enero2013
REUNIÓN XANEIRO 2013
A Empresa comeza dando os dados de absentismo, horas extras e volumes de produción do mes de decembro de 2012 que son anexados ao acta.
SISTEMA 1
O mes de febreiro faranse 1290 vehículos, dos cales 837 son B9 e 453 M3/M4. A quenda da noite pecha ás 5:28h ás 4 semanas. Tamén anuncian que se traballará os domingos 10, 17 e 24 de febreiro co mesmo horario que pola semán.
SISTEMA 2
A semana 6 faranse 460 vehículos, dos cales 24 son de B78. Na semana 7 faranse 349 vehículos, dos cales 24 son B78. A semana 8 son 460, dos cales 27 son B78. A semana 9 faranse 349 vehículos , dos cales 40 son B78. No calendario de PSA o 1 de marzo aparece como día de adecuación. Os días 18 e 25 de xaneiro e 1 de febreiro, anteriormente comunicados, manteñense.
A seguir, a Empresa comunica que xa é oficial o IPC do ano pasado, un 2.9%, e que ían a actualizar as táboas salariais, para o cal, instarán ao comité para cotexalas. Tamén convocan a Comisión paritaria de seguemento de Convenio para o 24 de xaneiro ás 11h. Tamén respostan a unha pregunta que se lle fixera sobre o pago das nóminas das empregadas da limpeza que cobraban con atraso, ao que din que cobraron o día 4 en lugar do día 3 de decembro.
O Comité, a isto último, di que cobraron a paga extra en xaneiro e insta á Empresa a que investigue ou averigüe o número de horas que fan os camioneiros que traballan en CIL.
O Comité tamén insta á Empresa a que calquera anuncio que teña que facer sexa chamando a unha representación de cada unha das seccións sindicais que hai na planta.
A Empresa contesta que chamou a 4 persoas para dicirlles que dentro dun conflicto na Empresa COPO, un dos puntos é a recolocación de traballadores nesta Planta. Comentan que saben que houbo onte unha reunión pero que non saben que aconteceu na mesma.
O Comité di que a día de hoxe non ten sentido que a Empresa presente un ERE cun ano de duración e que agora se vaia contratar persoal e pregunta se van a entrar ou non.
A Empresa resposta que parece que si, pero que de momento non teñen información para dar ao Comité.
O Comité pregunta se non saben nada como é que onte informaron a unha representación do Comité para darlle dados máis concretos.
A Empresa contesta que chamou a catro señores, pero non lles deu máis información da aquí comentada.
O Comité pregunta cando entraría este persoal e para cando estará o 100% da produción do B78.
A Empresa resposta que entrarían en xullo e que o B78 estará cunha subida en cadencia e cunha estimación de 500 vehículos/día.
O Comité fala do tema xa mencionado en anteriores reunións sobre o de que os ETT´s da noite contrátanse por unha semana e logo están un día ou dous.
A Empresa di que isto non é habitual e que sucedeu nalgunhas ocasións e que se alguén ten algún problema que o comunique e non se lle contrata por pouco tempo, e que é totalmente legal, pero que o voltará a preguntar.
O Comité insiste en que isto xera un problema para as persoas que o sofren e que segundo o artigo 30 do Estatuto dos traballadores a Empresa ten que pagar o salario polo tempo contratado. Por isto o Comité estudará o tema xurídicamente e tomará as medidas que estime oportunas.
O Comité avisa que dentro de pouco vaise incumprir o Convenio ao respecto dos descansos da noite e que non entende que a día de hoxe non haxa aínda un cuadrante para ditos descansos.
A Empresa di que o está analizando.
O Comité pregunta se vai haber descansos.
A Empresa di que si vai haber descansos.
O Comité di cando vai ter resposta de como van ser os descansos.
A Empresa resposta que para a semana que vén.
O Comité di que a Empresa está incumprindo o artido 15.4 do Convenio no referente ás horas extraordinarias e a igualdade á hora de realizalas, polo que vai estudar denunciar este tema.
O Comité pídelle que cando haxa anomalías nas nóminas, como este mes na liña 2, que faga notas acraratorías xunto coa nómina para que a xente saiba o que se lle desconta.