WWW.ASIENTOS GALICIA CGT.TK

septembro

RESUMO DA REUNIÓN MANTIDA O 18 DE SETEMBRO DE 2012 ENTRE O COMITÉ E A EMPRESA


 A reunión comeza coa Empresa explicando os dados de absentismo, horas extras e volumes de producción dos meses de agosto e xullo.A continuación a Dirección explica as previsións para o sistema 1 e sistema 2 para os vindeiros meses de setembro e outubro:

SISTEMA 1
 En setembro traballarase o sábado 22 de 9 horas.
Para mes de outubro non hai sabados, e traballaranse os domingos 7 e  14 de 8 horas. Hai un dia de adecuación, o venres 5 de outubro. A semana 44 non se traballa, do 29 de outubro ata o 2 de novembro, tamén de adecuación, e excluindo o dia 1 de novembro por ser festivo.En semana 40 ao 41 produciranse 53 vehiculos/hora; e na semana 42 e 43 a produción será de 62 vehículos/hora, manténdose a mesmaen novembro.
Na semana 40 a noite pecharase sobre as 4 h da mañá. Na semana 41 a noite pecharase ás 5:45h; Na semana 42 e 43 pecharase sobre as 5h. Este horario é indicativo e os supervisores ao inico de quenda informarán sobre a hora de saída.

Na semana 40 a produción será de 1025 vehículos/dia, dos cales son 917 B9 e 108 M3/M4; Na semana 41 será de 1104 vehículos/dia, dos cales son 900 B9 e 204 M3/M4; Na semana 42 sube a 1184 vehículos/dia, dos cales son  980 B9 e 204 M3/M4; Na semana 43 faranse 1184 vehículos/dia, dos cales son 936 B9 e 248 M3/M4.
O Comité pregunta á Empresa como se vai reforzar a subida de produción.
A Empresa resposta que na nova velocidade N máis 2 haberá 2 persoas máis por liña.

SISTEMA 2
O volume será de 460 vehículos/dia. Traballarase o sábado 22 de setembro a 9 horas. No resto de setembro non hai ningunha mención máis.
En outubro vóltase a situacións que se daban previamente; Na semana 40 a produción será de  458 vehículos/dia a xornada completa de tarde e mañá; A semana 41 a produción será de 357 vehículos/dia a xornada será completa pola mañá e no serán ainda que PSA traballa 4 horas e 20 minutos, a Empresa manterá o compromiso de que os operarios traballen 8 horas para todos os operarios do B-58; A semana 42 será de 460 vehículos/dia a xornada completa de mañá e tarde; Na semana 43 produciranse 359 vehículos/dia e farase igual que na semana 41.

Hai días de adecuación de xornada en outubro, en concreto os días: 4, 5, 11, 18, 19, 25 e 26; e na semana 44, do 29 de outubro ao 2 de novembro, excluíndo o festivo.

No B78 na semana 40  comezarase a facer 1 vehiculo/dia e na semana 43 faranse 3 vehiculos/dia.

A continuación o Comité pídelle que entregue unha nota acraratoria de canto ten que cobrar cada persoa na súa paga variabel de absentismo.

A Empresa resposta que na vindeira nómina virá unha acraración, separando o do ano 2011 do 2012, e que se alguén queda con alguna dúbida pode subir a preguntar.

 
A seguir o Comité pregúntalle á Empresa polo “método” do M3/M4 e manifesta que se debían comezar a facer as probas con anterioridade para adaptarse a nova velocidade da liña.

A Empresa resposta que se fixeron 9 probas pero que non puideron facer máis porque non había suficiente volume de produción para realizalas.

 
O Comité denuncia o problema que hai coa mobilidade con algúns compañeiros do Sistema 1 que nun mesmo dia trocan de liña e posto en numerosas ocasións, cos prexuizos e trastornos que estes trocos ocasionan (rotacións incompletas, repeticións de postos, etc).

A Empresa respostou que se comprometía a estudalo.

O Comité plantexa o problema que hai no relativo á planificación e contratación dos ETTs, poñendo como exemplo varios casos puntuais, como os das coaccións que reciben os traballadores e traballadoras da ETT para que non fagan uso das licenzas que lle corresponden con frases como: “ti verás”; “valórao”; “…se non vés teño que poñer a outro no teu sitio e non sei cando voltarás…”

A Empresa ficou sorprendida e comprometeuse a estudalo.


UGT, CCOO e CGT INFORMAN

Vigo, a 17 de novembro de 2016

As seccións sindicais de UGT, CCOO e CGT queremos informar do acontecido na décimo-sétima reunión de Convenio celebrada onte, 16 de novembro, o cal facemos mediante esta octavilla onde retomamos os puntos da plataforma do Convenio que a seguir describimos:

Artigo 14.- Horarios de Traballo: Neste punto mantémonos no seu redactado para o horario de verán de oficiñas: “O periodo de realización de dito horario será do 15 de xuño ata o 30 de setembro”.

Artigo 15.- Horas extraordinarias: No que se pretende que a Empresa resposte con 48 horas por escrito á solicitude dos traballadores de disfrute das horas de descanso xeradas en horas extras.

Artigo 17.- Permisos retribuídos: A Empresa acepta este punto, ademáis dos xa aceptados anteriormente:

i) O tempo necesario para asistencia a consulta médica especialistas da Seguridade Social cando, coincidindo o horario de traballo co de consulta, se prescriba a visita médica polo médico/a de familia, debendo presentar o traballador/a o volante xustificativo da referida prescrición médica. Nos demais casos ata o límite de 22 horas por ano. Tamén polo tempo para acompañar a fillos/as menores ou familiares de primeiro grao que teñan recoñecida a condición de persoas dependentes pola Xunta de Galicia e cónxuxe embarazada para a realización das diferentes probas relacionadas co devandito estado, incluíndo estas horas na mesma bolsa de 22 horas.

Todos estes casos abranguirán, tamén, á SANIDADE PRIVADA.

Artigo 19.- Contratación temporal e a tempo parcial e Artigo 21.- Empresas de traballo temporal: Sobre este contrato, en principio, non hai acordo porque a Empresa quere que os traballadores a tempo parcial con distribución irregular da xornada de 1100 horas para a quenda do día veñan de luns a sábado, se é preciso, pero polo tipo de contrato pagaría ese hipotético sábado a prezo de hora ordinaria ou complementaria. Esta parte social entende que para poder chegar a un acordo, entre outras cousas, ademáis de limitar a contratación de Etts, tería que pagar un plus que compensase a diferenza entre o prezo de hora extraordinaria e o de hora ordinaria.

Artigo 32.- Maternidade: Este punto aínda está pendente de redacción.

Ademáis, na reunión a Empresa denegou a posibilidade de sentarse na mesa ao delegado da CUT como asesor externo por consideralo “asesor interno”, esta parte social lamenta esta decisión porque aporta o mesmo dentro que fóra.

Logo, o CSI-F conforme como son “novos actores” expoñen que: “se non se lles deixa coñecer toda a documentación e formular propostas nun tempo prudencial para podelas negociar, atoparémonos cunha xudicialización da negociación, que xa se produciu, e que retrasaría con elo a finalización da mesma con o sen acordo.” E a seguir presentaron a súa plataforma.

E, finalmente, a CIG manifesta que non vai ser asinante do Convenio, como anteriormente manifestou a CUT, pero que queren chegar a acordos en materia de saúde laboral e no resto de puntos da plataforma do Convenio.

UGT, CCOO e CGT entenden que o acordo de viabilidade xa está negociado e ratificado pola plantilla e, polo tanto, que é preciso negociar e ratificar en asemblea o articulado restante para rematar o Convenio.