WWW.ASIENTOS GALICIA CGT.TK

decembro2014

REUNIÓN EXTRAORDINARIA COMITÉ-EMPRESA


En Vigo, a 5 de decembro de 2014
 
Orde do día:
-          Calendario
-          Quenda de noite: Bolsa de Horas
-          Flexibilidade quenda de tarde Sistema 2
-          Varios
.- Calendario
Ambas partes están de acordo en fixar o día 2 e 5 de xaneiro de 2015 para toda a fábrica como día de disfrute, dentro dos catro días de diferencial que corresponden ao ano 2015.
.- Quenda de noite: Bolsa de Horas
A Empresa informa que os traballadores da noite rematarán de media con algo menos de 36 horas negativas.
A seguir informa que pretende ser cauta en dar descansos porque logo baixan en gran medida as horas de traballo para esta quenda. Convocarase a comisión da noite en canto haxa maior información dos volumes de produción, que será a finais de xaneiro.
 
 
.- Flexibilidade quenda de tarde Sistema 2
En xaneiro para o sistema 2 hai tres sábados: 10, 17 e 24 de xaneiro no sistema 1 hai 4 sábados: 10, 17, 24 e 31 e 3 domingos: 8, 18 e 25 de xaneiro. A quenda de noite vai ter unha xornada de 7 horas 20 minutos.
En febreiro o sistema 2 ten un sábado: o 7 de febreiro, e o sistema 1 ten tres sábados: 7, 14 e 21 de febreiro e traballarase os domingos 8 e 15 do mesmo.
En marzo a noite do sistema 1 vai traballar sobre 4 horas e o sistema 2 volve aos ciclos de semanas alternas de traballo de 4 horas para a quenda B.
A Empresa manifesta que non ve factíbel manter no tempo a quenda B co sistema actual de traballo coa carga de produción que haberá a partires de marzo. A Empresa expón que quere un acordo antes de rematar xaneiro para poder aplicar en marzo e poder paliar esta situación, que podería incluir que traballadores da quenda B foran á quenda A; formar operarios do Sistema 2 no sistema 1 para cubrir absentismo, sempre que sexa preciso; un contrato de 880 horas con distribución irregular da xornada que poidan complementar ata o 60% das horas; ademáis, entendende que haberá que negociar un ERE.
Acordan ambas partes en volverse reunir á volta de vacacións, cando haxa maior coñecemento dos volumes de produción do 2015.
.- Varios
O Comité pregunta por que se está a negar o descanso por horas xeradas en horas extraordinarias aos traballadores do sistema 1.
A Empresa di que non se están negando, que están a falar cos traballadores para que non collan estas horas porque non teñen persoal formado para substituílos.
O Comité contesta que lle consta que lle están negando ao persoal este dereito e insta a Empresa a que corrixa esta situación inmediatamente.
O Comité denuncia que se está a controlar á xente o tempo que vai ao baño.
A Empresa di que hai moita xente que vai diariamente 25 minutos ao baño.
O Comité lémbralle á Empresa que a Inspección xa lle dixo a esta Dirección que non se lle pode negar a ninguén ir ao baño, ademáis de que ainda se está a esperar pola ampliación do baño máis próximo ao sistema 1.
O Comité pregunta que clase de formación se lle vai dar e onde, aos que entran polo contrato de formación ligado ao Concello de Redondela.
A Empresa contesta que está explicado na documentación entregada ao Comité.
O Comité di que o pregunta porque xa miraron a algúns destes traballando no taller.
A Empresa reitera que vén explicado na documentación entregada e que están en formación.
 

REUNIÓN ORDINARIA COMITÉ-EMPRESA


En Vigo, a 16 decembro  de 2014
 
 
Orde do día:
-          Mala aplicación por parte da Empresa do artigo 17.i)
-          Condicións do Contrato de EULEN
-          Varios
A Empresa comeza a reunión dando os dados de absentismo, horas extraordinarias e volumes de produción do mes de novembro de 2014, que son anexados ao acta.
Sistema 1
En xaneiro comézase a traballar o 7 de xaneiro, traballándose os 4 sábados a 8 horas e 4 domingos, 3 deles de 8 horas e o de febreiro de 7h 18´. Faranse 1018 B9 e 265 M3M4 ao día. O horario de peche de PSA da quenda da noite será ás 5:18 h.
Sistema 2
En xaneiro comézase a traballar, tamén, o 7 de xaneiro.
Na semana 2 o día 7 faranse 292 vehículos e o resto da semana faranse 560 vehículos ao día.
Na semana 3 faranse 595 vehículos os días 12, 13 e 14 e o resto 560 vehículos.
As semanas 4 e 5 faranse 560 vehículos.
Traballaranse os sábados 10, 17 e 24 a 8 horas.
-           Mala aplicación por parte da Empresa do artigo 17.i)
O Comité expón que hai varios casos nos que os traballadores trouxeron a documentación requerida en dito punto pero, non se lle pagan as horas.
A Empresa considera que é unha ausencia dun día e que en ningún caso son consultas de especialista.
O Comité non entende que se estea a reinterpretar por parte da Empresa o Convenio e manifesta que as probas son consultas de especialista, ao que previamente te envía o médico de cabeceira. Estase transformando unha licenza retribuída nun permiso non retribuído.
A Empresa manifesta que esta licenza está creada só para consultas.
O Comité lémbralle á Empresa que está incumprindo o seu Código Ético porque este di que teñen que respectar os dereitos dos traballadores e neste caso non se fai.
A Empresa entende que está a facer o que leva aplicando toda a vida da existencia desta factoría.
-          Condicións do Contrato de EULEN
A Empresa di que o Contrato con EULEN é un contrato privado e que non o vai dar ningún dado relativo ao mesmo.
-          Varios
O Comité pregunta que ocorre co estudo biomecánico.
A Empresa di que o seu compromiso é o de realizar o estudo psico-social nada máis.
O Comité pregunta quen vai realizar o traballo do operario de mantemento que se acaba de trasladar á liña de produción.
A Empresa contesta que a Empresa de mantemento contratada para elo.
O Comité denuncia que no sistema 2 á velocidade de 42 v/h non se están revisando os asentos ben.
O Comité denuncia que se está entregando o Código Ético de Faurecia no caso de que se asine un papel no que se di que recibes información/formación.
A Empresa entrega o Código Ético aos membros do Comité.


 
UGT, CCOO e CGT INFORMAN

Vigo, a 17 de novembro de 2016

As seccións sindicais de UGT, CCOO e CGT queremos informar do acontecido na décimo-sétima reunión de Convenio celebrada onte, 16 de novembro, o cal facemos mediante esta octavilla onde retomamos os puntos da plataforma do Convenio que a seguir describimos:

Artigo 14.- Horarios de Traballo: Neste punto mantémonos no seu redactado para o horario de verán de oficiñas: “O periodo de realización de dito horario será do 15 de xuño ata o 30 de setembro”.

Artigo 15.- Horas extraordinarias: No que se pretende que a Empresa resposte con 48 horas por escrito á solicitude dos traballadores de disfrute das horas de descanso xeradas en horas extras.

Artigo 17.- Permisos retribuídos: A Empresa acepta este punto, ademáis dos xa aceptados anteriormente:

i) O tempo necesario para asistencia a consulta médica especialistas da Seguridade Social cando, coincidindo o horario de traballo co de consulta, se prescriba a visita médica polo médico/a de familia, debendo presentar o traballador/a o volante xustificativo da referida prescrición médica. Nos demais casos ata o límite de 22 horas por ano. Tamén polo tempo para acompañar a fillos/as menores ou familiares de primeiro grao que teñan recoñecida a condición de persoas dependentes pola Xunta de Galicia e cónxuxe embarazada para a realización das diferentes probas relacionadas co devandito estado, incluíndo estas horas na mesma bolsa de 22 horas.

Todos estes casos abranguirán, tamén, á SANIDADE PRIVADA.

Artigo 19.- Contratación temporal e a tempo parcial e Artigo 21.- Empresas de traballo temporal: Sobre este contrato, en principio, non hai acordo porque a Empresa quere que os traballadores a tempo parcial con distribución irregular da xornada de 1100 horas para a quenda do día veñan de luns a sábado, se é preciso, pero polo tipo de contrato pagaría ese hipotético sábado a prezo de hora ordinaria ou complementaria. Esta parte social entende que para poder chegar a un acordo, entre outras cousas, ademáis de limitar a contratación de Etts, tería que pagar un plus que compensase a diferenza entre o prezo de hora extraordinaria e o de hora ordinaria.

Artigo 32.- Maternidade: Este punto aínda está pendente de redacción.

Ademáis, na reunión a Empresa denegou a posibilidade de sentarse na mesa ao delegado da CUT como asesor externo por consideralo “asesor interno”, esta parte social lamenta esta decisión porque aporta o mesmo dentro que fóra.

Logo, o CSI-F conforme como son “novos actores” expoñen que: “se non se lles deixa coñecer toda a documentación e formular propostas nun tempo prudencial para podelas negociar, atoparémonos cunha xudicialización da negociación, que xa se produciu, e que retrasaría con elo a finalización da mesma con o sen acordo.” E a seguir presentaron a súa plataforma.

E, finalmente, a CIG manifesta que non vai ser asinante do Convenio, como anteriormente manifestou a CUT, pero que queren chegar a acordos en materia de saúde laboral e no resto de puntos da plataforma do Convenio.

UGT, CCOO e CGT entenden que o acordo de viabilidade xa está negociado e ratificado pola plantilla e, polo tanto, que é preciso negociar e ratificar en asemblea o articulado restante para rematar o Convenio.