WWW.ASIENTOS GALICIA CGT.TK

enero2014


REUNIÓN ORDINARIA COMITÉ - EMPRESA

En Vigo, a 20 de Xaneiro de 2014

 

A Empresa comeza a reunión dando os dados de absentismo, horas extraordinarias e volumes de produción do mes de Decembro de 2013 que son anexados ao acta.

LIÑA 1

A  liña 1 terá un volumen de produción no mes de Febreiro de 1254 coches dos cales 951 de B9 e 303 de M3M4, non hai ningún sábado nin Domingo. A quenda de noite cerrará as 04:48.

LIÑA 2

Non hai Sábados de produción na liña 2. A semán 6 se farán 640 vehículos día; a semana 7, 556 vehículos día; a semana 8 serán 640; e a semana 9 556 vehículos día.

PSA traballa na quenda de tarde 5 horas 56 minutos as semanas impares e o resto 8 horas, pero en ADG serán de 8 horas coma ata agora.

A  empresa fai entrega o Comité dos datos da bolsa de horas da quenda de noite a 31 de Decembro de 2013. Tamén fai entrega dunha carta que Faurecia entregou a COPO e o presidente do Comité de COPO facendo referencia o traslado de persoal. Tamen entrega as bases das accións formativas das AFD (Acción Formativa para Desempregados).

Tamén fai entrega a empresa dos listados dos afectados do expediente con número de días pormenorizado por persoa de 2008 a 2013, tamén o calendario de reunións ordinarias para todo o ano do Comité e empresa. Así mesmo se  fai entrega da documentación de apertura da mesa negociadora que se abrirá o 3 de Febreiro.

A empresa comenta que dará tamén un calendario para que reúna períodicamente a comisión de tempos.

A dirección confirma que hoxe se incorporaron na empresa 7 traballadores con contrato indefinido procedentes de COPO. Seis persoas irán a liña 2 e 1 a liña 1.

Se anexa toda esta documentación o acta.

O Comité pregunta polos pasos que se van dar no tema de mantenemento tal e como se especificara na acta da reunión extraordinaria do 13 de Xaneiro.

A Dirección se compromete a dar un planning cando esté confeccionado.

Pregunta tamén a parte social pola roupa de inverno de loxística.

A empresa resposta que están mirando o que teñen de stock no almacén e que se lle entregará as persoas que lles falta de forma inmediata, e comenta tamén que para o resto que xa ten roupa non lles fai falta cazadora cada ano.

O Comité raclama a roupa de inverno para todo o persoal de loxística tal e como se especifica no convenio pois xa estamos ben avanzados na temporada de frio.

A Dirección comenta que estudiará a cuestión e respostará nesta semána.

O Comité pregunta por qué  o asesor en materia de prevención vai polas liñas dicindo que non se pode falar, o cal parecelle a parte social fora de lugar.

A dirección descoñece a cuestión; se informará do tema.

O Comité pregunta pola solicitudes de vacacións dos días 2 e 3 de Xaneiro.

A Empresa resposta que a dará próximamente.

O Comité pregunta se realmente EULEN está facendo o servizo de mantenemento polo que foi contratado, pois o Domingo pola noite non estaban traballando e pregunta tamén a parte social quen é o responsable neste momento.

A Empresa comenta que están nun período de solape no que se están formando, e que o responsable é unha persoa de EULEN, ainda que a coordinación a segue a levar o responsable actual de mantenemento.

A parte social comenta tamén a paupérrima atención que se dá na Mutua onde se chegou inclusive a atención telefónica no caso dun traballador, pois non estaba a doutora nese momento, e pregunta polos pasos a seguir para reclamar pola atención.

A empresa falará cos responsables da Mutua e comentará.

Polo malestar xerado  neste tema o Comité solicita unha reunión cos responsable da Mutua para tratar sobre a atención os traballadores.





ACTA DE REUNIÓN EXTRAORDINARIA COMITÉ - EMPRESA

En Vigo, a 13 de Xaneiro de 2014



ORDE DO DÍA
: Apertura do período de consultas do ERE

 

A Empresa abre o periodo de consultas do ERE previsto para o vindeiro ano 2014 lendo e entregando a documentación presentada na administración pública, a cal, é anexada a este acta. Este periodo de consultas remata o día 27 de Xaneiro.

O calendario de reunións queda da seguinte maneira:

15 de Xaneiro as 11:00 na sala de formación

21 de Xaneiro as 11:00 na sala de formación

24 de Xaneiro as 11:00 na sala de formación



ORDE DO DÍA:

 

·         Situación de mantenimiento

·         Acraración da carga de traballo que a empresa ten que dar a COPO

·         Requerimento de inspección de 15 traballadores indefinidos

·         Contratación eventual que había que realizar polo plan de formación

·         Formación dos traballadores eventuais

·         Varios

 

A empresa comenza a reunión coa carga de traballo para o ano 2014. Hai un volumen de producción  5.7 % superior con respecto o primeiro semestre do ano 2013, cun total de 238.778 e dividido por sistemas sería de 72.000 de B78, 87.806 de B9 e 78.972 de M3M4. No mes de Marzo se entregará a carga de traballo do segundo semestre.

No sistema 2 supón facer 20.000 coches máis do que se fixeron no primeriro semestre de 2013.

No sistema 1 supón facer 20.000 coches menos de B9 e 11.000 máis de M3M4.

Con respecto os proxectos futuros non hai nada en corto e medio prazo.Descoñecemos se PSA prevee sacar un novo proxecto da B9 no que hai competencia na adxudicación.

O Comité pregunta se esa carga de traballo da para a contratación da xente de COPO que a empresa vai a contratar.

A empresa contesta que coas previsións mencionadas si hai carga para esa contratación.

O balance económico de 2013 ata que se publique non poden entregalo.

O calendario de reunión para a negociación do convenio se dará o luns 20 de Xaneiro na reunión ordinaria de Comité- Empresa.

A empresa comunica o Comité que se van a facer sete novas contratacións de persoal de COPO. O porqué se está facendo esta contratación ven motivado polo cambio técnico de insitu a tradicional con descenso de carga de traballo en COPO, co que se chegou o acordo no grupo Faurecia, que ADG contrate a ese excedente de traballadores. Con estas fases queda saldado o compromiso do grupo co persoal de COPO.

O Comité pregunta polo requerimento de inspección e as contratacións de persoal de ETT que marca o mesmo.

A empresa o vai abordar neste momento, pois a 31 de decembro non puideron.

O Comité comenta a pouca información  e participación no tema das contratacións de COPO.

A empresa vai preguntar se pode entregar o Comité a información oficial que hai con respecto a negociación que levou a contratación de xente de COPO. A idea da empresa é que o día 20 de Xaneiro estén contratados en ADG esas sete persoas.

Contratación eventual que había que realizar polo plan de formación.-

O comité solicita información sobre a xente que estivo formándose na empresa polo plan da Xunta.

A empresa resposta que contrataron a un número de traballadores pola empresa e outros prestaron servizos na ETT, e que a dirección cumpriu o plan de formación o pé da letra.

O Comité pregunta se non había que contratar un porcentaxe determinado pola empresa, e pide que se presenten os datos  e que se falará o luns na reunión ordinaria.

A empresa resposta  que o compromiso da empresa era somente a formación e que se non se contrata non recibe a subvención.

A empresa comunica que entregará a documentación de ese programa de formación.

Formación dos traballadores eventuais.-

O Comité comenta a problemática dos traballadores eventuais que non recibiron a formación  os días 2 e 3 de Xaneiro,e que nun principio iban vir.

A empresa resposta que eses días foron solicitados polos traballadores como vacacións despois de chegar a un acordo coa empresa.

O Comité solicita os formularios de solicitude de vacacións dos  traballadores que trocaron os días 2 e 3 de Xaneiro.

Situación de mantenemento.-

A empresa aposta por reforzar o servizo de mantenemento e o su obxetivo final e que toda a plantilla de ADG estea formada en mantenento e poda facer tarefas do mesmo.

Dentro da estructura de mantenemento unha parte integrará o despliegue nas liñas e outra parte vai facer tarefas de preventivo. Durante a primeira fase haberá GAP piloto nas que se formará a xente en mantenemento e nunha segunda fase os formadores se reincorporarán na liña.

O Comité pregunta se a decisión de externalizar mantenemento e do grupo Faurecia ou ben se trata de unha decisión de ADG.

A empresa resposta que é unha decisión da dirección de ADG e que non é unha externalización.

A parte social quere expresar a sua preocupación por esta decisión empresarial, pois en doce anos que este servizo foi desenrolado polo persoal de ADG non se deu ningún problema o cliente, e a partir de agora é unha incognita.

O Comité atopa un verdadeiro desperdicio, tanto en cuestión económica como humana, que uns traballadores formados ó longo de todos estes anos na parte da man de obra directa máis especializada e técnica do taller, pasen a ocupar postos por debaixo das suas capacidades.

A empresa resposta que o mantenemento seguirá facendoo a plantilla de ADG, desplegando as tarefas de mantenemento por toda a planta e a empresa externa fará mantenemento de grandes averías.

A empresa presentará o programa completo das fases de este sistema con fechas.

Varios.-

O Comité solicita de novo, como xa fixera noutra reunión anterior, a roupa de inverno para loxística pois hai persoal que non a ten.

A empresa resposta que a xente que non teña roupa, se lle dará inmediatamente e o resto se informará o Luns dos prazos.


UGT, CCOO e CGT INFORMAN

Vigo, a 17 de novembro de 2016

As seccións sindicais de UGT, CCOO e CGT queremos informar do acontecido na décimo-sétima reunión de Convenio celebrada onte, 16 de novembro, o cal facemos mediante esta octavilla onde retomamos os puntos da plataforma do Convenio que a seguir describimos:

Artigo 14.- Horarios de Traballo: Neste punto mantémonos no seu redactado para o horario de verán de oficiñas: “O periodo de realización de dito horario será do 15 de xuño ata o 30 de setembro”.

Artigo 15.- Horas extraordinarias: No que se pretende que a Empresa resposte con 48 horas por escrito á solicitude dos traballadores de disfrute das horas de descanso xeradas en horas extras.

Artigo 17.- Permisos retribuídos: A Empresa acepta este punto, ademáis dos xa aceptados anteriormente:

i) O tempo necesario para asistencia a consulta médica especialistas da Seguridade Social cando, coincidindo o horario de traballo co de consulta, se prescriba a visita médica polo médico/a de familia, debendo presentar o traballador/a o volante xustificativo da referida prescrición médica. Nos demais casos ata o límite de 22 horas por ano. Tamén polo tempo para acompañar a fillos/as menores ou familiares de primeiro grao que teñan recoñecida a condición de persoas dependentes pola Xunta de Galicia e cónxuxe embarazada para a realización das diferentes probas relacionadas co devandito estado, incluíndo estas horas na mesma bolsa de 22 horas.

Todos estes casos abranguirán, tamén, á SANIDADE PRIVADA.

Artigo 19.- Contratación temporal e a tempo parcial e Artigo 21.- Empresas de traballo temporal: Sobre este contrato, en principio, non hai acordo porque a Empresa quere que os traballadores a tempo parcial con distribución irregular da xornada de 1100 horas para a quenda do día veñan de luns a sábado, se é preciso, pero polo tipo de contrato pagaría ese hipotético sábado a prezo de hora ordinaria ou complementaria. Esta parte social entende que para poder chegar a un acordo, entre outras cousas, ademáis de limitar a contratación de Etts, tería que pagar un plus que compensase a diferenza entre o prezo de hora extraordinaria e o de hora ordinaria.

Artigo 32.- Maternidade: Este punto aínda está pendente de redacción.

Ademáis, na reunión a Empresa denegou a posibilidade de sentarse na mesa ao delegado da CUT como asesor externo por consideralo “asesor interno”, esta parte social lamenta esta decisión porque aporta o mesmo dentro que fóra.

Logo, o CSI-F conforme como son “novos actores” expoñen que: “se non se lles deixa coñecer toda a documentación e formular propostas nun tempo prudencial para podelas negociar, atoparémonos cunha xudicialización da negociación, que xa se produciu, e que retrasaría con elo a finalización da mesma con o sen acordo.” E a seguir presentaron a súa plataforma.

E, finalmente, a CIG manifesta que non vai ser asinante do Convenio, como anteriormente manifestou a CUT, pero que queren chegar a acordos en materia de saúde laboral e no resto de puntos da plataforma do Convenio.

UGT, CCOO e CGT entenden que o acordo de viabilidade xa está negociado e ratificado pola plantilla e, polo tanto, que é preciso negociar e ratificar en asemblea o articulado restante para rematar o Convenio.