WWW.ASIENTOS GALICIA CGT.TK

maio2013

RESUMO DA REUNIÓN ORDINARIA  21 DE MAIO DE 2013

 

Entrega de datos de absentismo, informe de horas extras e volúmenes do mes de Abril de 2013 que se anexan o acta.

-Liña 2.- Volúmenes do mes de xuño:

Previsión de 456 vehículos /día, dos cales:

·         Semán 23: 140 B58 e 316 B78

·         Semán 24: 130 B58 e 326 B78

·         Semán 25:   74 B58 e 382 B78

·         Semán 26:   54 B58 e  402 B78

Se traballan os Sábados  8, 15, e 22. Serán en xornadas de 8 horas.

-Liña 1.- Volúmenes do mes de Xuño:

Se fabricarán: 1278 vehículos/día : 681 B9 e 597 M3/M4.

A quenda de noite traballará  7horas e 19 minutos de Luns a Venres.

Se traballarán os Sábados  1, 8, 15, 22, 29 pola mañá en xornada de 9 horas.

Se traballarán os Sábados pola  noite:  8, 15, e 22. (Xornada de 8 horas)

Se traballarán  os Domingos  2, 9, 16, e 30. (Xornada de 8 horas)

·         A Empresa informa que o servizo de vending, limpeza e carton están advertidos para traballar o Sábado mañá e noite. Haberá un ATS 4 horas pola mañá e 4 horas pola noite estes Sábados.

·         A Empresa informa que nos dará data para a reunión da comisión paritaria de seguimento do convenio mañan Mercores 22 de Maio.

·         A empresa nos informa que nos dará mañan o listado de horas extras que o Comité solicitou.

·         O Comité pregunta se ante o incremento do volume de fabricación do B78 vaise incrementar a contratación para esa liña.

·         A Empresa resposta que o volumen de persoas que hai na liña é a estructura para traballar a unha velocidade, a día de hoxe, de 34 vehículos/ hora, só de B78.

·         Comité entende que a carga de traballo do B78 e superior a carga do B58 e por isto pregunta se se vai a traballar no B78 cos tempos do B58.

·         A Empresa resposta que o B78 se traballa co tempo do B78.

·         Comité considera que a Empresa non conta con nos para a medición de tempos.

·         Os tempos foron tomados por técnicos en Francia, resposta a Empresa.

·         A Empresa nos comunica que nos convocará a semán que ven a unha reunión da comisión paritaria de tempos.

·         Pregunta o Comité cantos traballadores se formaron por medio da  Xunta e cantos de eles foron contratados.

·         O Comité pregunta cantos traballadores van a traballar os Sábados pola noite, cantos por ETT e cantos pola Empresa.

·         A Empresa respostará mañán.



REUNIÓN 13 DE MAIO DE 2013

 

Seguindo a orde do día:

INFORMACIÓN SOBRE AS NEGOCIACIONS DE COPO:

·         A empresa nos di que a negociación segue aberta e que polo tanto, ata que esta se peche non nos poderá informar.

·         Comité pregunta cando finalizará a negociación.

·         A Empresa resposta que para mediados de Xuño, probablemente.

·         Comité insiste en coñecer sobre que parámetros se está negociando e si se nos informará con antelación suficiente.

·         A Empresa dí que se nos informará con antelación e que se están tendo en conta as peticións do Comité.

QUENDA DO SÁBADO NOITE

·         A quenda estará composta, según a empresa, con ETTs, supervisores, LG, pilotos, mantenimiento, calidad de Faurecia ós que se lles pagará, mentras dure esta quenda, ó valor da hora de Domingo noite a tempo completo. Segundo a Empresa é unha quenda temporal. O persoal de Faurecia que veña será de carácter voluntario.

·         Comité pregunta que ocurrirá no caso de que esta voluntariedade non fose cuberta.

·         A empresa resposta que se buscarán fórmulas para cubrir estes postos.

·         Comité pregunta como se lles pagará ós ETTs.

·         A Empresa resposta que se lles pagará según a lexislación vixente.

·         Comité pregunta como se cubrirá o servizo médico, limpeza e máquinas  da cafetería en esta quenda.

·         A empresa resposta que virá o persoal necesario para o correcto funcionamento destes servizos na quenda.

·         O Comité sinala que o persoal que ven a traballar o Sábado pola noite se atopará con que o Venres traballaría pola  tarde, o Sábado pola noite e o Luns seguinte pola mañá afectando ó descanso.

·         A Empresa resposta que buscará non sobrecargar a este persoal.

DOCUMENTACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN COA XUNTA DE GALICIA

·         A Empresa fai entrega desta documentación.

PLAN DE COLABORACIÓN EN MATERIA DE SAUDE LABORAL CON RAMSTAD

·         A Empresa fai entrega desta documentación que se anexará ó acta.

CRITERIO A SEGUIR PARA ASISTIR OS SÁBADOS NA QUENDA DE MAÑÁ

·         Criterio de saude para aquelas persoas que lles sea desaconsellado traballar un sexto día.

·         Traballadores que voluntariamente non queiran  vir.

·         Equilibrio de horas extras e rotación seguindo o criterio de igualdade de oportunidades para todos os traballadores.

·         Comité pregunta quen desaconsella, según o criterio de saude, o non vir o Sábado de mañá a traballar.

·         A Empresa resposta que esto o dirá o servizo médico da empresa.

HORAS EXTRAS POR TRABALLADOR

·         A Empresa dí que non nolas pode dar pola lei de tratamento de protección de datos.

·         Comité lembralle a Empresa un requerimento da inspección ó respecto.

·         A Empresa resposta que si legalmente o ten que dar así o fará.

·         Preguntaselle a Empresa que decisión tomou sobre os días que non se traballaron na quenda de noite con fecha  12 e 13 de Marzo.

·         A resposta da Empresa é que se reafirma no dito na acta do 16 de Abril de 2013.

·         Comité se reitera no seu criterio de que esa semán sería de 6 días laborais  e, polo tanto, o sexto día xera exceso, mais  en ningún caso 4 días traballados e dous a conta do traballador.

·         Por iso, se considera trasladar este asunto á comisión paritaria de seguemento do convenio.
 

UGT, CCOO e CGT INFORMAN

Vigo, a 17 de novembro de 2016

As seccións sindicais de UGT, CCOO e CGT queremos informar do acontecido na décimo-sétima reunión de Convenio celebrada onte, 16 de novembro, o cal facemos mediante esta octavilla onde retomamos os puntos da plataforma do Convenio que a seguir describimos:

Artigo 14.- Horarios de Traballo: Neste punto mantémonos no seu redactado para o horario de verán de oficiñas: “O periodo de realización de dito horario será do 15 de xuño ata o 30 de setembro”.

Artigo 15.- Horas extraordinarias: No que se pretende que a Empresa resposte con 48 horas por escrito á solicitude dos traballadores de disfrute das horas de descanso xeradas en horas extras.

Artigo 17.- Permisos retribuídos: A Empresa acepta este punto, ademáis dos xa aceptados anteriormente:

i) O tempo necesario para asistencia a consulta médica especialistas da Seguridade Social cando, coincidindo o horario de traballo co de consulta, se prescriba a visita médica polo médico/a de familia, debendo presentar o traballador/a o volante xustificativo da referida prescrición médica. Nos demais casos ata o límite de 22 horas por ano. Tamén polo tempo para acompañar a fillos/as menores ou familiares de primeiro grao que teñan recoñecida a condición de persoas dependentes pola Xunta de Galicia e cónxuxe embarazada para a realización das diferentes probas relacionadas co devandito estado, incluíndo estas horas na mesma bolsa de 22 horas.

Todos estes casos abranguirán, tamén, á SANIDADE PRIVADA.

Artigo 19.- Contratación temporal e a tempo parcial e Artigo 21.- Empresas de traballo temporal: Sobre este contrato, en principio, non hai acordo porque a Empresa quere que os traballadores a tempo parcial con distribución irregular da xornada de 1100 horas para a quenda do día veñan de luns a sábado, se é preciso, pero polo tipo de contrato pagaría ese hipotético sábado a prezo de hora ordinaria ou complementaria. Esta parte social entende que para poder chegar a un acordo, entre outras cousas, ademáis de limitar a contratación de Etts, tería que pagar un plus que compensase a diferenza entre o prezo de hora extraordinaria e o de hora ordinaria.

Artigo 32.- Maternidade: Este punto aínda está pendente de redacción.

Ademáis, na reunión a Empresa denegou a posibilidade de sentarse na mesa ao delegado da CUT como asesor externo por consideralo “asesor interno”, esta parte social lamenta esta decisión porque aporta o mesmo dentro que fóra.

Logo, o CSI-F conforme como son “novos actores” expoñen que: “se non se lles deixa coñecer toda a documentación e formular propostas nun tempo prudencial para podelas negociar, atoparémonos cunha xudicialización da negociación, que xa se produciu, e que retrasaría con elo a finalización da mesma con o sen acordo.” E a seguir presentaron a súa plataforma.

E, finalmente, a CIG manifesta que non vai ser asinante do Convenio, como anteriormente manifestou a CUT, pero que queren chegar a acordos en materia de saúde laboral e no resto de puntos da plataforma do Convenio.

UGT, CCOO e CGT entenden que o acordo de viabilidade xa está negociado e ratificado pola plantilla e, polo tanto, que é preciso negociar e ratificar en asemblea o articulado restante para rematar o Convenio.