WWW.ASIENTOS GALICIA CGT.TK

outubro

Resumo da reunión entre o Comité e a Empresa de Outubro

 

 

 

A Empresa comeza a reunión presentando o Plan  de Mobilidade e Seguridade Vial de ADG. A seguir preséntase os datos de absentismo, Horas Extras e Volumes de traballo do mes de setembro, a cal é anexada ao acta.

O Comité solicitalle á Empresa que na vindeira reunión ordinaria as horas extras dos sábados veñan separadas das que se fan pola semana.

A Empresa accede a dita petición e presenta a continuación os datos de produción da planta:

 

NOVEMBRO SISTEMA 1:

 SEMANA 45: 1196 vehiculos/dia, dos cales 876 son do B9 e 320 do M3/M4.

SEMANA 46: 1265 vehiculos/dia, dos cales 945 son B9 e 320 son M3/M4.

SEMANA 47: 1265 vehiculos/dia, dos cales 868 son do B9 e 397 do M3/M4.

SEMANA 48: 1265 vehiculos/dia, dos cales 828 son do B9 e 437 do M3/M4, que sería o final da subida de cadencia do M3/M4.

Todo o mes de novembro PSA vai pechar ás 5h e non hai nin sábados nin domingos.

NOVEMBRO SISTEMA 2:

Neste mes seguirase producindo igual que no mes de outubro.

SEMANA 45: 345 vehiculos/dia

SEMANA 46: 448 vehiculos/dia

SEMANA 47: 345 vehiculos/dia

SEMANA 48: 448 vehiculos/dia

En todo este mes vanse facer 5 vehiculos/dia do B78.

Os dias de adecuación de xornada de PSA para o mes de novembro para o sistema 2 son o 8, 9, 16, 22, 23 e 30 do mesmo.

A seguir preséntase a subida de cadencia de Loxística: A Empresa explica que se incrementan 4 operarios por quenda e como se vai dividir o total do traballo entre o total de efectivos.

O Comité pregunta se as gamas de loxística van ser definitivas.

A Empresa contesta que non, pero que todas as modificacións son feitas coa colaboración dos operarios.

O Comité manifesta a sua disconformidade co xeito de proceder da Empresa ao respecto de que se fagan as probas antes de presentarlle as gamas ao Comité.

A Empresa dálle a razón ao Comité.

O Comité denuncia que os operarios asumen todo o traballo a máis neste lapso de tempo entre que comezan as probas dunha nova velocidade ata que a velocidade queda totalmente instituída.

O Comité pregunta se se están dando formación aos operarios de loxística para traballar a dita configuración.

A Empresa respostou que están tentando formar aos traballadores na medida do posíbel.

O Comité denuncia que nas probas de Loxística houbo varios problemas ao respecto da Saúde Laboral por falta de organización e que isto non debe suceder máis.

A Empresa explica a instauración da nova velocidade no B9, de como comezaron a traballar con gamas bases para poder chegar a ter a gama case definitiva para a velocidade de 62 para o dia 17 de outubro. Isto foi acompañado de modificacións nos dinámicos das liñas.  Esta semana rematarase coa configuración de 62 e para a semana que vén comezaran a traballar coa nova configuración de 66. Tamén coméntase que próximamente farase unhas probas a 66 nas tres quendas, e que esta velocidade será para recuperación puntual de produción.

O Comité pregúntalle cando fixo a primeira gama base.

A Empresa contesta que a primeira gama base de traballo fíxoa a terceira semana de setembro e que van entregar a definitiva mañá dia 17 de outubro.

O Comité dille a Empresa que non se pode traballar sen unha gama avaliada ergonómicamente previamente.

A Empresa contesta que non se pode avaliar se non se traballa primeiro.

O Comité solicita reforzos de operarios para evitar lesións nos mesmos ata que a nova velocidade non estea ben asentada e avaliada ergonómicamente.

A Empresa di que a velocidade de 62 vehiculos/hora está totalmente feita e validada e que as probas a 66 vehiculos/dia serán de dúas horas.

O Comité pregunta se haberá configuración N-1.

A Empresa resposta que máis adiante poderá haber esta configuración pero de momento non están traballando nelo.

No SISTEMA 2 en canto á instauración do B78 seguirá facendo probas e contando coa presencia do Comité de Saúde e o Comité.

A Empresa di que a documentación que se lle pediu rematarase de entregar nesta semana.

O Comité dille á Empresa que ademáis de representantes dos traballadores de ADG tamén son representantes de todos os operarios de Empresas que traballan para a nosa internamente, xa que, ao parecer, os traballadores de CYL traballan máis horas das debidas e non cobran por elas; así como que as traballadoras da limpeza non están percibindo o seu salario con regularidade; e se lle pide a Empresa que investigue este tema.

A Empresa vaise informar en que situación están estas empresas.

O Comité pídelle á Empresa que axilice os trámites para que o INEM pague o dia dez do vindeiro mes.

A Empresa asegurará o proceso para asegurar que os traballadores cobren correctamente.
UGT, CCOO e CGT INFORMAN

Vigo, a 17 de novembro de 2016

As seccións sindicais de UGT, CCOO e CGT queremos informar do acontecido na décimo-sétima reunión de Convenio celebrada onte, 16 de novembro, o cal facemos mediante esta octavilla onde retomamos os puntos da plataforma do Convenio que a seguir describimos:

Artigo 14.- Horarios de Traballo: Neste punto mantémonos no seu redactado para o horario de verán de oficiñas: “O periodo de realización de dito horario será do 15 de xuño ata o 30 de setembro”.

Artigo 15.- Horas extraordinarias: No que se pretende que a Empresa resposte con 48 horas por escrito á solicitude dos traballadores de disfrute das horas de descanso xeradas en horas extras.

Artigo 17.- Permisos retribuídos: A Empresa acepta este punto, ademáis dos xa aceptados anteriormente:

i) O tempo necesario para asistencia a consulta médica especialistas da Seguridade Social cando, coincidindo o horario de traballo co de consulta, se prescriba a visita médica polo médico/a de familia, debendo presentar o traballador/a o volante xustificativo da referida prescrición médica. Nos demais casos ata o límite de 22 horas por ano. Tamén polo tempo para acompañar a fillos/as menores ou familiares de primeiro grao que teñan recoñecida a condición de persoas dependentes pola Xunta de Galicia e cónxuxe embarazada para a realización das diferentes probas relacionadas co devandito estado, incluíndo estas horas na mesma bolsa de 22 horas.

Todos estes casos abranguirán, tamén, á SANIDADE PRIVADA.

Artigo 19.- Contratación temporal e a tempo parcial e Artigo 21.- Empresas de traballo temporal: Sobre este contrato, en principio, non hai acordo porque a Empresa quere que os traballadores a tempo parcial con distribución irregular da xornada de 1100 horas para a quenda do día veñan de luns a sábado, se é preciso, pero polo tipo de contrato pagaría ese hipotético sábado a prezo de hora ordinaria ou complementaria. Esta parte social entende que para poder chegar a un acordo, entre outras cousas, ademáis de limitar a contratación de Etts, tería que pagar un plus que compensase a diferenza entre o prezo de hora extraordinaria e o de hora ordinaria.

Artigo 32.- Maternidade: Este punto aínda está pendente de redacción.

Ademáis, na reunión a Empresa denegou a posibilidade de sentarse na mesa ao delegado da CUT como asesor externo por consideralo “asesor interno”, esta parte social lamenta esta decisión porque aporta o mesmo dentro que fóra.

Logo, o CSI-F conforme como son “novos actores” expoñen que: “se non se lles deixa coñecer toda a documentación e formular propostas nun tempo prudencial para podelas negociar, atoparémonos cunha xudicialización da negociación, que xa se produciu, e que retrasaría con elo a finalización da mesma con o sen acordo.” E a seguir presentaron a súa plataforma.

E, finalmente, a CIG manifesta que non vai ser asinante do Convenio, como anteriormente manifestou a CUT, pero que queren chegar a acordos en materia de saúde laboral e no resto de puntos da plataforma do Convenio.

UGT, CCOO e CGT entenden que o acordo de viabilidade xa está negociado e ratificado pola plantilla e, polo tanto, que é preciso negociar e ratificar en asemblea o articulado restante para rematar o Convenio.