WWW.ASIENTOS GALICIA CGT.TK

novembro

Reunión Comité Empresa Novembro

 

A Empresa comeza a reunión dando os datos de absentismo, horas extraordinarias e volumes de produción de ADG correspondentes ao mes de outubro de 2012 que son anexadas ao acta.

Produción Liña 1

En novembro vaise traballar o domingo 25 A 8 horas e na semana 48 PSA vai a alongar a quenda 25 minutos polo que a quenda de noite sairá as 5:25.

En decembro vaise traballar o sábado 1 de 9 horas, ademáis do sábado 15 ainda sen confirmar o número de horas. Nesta semana vanse facer 409 vehículos/dia de M3/M4 e 456 vehículos/dia de B9; que en total son 1265 vehículos/dia. Esta cadencia manterase o primeiro semestre do 2013.

No resto de decembro faranse 392 vehículos/dia de M3M4 e 832 vehículos/dia de B9, que fan un total de 1224 vehículos/dia. A quenda da noite de PSA pechará ás 4h 20´.

O dia 20 de decembro é o derradeiro dia laboral do ano e traballarase o dia 7 de decembro.

Produción Liña 2

En decembro de B58 na semana 49 faranse 345 vehículos/dia; na semana 50 faranse 448 vehículos/dia; na semana 51 faranse 345 vehículos/dia. Do B78 faranse 10 vehículos/dia.

Dias de adecuación : 7 e 14 de decembro.

A Empresa fai entrega dun documento cos nomes que formarán parte das diferentes Comisións por parte da mesma que se anexa ao acta.

O dia 22 de novembro convocan aos delegados de prevención ás 16h e de ser preciso a unha segunda reunión o dia 28, tamén de novembro, para tratar o plan de mobilidade.

O dia 29 de novembro  ás 11h convocan ao Comité para a apertura do periodo de consultas para un próximo  ERE.

O Comité pregunta por unha documentación que se pediu o 7 de novembro, ao que a Empresa resposta que a entregará o vindeiro xoves.

O Comité pregunta cando vai ser a próxima reunión da Comisión de Igualdade, xa que a Inspección dixo que tiña que ser en outubro.

A Empresa comprométese a convocala antes de final de ano.

O Comité pregunta pola formación en traseiros do B9 que xa non é de dúas semanas para o M3M4.

A Empresa resposta que os asentos de M3/M4 teñen menos contido de traballo para aprender, polo que precisan menos días de formación: 2 para descubrir o producto e 5 para dar a cadencia.

O Comité expresa a súa disconformidade cunha decisión que consideran unilateral e que non contou coa aceptación da parte social, e todo, co agravante de ter esta liña uns estudos ergonómicos moi adversos.

A Empresa resposta que a formación é a que considera e que está comezando un plan de acción para mellorar a ergonomía.

O Comité pide maior participación tanto nos temas de formación coma nos temas de ergonomía e saúde.

A Empresa di que toma nota e que dará maior participación aos delegados de prevención.

O Comité pregunta canto aumenta a formación en dianteiros polo M3/M4.

A Empresa aumenta a formación en dianteiros a 13 dias en liña máis 2 dias de formación teórica fóra da liña.

O Comité pregunta se está definido o plan de formación, é dicir, que hai que facer en cada dia de formación.

A Empresa resposta que si, que está perfectamente definido o que hai que facer en cada etapa.

O Comité solicita adiantar as reunións coa Empresa unha hora antes porque en certas ocasións queda escaso o tempo.

A Empresa tentará facer o posíbel.

O Comité denuncia que a Empresa vulnerou o dereito de folga ao contratar Ett´s, así coma a realización de horas extraordinarias e trocos de quenda.

A Empresa resposta que ten a necesidade imperiosa de non parar ao cliente polo que tomaron decisións moi meditadas para non facelo.

O Comité pregunta polo rumor de que esta empresa vaia contratar a empregados de COPO IBÉRICA,  ao que a Dirección resposta que non ten coñecemento deste tema.

UGT, CCOO e CGT INFORMAN

Vigo, a 17 de novembro de 2016

As seccións sindicais de UGT, CCOO e CGT queremos informar do acontecido na décimo-sétima reunión de Convenio celebrada onte, 16 de novembro, o cal facemos mediante esta octavilla onde retomamos os puntos da plataforma do Convenio que a seguir describimos:

Artigo 14.- Horarios de Traballo: Neste punto mantémonos no seu redactado para o horario de verán de oficiñas: “O periodo de realización de dito horario será do 15 de xuño ata o 30 de setembro”.

Artigo 15.- Horas extraordinarias: No que se pretende que a Empresa resposte con 48 horas por escrito á solicitude dos traballadores de disfrute das horas de descanso xeradas en horas extras.

Artigo 17.- Permisos retribuídos: A Empresa acepta este punto, ademáis dos xa aceptados anteriormente:

i) O tempo necesario para asistencia a consulta médica especialistas da Seguridade Social cando, coincidindo o horario de traballo co de consulta, se prescriba a visita médica polo médico/a de familia, debendo presentar o traballador/a o volante xustificativo da referida prescrición médica. Nos demais casos ata o límite de 22 horas por ano. Tamén polo tempo para acompañar a fillos/as menores ou familiares de primeiro grao que teñan recoñecida a condición de persoas dependentes pola Xunta de Galicia e cónxuxe embarazada para a realización das diferentes probas relacionadas co devandito estado, incluíndo estas horas na mesma bolsa de 22 horas.

Todos estes casos abranguirán, tamén, á SANIDADE PRIVADA.

Artigo 19.- Contratación temporal e a tempo parcial e Artigo 21.- Empresas de traballo temporal: Sobre este contrato, en principio, non hai acordo porque a Empresa quere que os traballadores a tempo parcial con distribución irregular da xornada de 1100 horas para a quenda do día veñan de luns a sábado, se é preciso, pero polo tipo de contrato pagaría ese hipotético sábado a prezo de hora ordinaria ou complementaria. Esta parte social entende que para poder chegar a un acordo, entre outras cousas, ademáis de limitar a contratación de Etts, tería que pagar un plus que compensase a diferenza entre o prezo de hora extraordinaria e o de hora ordinaria.

Artigo 32.- Maternidade: Este punto aínda está pendente de redacción.

Ademáis, na reunión a Empresa denegou a posibilidade de sentarse na mesa ao delegado da CUT como asesor externo por consideralo “asesor interno”, esta parte social lamenta esta decisión porque aporta o mesmo dentro que fóra.

Logo, o CSI-F conforme como son “novos actores” expoñen que: “se non se lles deixa coñecer toda a documentación e formular propostas nun tempo prudencial para podelas negociar, atoparémonos cunha xudicialización da negociación, que xa se produciu, e que retrasaría con elo a finalización da mesma con o sen acordo.” E a seguir presentaron a súa plataforma.

E, finalmente, a CIG manifesta que non vai ser asinante do Convenio, como anteriormente manifestou a CUT, pero que queren chegar a acordos en materia de saúde laboral e no resto de puntos da plataforma do Convenio.

UGT, CCOO e CGT entenden que o acordo de viabilidade xa está negociado e ratificado pola plantilla e, polo tanto, que é preciso negociar e ratificar en asemblea o articulado restante para rematar o Convenio.