horas extraordinarias

... “A Empresa deberá respostar nun máximo de 48 horas por escrito á solicitude de disfrute destas horas de descanso por parte dos traballadores e traballadoras”…

Un sistema no que as peticións concedidas serían públicas e coñecidas por todos e poderían respostarse en tempo e forma.

A Empresa sobre a proposta da parte social do artigo 14º. – Horarios de traballo.

…. “O responsable de departamento coordinará co seu persoal, un planing no que se indique que día deberá quedarse como retén para poder conciliar vida familiar e laboral”…. manifestan non estar de acordo con este punto.

A parte social UGT, CCOO e CGT contesta que este punto para eles non está pechado.

A Empresa, sobre a proposta da parte social UGT, CCOO e CGT da derradeira reunión:

As seccións sindicais de UXT, CCOO e CGT en materia de saúde laboral queren realizar a seguinte proposta: No transcurso do período de busca dun posto adaptado ao persoal de Faurecia ADG con limitacións, a Empresa ocupará aos mesmos en tarefas de revisión de pezas e outras que, a día de hoxe, fan Empresas externas, sempre e cando, haxa a necesidade destes traballos, ou, no seu defecto, se envíen a casa cobrando como se fixo, anteriormente, con outros traballadores na mesma situación e, así, non agravar a lesión dos mesmos neste período.

A Empresa contesta que están facendo un estudo dos postos que poderían poñer a disposición para as persoas con limitacións e a vindeira semana poderán dar resposta.

Chegados a este punto faise un receso.

Retómase a reunión coa sinatura das actas anteriores.

A CIG manifesta que á pregunta da semana pasada da Dirección resposta que non vai asinar o Convenio. Por elo di que, aínda que lle parece ben a proposta de UGT, CCOO e CGT sobre a recolocación dos traballadores con limitacións, pensan que é un parche. A partires de aí volven a comezar cos artigo que estaban na plataforma porque así o aprobaron os traballadores en Asemblea. Por elo comezan cos puntos do Artigo 17: Permisos retribuídos.

b) 3 días laborables en caso de nacemento de fillo/a, adopción e acollemento. E en caso de parto múltiple 2 días máis.

e) 3 días naturais en caso de falecemento de irmáns/as, netos/as, avós/as, pais políticos, avós/as políticos, irmáns/ás políticos e fillos/as políticos.

Pero como se deron conta posteriormente xa estaban aprobados…

A partires de aí seguen co falado anteriormente sobre o contrato a tempo parcial con distribución irregular de 1100 horas de luns a venres e a contratación de Etts. Así mesmo volven ao Artigo 20º.- Formación.

En convenios para formación con entidades ou organismos públicos, ADG comprometerase a que lles sexan aboadas, aos traballadores en formación, os conceptos por transporte.

Así mesmo seguen co punto de saúde laboral propoñen:

-          Estudo biomecánico para saber que doenzas temos e en que parte da planta se dan para con esas conclusións subsanar esas doenzas.

-          Rotacións globais en toda a Planta.

Logo volven ao Artigo 49º.- Código de conduta.

……. ó traballador/a, facendo constar a data e os feitos que a motivaron. Ao mesmo tempo a Dirección dará conta á RLT de toda sanción por falta leve, grave ou moi grave que se impoña para o cal se creará unha comisión de seguemento de sancións.

O cal estaba na plataforma e xa a Empresa dixera que non.

A seguir volven á DISPOSICIÓN TRANSITORIA CUARTA

No caso de sanción que carrexe despedimento e o traballador denuncie, de dictaminar o xuíz a súa improcedencia, será o traballador quen elixa a súa reincorporación ou indemnización.

Para finalizar queren un acordo no que a porcentaxe de tempo se baixe a un 60% de ocupación por posto e que os postos de AGREPT se baixen por debaixo do 4, e todo ata que se fagan uns estudos biomecánicos. Ademáis solicitan un servizo de prevención propio e que os fisioterapeutas estean ao longo de toda a quenda de traballo.

A Empresa agradece a sinceridade da CIG por dicir que non van asinar o Convenio pero piden que se deixe asinar o Convenio porque é moi importante para a viabilidade da Planta, ademáis, que non se pode recomezar a falar de puntos que xa estaban debatidos.

Chegados a este punto as partes emprázanse para o xoves 24 ás 16:30h.


ACTA DE REUNIÓN ORDINARIA COMITÉ-EMPRESA

En Vigo, a 22 de novembro de 2016

A Empresa comeza a reunión dando os datos de absentismo, horas extras e volumes de ADG do mes de outubro, os cales serán anexados ao acta.

Volumes de produción do sistema 1

Durante o mes de decembro faranse 1059 B9 e 232 M3/M4 . Non se traballará nin sábados nin domingos e o derradeiro día de traballo será o 22 de decembro.

PSA pechará a quenda de noite ás 5 horas.

Volumes de produción do sistema 2

Durante o mes de decembro faranse 440 vehículos ao día. En ADG Non terá afectación que en PSA traballen na quenda B a 6 horas. Non se traballarán sábados. Os días 5, 7 e 9 de decembro serán de adecuación de xornada en PSA.

O derradeiro día de traballo será o 22 de decembro.

Orde do día das seccións sindicais de UGT, CCOO e CGT:

-          Plus de disponibilidade

As seccións sindicais de UGT, CCOO e CGT denunciaron por escrito o 4 de novembro a aplicación deste plus de disponibilidade (artigo 16 Convenio Colectivo) sobre aqueles compañeiros que estaban en situación de baixa por enfermidade, por entender a Empresa que este pago non lle correspondía aos que estaban nesta situación porque logo van desfrutar as vacacións cando eles queiran. Logo, o 11 de novembro, a Empresa contestou conforme se pagaría ao persoal nesta situación pero indicando que “esta decisión non prexulga actuacións en anos vindeiros, dado que se trata dunha cuestión susceptíbel de diversas interpretacións…” co que estas seccións non están de acordo, xa que entenden que o espirito deste acordo realizado con direccións anteriores non era o interpretado pola Dirección, xa que só non se pagaría aos que desfrutaran as vacacións nos días inicialmente asinados.

A Empresa resposta que o subsanaron pero que aínda non teñen craro que esta interpretación sexa a correcta.   

 

-          Informe técnico de cada unha das cámaras de vixianza interiores e exteriores (plano de ubicación, referencia e zona de grabación)

A Empresa di que seguirán todos os pasos estabelecidos na lei  e que, de todos os xeitos, están á vista.

UGT, CCOO e CGT din que queren coñecer a ubicación destas cámaras e a onde enfocan porque hai unha que, semella, enfoca cara a cafetaría e baños da UAP1 e que queren saber toda a información relativa a ditas cámaras.

A Empresa contesta que entregará toda esta información.

O CSI-F di que en data 4 de novembro remitiron un escrito á Empresa na que solicitan: informe sobre o obxecto, finalidade e destino dos datos recabados, soporte, tempo de almacenamento e persoas autorizadas para a súa manipulación, e, ademáis, queren unha data na que se lle dea resposta.

A Empresa reitera que seguindo a lei darán toda a información á que esta obrigue en tempo e forma.

A CIG, tamén, solicita coñecer as características destas cámaras.

A CUT manifesta non entender que, segundo a Empresa, a finalidade destas cámaras era vixiar certos obxectos de valor e, pola contra, as cámaras están colocadas por toda a planta. Así mesmo, engaden que o pretexto para colocalas son por se hai roubos, cando isto nunca sucedeu…

A Empresa resposta que se colocan cámaras porque na actualidade, coa industria 4.0 instalada na fábrica, é preciso preservar ditas instalacións.

-          Día 18 de novembro

Ese día deuse formación e para os días 5, 7 e 9 de decembro son días de presenza na fábrica nos que previsibelmente se dará formación-traballo.

-          Descansos bolsa de horas da quenda da noite de indefinidos, situación traballadores eventuais con contrato de 880 horas e días “free”

As seccións sindicais de UGT, CCOO e CGT solicitan coñecer a información relativa a estes puntos ou, no seu defecto, que se convoque á comisión da quenda da noite.

A Empresa convoca á comisión da quenda da noite para o xoves día 1 de decembro ás 12:30 horas.

-          Asistencia ao fisio en cada unha das quendas de traballo

As seccións sindicais de UGT, CCOO e CGT solicitan esta información pendente de dar en anteriores reunións.

A Empresa resposta que asisten a fisio dende xaneiro ata outubro na quenda A: 398 pacientes, na qunenda B: 379 pacientes e, finalmente, á quenda C: 219 pacientes.

As seccións sindicais de UGT, CCOO e CGT respostan que este non é o desglose que solicitaban que o pedían a asistencia ao fisio de mañá, tarde e noite por día.

A Empresa resposta que traerá a información na vindeira reunión.

-          Reunión co Director da Mútua

A totalidade das seccións sindicais solicitaran unha reunión pero xa se mantivo a mesma o día anterior, 21 de novembro.

-          Produtividades

As seccións sindicais de UGT, CCOO e CGT solicitaran por escrito a paralización das produtividades anunciadas.

A Empresa resposta que as produtividades son necesarias e que, se farán en función da madurez técnica e da viabilidade da súa aplicación.

Estas centrais sindicais reiteran que se argumentou o porque había que paralizalas e non se lles respostou, que unha cousa é unha inversión nun coobot e outra seguir dividindo o traballo entre menos operarios.

As seccións sindicais de UGT, CCOO e CGT lémbranlle á Empresa que se nalgún intre pensan en retomalas hai que seguir uns procesos, é dicir, xustificar os trocos á Comisión de tempos e aos delegados de prevención como estabelece o artigo 11 do Convenio.

A Empresa insiste en que as produtividades son necesarias e que, de momento, non se realizou ningunha máis.

A CUT insiste na mesma idea de que non se lle pode chamar produtividades a retirar un operario e dividir o traballo entre o resto. Así mesmo, a CUT denuncia, polos datos de absentismo presentados pola Empresa, un índice moi elevado en loxística, ao seu parecer, polas produtividades alí desenroladas. Por elo, solicitan a presenza do responsábel de loxística para a vindeira reunión.

A CIG pregunta, a tenor dos datos de baixas existentes, que é o que se está a facer mal. E recalcan que unha Empresa que non coida aos seus traballadores está avocada ao fracaso e, por tanto, estes niveis de absentismo non son admisíbeis e, máis, cando en lugar de invertir no persoal se está a invertir cartos en coobots, pantallas de plasma, cámaras de video-vixilancia, etc, xa que a inversión en saúde laboral nos derradeiros 6 anos é prácticamente inexistente.

A Empresa manifesta que está preocupada con este tema e tomará medidas para tentar subsanar esta problemática e que nestes anos se invertiu en moitas melloras en cuestión de saúde laboral.

A CIG di que o Código Ético de FAURECIA é moi craro sobre esta cuestión e entenden que os responsábeis europeos do Grupo descoñecen estes datos e pensan que estes datos sobre saúde están manipulados, xa que de non ser así aqueles actuarían sobre esta fábrica.

 A Empresa manifesta que en ningún caso existe manipulación de datos por esta dirección.

-          Briefing 2 de novembro de liña 2

As seccións sindicais de UGT, CCOO e CGT denuncian que este briefing non se realizou na liña 2, polo menos, cando si se fixo en liña 1, e que, aínda sendo unha cuestión da Empresa, non está ben informar da realización do mesmo e logo darlla a uns si e a outras non, ou polo menos non explicar porque non se dá.

A Empresa contesta que non parece razoábel que se lle reclame isto cando se está dando formación en días de adecuación do cliente. Ademáis contestan que se deu o día 7 de novembro.

Puntos da orde do día da CIG:

-          Borrador de nóminas para os anos 2018 e 2019 e balanzo económico 2017

A Empresa contesta que o balanzo económico de 2015 aínda non o teñen e que os borradores das nóminas están preparándoas e que cando as teñan preparadas farán entrega das mesmas, ao igual que o balanzo económico.

-          Cámaras de vixianza

Este punto xa está tratado anteriormente pero a CIG, solicitan, de novo, as características da cámaras, a situación das mesmas e denuncian, de novo, que hai cámaras enfocando a lugares privadas. Ademáis, engaden que teñen que informar aos traballadores de que van ser grabados e que van manipular estas grabacións.

A Empresa contesta que xa está respostado en acta.

-          Posto 0 liña 2

A CIG pide explicacións sobre os trocos neste posto.

A Empresa explica que xa se convocou á comisión de tempos e aos delegados de prevención para explicar estes trocos neste posto.

-          Resposta ás lubas anticurte manifestado na reunión anterior

A Empresa resposta que este novo provedor ten maior disponibilidade en tallas e estas lubas teñen maior sensibilidade e o mesmo nivel anticurte.

-          Obriga de dar participación e información aos delegados de prevención

A CIG denuncia que ao seu delegado de prevención non se lle está a dar participación e información como se estaba facendo anteriormente.

A Empresa resposta que ocorreu nunha ocasión pero que no Comité de saúde laboral se entregaron os calendarios e modos de actuación en cada caso.

A CIG manifesta que dende o ano 2014 ata apróximadamente este mes non se están realizando os QRCI pertinentes para investigar os accidentes, ou polo menos eles non teñen constancia.

A Empresa resposta que segue sendo unha ferramenta para analizar ditos incidentes e se segue utilizando.  

-          Contratos de ETT

A CIG, aínda que a Empresa contestara que este tema estaba subsanado, reitérase nun tema sobre un Ett que veu traballar un sábado sen contrato e pregunta se cobrou.

A Empresa contesta que si cobrou e que foi un erro puntual e que foi subsanado no seu momento.

-          Situación da bolsa de horas da noite, horas dos eventuais nesta quenda e días “free”

Punto tratado anteriormente.

-          Atención do persoal por parte da Mútua

Este punto tratouse na reunión de onte, día 10 de novembro.

-          Solicitude do fondo social e estado de contas do mesmo fondo

A Empresa contesta que convocarán á comsión do fondo social para o martes 29 de novembro ás 12 horas. Así mesmo neste fondo hai disposto 4784€, que é o que resta por devolver por parte dos traballadores.

-          Paradas días 5, 7 e 9 de decembro

Punto tratado anteriormente.

-          Liña CKDs

A CIG pregunta, como xa fixo noutra reunión, por un rumor de que se van facer CKDs onde está a escola de formación.

A Empresa resposta que, polo de agora, só hai unha consulta por parte do cliente.

-          Prexubilacións

A CIG queren ter información sobre as prexubilacións, en concreto, queren os nomes dos que substituíron a Roxelio Salgado e a Floriano Costas, e con que tipo de contrato e que postos están ocupando, e o mesmo para a vindeira prexubilación.

-          Saúde Laboral

Este punto xa foi tratado anteriormente.

Pásase a tratar os puntos da orde do día do CSI-F:

O CSI-F solicita que se unifiquen os puntos comúns ao inicio da reunión.

-          Mútua

Punto tratado anteriormente

-          Roupa e mantemento e liñas

O CSI-F denuncian unha serie de deficiencias que entregan nun dosier á Empresa onde se explican todos os puntos a correxir: carrileiras en mal estado, dinámicos con falta de parafusos, caixas rotas, etc, así como unha fonte precintada que solicitan se troque por un dispensador de auga como había anteriormente, que, aínda que son puntos tratados no Comité de Saúde pois, para axilizar estas cuestións traénnos a este foro. Así mesmo, denuncian o mal estado das placas, sobre todo, liña 1, e a falta de espátulas e material para traballar.

O CSI-F denuncia que aínda non se entregou a roupa do frío cando hai que entregalo en setembro, segundo o Convenio.

 As seccións de UGT, CCOO e CGT puntualiza que, así mesmo, faltan zapatos por entregar.

A Empresa di que está traballando por trocar o vindeiro ano esta situación e que os pedidos estean en tempo e forma

O CSI-F pide un ventilador para a zona de loxística.

A Empresa contéstalle ao CSI-F que se reúna co responsábel de HSE e que trate estas cousas.



 



   COMITÉ DE ADG


Cando chegamos a casa, coa satisfacción do deber feito e cos cóbados e pulso “tocados”, podemos pensar que traballamos máis ca ninguén pero non é certo, os nosos xefes de produción sempre nos lembran que: “estamos a un 68%, a un 75%, etc...” É dicir, ainda podemos dar máis de si! supoño que como aquel escravo da película de romanos que extenuado pola fatiga e deitado no chan reaccionaba rápidamente ante un latigazo. Que langráns, só pensaban en descansar! Menos mal que os bos romanos estaban aí para aumentar o rendemento desta pobre xente, aos cales non lles podían aumentar a cunca de caldo porque tiñan que competir cos escravos doutros Imperios. A construcción dun Imperio non é calquera cousa! Non se pode perder o tempo cos problemas, hai que pasar por riba deles!; non se poden poñer problemas aos xenerais, poden perder a cabeza!; Non teñen que saber as normas, as normas son para os pebleos! Non debemos cagarnos en D…, hai que refuxiarse nel, na nosa vindeira vida viviremos mellor!
É realmente indignante para todos os traballadores das liñas de produción que chegan a sua casa cos brazos doloridos, para os que Dona tendinite é unha familiar moi cercana, para os que se levantan coas mans durmidas, en fin para o 99,99% dos traballadores, que utilicen este tipo de argumentos.
Eses mesmos traballadores din –coño, se estou o 70% e levo o traballo a duras penas e con gran esforzo ¿Cómo será o 111%?- ¿que é o que a empresa me paga polo incentivo de producción?
As valoracións que fan os traballadores ante estas preguntas poden ser de varios tipos:
- ¡Son un inútil que case nin son capaz de realizar o traballo o 70%!
- ¡A empresa é xenerosa ata o punto de terme traballando despaciño para que non me estrese!
- ¡Estanme regalando o salario!
- ¡Alguén estame vacilando!
Parece realmente unha falta de respeto aos operarios a valoración que fan do seu traballo.
O noso traballo e o noso esforzo diario, que nos mantén a nós e dá uns grandes beneficios ós accionistas de esta empresa.
Non o menosprecemos, ¡por favor!



 


http://i47.tinypic.com/2cfp1y9.jpg


Sección Síndical CGT Asientos

 

UGT, CCOO e CGT INFORMAN

Vigo, a 17 de novembro de 2016

As seccións sindicais de UGT, CCOO e CGT queremos informar do acontecido na décimo-sétima reunión de Convenio celebrada onte, 16 de novembro, o cal facemos mediante esta octavilla onde retomamos os puntos da plataforma do Convenio que a seguir describimos:

Artigo 14.- Horarios de Traballo: Neste punto mantémonos no seu redactado para o horario de verán de oficiñas: “O periodo de realización de dito horario será do 15 de xuño ata o 30 de setembro”.

Artigo 15.- Horas extraordinarias: No que se pretende que a Empresa resposte con 48 horas por escrito á solicitude dos traballadores de disfrute das horas de descanso xeradas en horas extras.

Artigo 17.- Permisos retribuídos: A Empresa acepta este punto, ademáis dos xa aceptados anteriormente:

i) O tempo necesario para asistencia a consulta médica especialistas da Seguridade Social cando, coincidindo o horario de traballo co de consulta, se prescriba a visita médica polo médico/a de familia, debendo presentar o traballador/a o volante xustificativo da referida prescrición médica. Nos demais casos ata o límite de 22 horas por ano. Tamén polo tempo para acompañar a fillos/as menores ou familiares de primeiro grao que teñan recoñecida a condición de persoas dependentes pola Xunta de Galicia e cónxuxe embarazada para a realización das diferentes probas relacionadas co devandito estado, incluíndo estas horas na mesma bolsa de 22 horas.

Todos estes casos abranguirán, tamén, á SANIDADE PRIVADA.

Artigo 19.- Contratación temporal e a tempo parcial e Artigo 21.- Empresas de traballo temporal: Sobre este contrato, en principio, non hai acordo porque a Empresa quere que os traballadores a tempo parcial con distribución irregular da xornada de 1100 horas para a quenda do día veñan de luns a sábado, se é preciso, pero polo tipo de contrato pagaría ese hipotético sábado a prezo de hora ordinaria ou complementaria. Esta parte social entende que para poder chegar a un acordo, entre outras cousas, ademáis de limitar a contratación de Etts, tería que pagar un plus que compensase a diferenza entre o prezo de hora extraordinaria e o de hora ordinaria.

Artigo 32.- Maternidade: Este punto aínda está pendente de redacción.

Ademáis, na reunión a Empresa denegou a posibilidade de sentarse na mesa ao delegado da CUT como asesor externo por consideralo “asesor interno”, esta parte social lamenta esta decisión porque aporta o mesmo dentro que fóra.

Logo, o CSI-F conforme como son “novos actores” expoñen que: “se non se lles deixa coñecer toda a documentación e formular propostas nun tempo prudencial para podelas negociar, atoparémonos cunha xudicialización da negociación, que xa se produciu, e que retrasaría con elo a finalización da mesma con o sen acordo.” E a seguir presentaron a súa plataforma.

E, finalmente, a CIG manifesta que non vai ser asinante do Convenio, como anteriormente manifestou a CUT, pero que queren chegar a acordos en materia de saúde laboral e no resto de puntos da plataforma do Convenio.

UGT, CCOO e CGT entenden que o acordo de viabilidade xa está negociado e ratificado pola plantilla e, polo tanto, que é preciso negociar e ratificar en asemblea o articulado restante para rematar o Convenio.