WWW.ASIENTOS GALICIA CGT.TK

optubre2014

REUNIÓN EXTRAORDINARIA COMITÉ-EMPRESA

En Vigo, a 17 de outubro de 2013
 
 
A Empresa expón un plan para pasar o persoal da liña 2 para a liña 1 que consiste en:
-          Pasar un colectivo do sistema 2 ao sistema 1.
-          Descarregar de indefinidos a quenda B.
-          Contratar persoal eventual con contrato de 880 horas de distribución irregular, con previo acordo do Comité, de xeito que esta quenda fose flexíbel.
-          A día de hoxe, a Empresa calculou os custes que elo supón, pero coas novas previsións. Estas experimentaron unha baixada de produción tanto para o presente ano 2014 como para o 2015, o que unido aos extracustes que teñen actualmente na liña, e que non estaban previstos, o plan non é viábel. Para elo precisan:
.- Acordo para contratar traballadores con contrato de 880 horas e distribución irregular
.- Redución dos extracustes introducidos na liña 
O Comité solicita unha lista dos que se pasaron da liña 2 para a quenda 1 e preguntan que criterio se utilizou para pasar aos traballadores dunha liña para outra.
A Empresa di que non ten problema en dar a lista e que o criterio é elexir aquela xente que está máis afectada polos días de ERTE. A Empresa engade que con isto pretende minimizar o impacto das futuras baixadas de produción.
O Comité pregunta se a liña 2 iría a velocidades diferentes na mañá e na tarde.
A Empresa resposta que podería ir a velocidades diferentes.
O Comité pregunta se esta quenda B podería saír antes ca PSA.
A Empresa resposta que non sairía antes ca PSA.
O Comité solicita que non se misturen temas, é dicir, que primeiro hai que solucionar a situación dos traballadores da liña 2 e logo outro tema sería que a Empresa quixera flexibilidade para a quenda B da liña 2.
A Empresa di que pasar xente da liña 2 a 1 ten un custe, e que para facer isto precisan retirar os reforzos das liñas 1, 2 e loxística e, ademáis, aumentar as horas complementarias para os traballadores eventuais de 880 horas da quenda B. Se se reduce o absentismo na liña 1  a xente que non estivese cubrindo o mesmo estaría de reforzo. Así mesmo comenta que outra solución sería mover operarios da liña 1 á 2 para poder facer sitio para os traballadores da liña 2 e reequilibrar así os días de ERE entre ambos colectivos.
O Comité pregunta que sucedería se non hai acordo.
A Empresa resposta que as persoas que iniciaron a súa formación na liña 1 quedarán na mesma, pero o resto continuará do mesmo xeito, valorando a posibilidade dun ERTE por días e horas para o 2015.
O Comité fala de que é moi aventurado falar sen un calendario para o ano que vén.
A Empresa di que fala segundo as previsións comerciais.
O Comité di que segundo o lido na prensa, dito pola representante do sindicato de empresa de PSA, é que se ía a trocar a cadencia desta liña para que traballaran máis horas na quenda B, polo que estariamos falando dun problema totalmente diferente.
Acórdase facer outra reunión para falar sobre este punto tan pronto haxa un novo calendario.
 





REUNIÓN ORDINARIA COMITÉ-EMPRESA


En Vigo, a 21 de outubro  de 2014
 

 
 
 
A Empresa comeza a reunión dando os dados de absentismo, horas extras e volumes de ADG do mes de setembro, o cal será anexado ao acta.
Volumes de produción do sistema 1
Durante o mes faranse 879 B9 e 337 M3M4 . PSA pechará a quenda de noite ás 4:03 horas
Volumes de produción do sistema 2
Traballaranse todos os días de novembro.
A semana 45 faranse 492 vehículos. PSA pechará a quenda B ás 18 horas da tarde.
A semana 46 faranse 648 vehículo/día.
A semana 47 faranse 413 vehículos/día. En PSA a quenda B traballa ata ás 18 horas, baixando a velocidade de 40 a 35 vehículos /hora.
A semana 48 faranse 560 vehículos/día.
A Empresa anuncia que entre hoxe e mañá entregarán o balanzo económico e a lista de xente afectada por días de ERE de toda a planta. Engaden que os atrasos aos ETTs que non están en activo cobraranno en novembro, xa que a lei di que ata que non estea o Convenio publicado non poden pagalo.
O Comité pregunta se os Etts que están na liña 2 están substituíndo a algunha persoa.
A Empresa contesta que a maioría está substituindo absentismo pero hai algúns que están ocupando posto, pero a súa porcentaxe depende do volume de produción.
O Comité pregunta cando se vai recuperar a produción perdida do día 16 de outubro.
A Empresa contesta que se irá recuperando na quenda de noite dende o venres 17 da semana pasada e ao longo desta semana saíndo máis tarde.
O Comité pregunta cando se lle vai regularizar a nómina aos traballadores indefinidos de ADG que levan máis dun ano como peón.
A Empresa di que este vindeiro mes, pero que xa deberon telo actualizado na pasada nómina.
O Comité pregunta cando se vai contratar por Empresa a xente que falta na quenda da noite, xa que o Convenio está publicado.
 A Empresa contesta que se contrataron 14 persoas e que o restantes comunicaranse en breve, para cumprir co Convenio.
UGT, CCOO e CGT INFORMAN

Vigo, a 17 de novembro de 2016

As seccións sindicais de UGT, CCOO e CGT queremos informar do acontecido na décimo-sétima reunión de Convenio celebrada onte, 16 de novembro, o cal facemos mediante esta octavilla onde retomamos os puntos da plataforma do Convenio que a seguir describimos:

Artigo 14.- Horarios de Traballo: Neste punto mantémonos no seu redactado para o horario de verán de oficiñas: “O periodo de realización de dito horario será do 15 de xuño ata o 30 de setembro”.

Artigo 15.- Horas extraordinarias: No que se pretende que a Empresa resposte con 48 horas por escrito á solicitude dos traballadores de disfrute das horas de descanso xeradas en horas extras.

Artigo 17.- Permisos retribuídos: A Empresa acepta este punto, ademáis dos xa aceptados anteriormente:

i) O tempo necesario para asistencia a consulta médica especialistas da Seguridade Social cando, coincidindo o horario de traballo co de consulta, se prescriba a visita médica polo médico/a de familia, debendo presentar o traballador/a o volante xustificativo da referida prescrición médica. Nos demais casos ata o límite de 22 horas por ano. Tamén polo tempo para acompañar a fillos/as menores ou familiares de primeiro grao que teñan recoñecida a condición de persoas dependentes pola Xunta de Galicia e cónxuxe embarazada para a realización das diferentes probas relacionadas co devandito estado, incluíndo estas horas na mesma bolsa de 22 horas.

Todos estes casos abranguirán, tamén, á SANIDADE PRIVADA.

Artigo 19.- Contratación temporal e a tempo parcial e Artigo 21.- Empresas de traballo temporal: Sobre este contrato, en principio, non hai acordo porque a Empresa quere que os traballadores a tempo parcial con distribución irregular da xornada de 1100 horas para a quenda do día veñan de luns a sábado, se é preciso, pero polo tipo de contrato pagaría ese hipotético sábado a prezo de hora ordinaria ou complementaria. Esta parte social entende que para poder chegar a un acordo, entre outras cousas, ademáis de limitar a contratación de Etts, tería que pagar un plus que compensase a diferenza entre o prezo de hora extraordinaria e o de hora ordinaria.

Artigo 32.- Maternidade: Este punto aínda está pendente de redacción.

Ademáis, na reunión a Empresa denegou a posibilidade de sentarse na mesa ao delegado da CUT como asesor externo por consideralo “asesor interno”, esta parte social lamenta esta decisión porque aporta o mesmo dentro que fóra.

Logo, o CSI-F conforme como son “novos actores” expoñen que: “se non se lles deixa coñecer toda a documentación e formular propostas nun tempo prudencial para podelas negociar, atoparémonos cunha xudicialización da negociación, que xa se produciu, e que retrasaría con elo a finalización da mesma con o sen acordo.” E a seguir presentaron a súa plataforma.

E, finalmente, a CIG manifesta que non vai ser asinante do Convenio, como anteriormente manifestou a CUT, pero que queren chegar a acordos en materia de saúde laboral e no resto de puntos da plataforma do Convenio.

UGT, CCOO e CGT entenden que o acordo de viabilidade xa está negociado e ratificado pola plantilla e, polo tanto, que é preciso negociar e ratificar en asemblea o articulado restante para rematar o Convenio.