WWW.ASIENTOS GALICIA CGT.TK

febrero2013


ACTA DE REUNIÓN ORDINARIA COMITÉ-EMPRESA
En Vigo, a 18 de febreiro de 2013
 
A Empresa comeza a reunión presentando os datos de absentismo, horas extraordinarias e volumes de produción do mes de xaneiro que son anexados ao acta.
SISTEMA 1
O mes de marzo faranse 1263 vehículos/dia, dos cales 782 son B9 e 481 son M3/M4. A quenda da noite pechará sobre ás 5:15h.
Traballaranse os sabados 9, 16 e 23 de marzo a 9 horas e o domingo 10 e 17 a 8 horas.
SISTEMA 2
A semana 10 faranse 460 vehículos/dia, dos cales 40 son de B78. Na semana 11 faranse 356 vehículos/dia, dos cales 40 son B78. A semana 12 son 460 vehículos/dia, dos cales 40 son B78. A semana 13 faranse 356 vehículos/dia, dos cales 40 son B78.
A empresa comunica que PSA parará ás 6:25h do serán e que o derradeiro dia de parada que hai previsto para a liña 2 será o 1 de marzo.
A modo informativo a Empresa comunica que se farán nas semanas 14, 15,16 e 17 de abril: 76, 86, 94 e 144 B78, respectivamente; nas semanas 18, 19, 20, 21 e 22 de maio: 144, 194, 222, 282 e 310 B78, respectivamente; e nas semanas 23, 24, 25 e 26 de xuño: 320, 330, 370 e 406 B78, respectivamente.  
Tamén informa que a partires da segunda semana de marzo van modificar as GAPS, coxíns vai ser unha GAP e respaldos, armaduras e ergoestación vai ser outra. Tamén, nas mesmas datas, vaise facer tamén un reequilibrado da liña. Tamén informa que se incorporará persoal que se formará nunha semana en respaldos.
O Comité solicita un listado de horas extraordinarias con nome e apelidos de cada traballador conforme a un requerimento que hai da Inspección de Traballo. Tamén solicitan o acta da derradeira comisión de igualdade e as gamas de loxística, así como un calendario anual das reunións da comisión de igualdade.
A Empresa di á petición do Comité de falar sobre o Calendario Laboral deste ano que non pode dálo xa que está a traballar nel, di que tan pronto teñan o calendario de PSA facilitaranno e falarase sobre o mesmo.
O Comité pregunta sobre a situación dos transportistas de CIL, comentado na anterior reunión.
A Empresa contesta que segundo a información facilitada polo provedor  todo está conforme á lei.
O Comité pregunta por que non se lle paga aos ETT´s unha semana de traballo cando rematan o contrato como viña sendo habitual.
A Empresa resposta que os ETT´s se lles paga puntualmente e que, non obstante, revisarán se hai algunha anomalía e, de ser o caso, subsanala.
O Comité pregunta polo tema, tamén falado en anteriores reunións, sobre a contratación dos ETT´s que traballaban menos tempo do contratado.
A Empresa di que iso xa non sucede.
O Comité pregunta como vai o da posíbel recolocación de traballadores de COPO.
A Empresa di que vai ter unha reunión no vindeiro mes de marzo.
O Comité pregunta se se vai cumprir o compromiso que había coa Empresa de negociar unha salvagarda para os traballadores da actual plantilla.
A Empresa di que tiña pensado falar despois da reunión con COPO IBÉRICA pero que non ten problema en falar antes.
O Comité solicita que conste en acta o seu malestar porque a Empresa se non se lle pregunta non informa de nada do que quedara en anteriores reunións en contestar ou en informar. O Comité, tamén, solicita á Empresa reunirse con anterioridade á reunión coa dirección de COPO IBÉRICA para tratar a salvagarda, anteriormente falada.   
UGT, CCOO e CGT INFORMAN

Vigo, a 17 de novembro de 2016

As seccións sindicais de UGT, CCOO e CGT queremos informar do acontecido na décimo-sétima reunión de Convenio celebrada onte, 16 de novembro, o cal facemos mediante esta octavilla onde retomamos os puntos da plataforma do Convenio que a seguir describimos:

Artigo 14.- Horarios de Traballo: Neste punto mantémonos no seu redactado para o horario de verán de oficiñas: “O periodo de realización de dito horario será do 15 de xuño ata o 30 de setembro”.

Artigo 15.- Horas extraordinarias: No que se pretende que a Empresa resposte con 48 horas por escrito á solicitude dos traballadores de disfrute das horas de descanso xeradas en horas extras.

Artigo 17.- Permisos retribuídos: A Empresa acepta este punto, ademáis dos xa aceptados anteriormente:

i) O tempo necesario para asistencia a consulta médica especialistas da Seguridade Social cando, coincidindo o horario de traballo co de consulta, se prescriba a visita médica polo médico/a de familia, debendo presentar o traballador/a o volante xustificativo da referida prescrición médica. Nos demais casos ata o límite de 22 horas por ano. Tamén polo tempo para acompañar a fillos/as menores ou familiares de primeiro grao que teñan recoñecida a condición de persoas dependentes pola Xunta de Galicia e cónxuxe embarazada para a realización das diferentes probas relacionadas co devandito estado, incluíndo estas horas na mesma bolsa de 22 horas.

Todos estes casos abranguirán, tamén, á SANIDADE PRIVADA.

Artigo 19.- Contratación temporal e a tempo parcial e Artigo 21.- Empresas de traballo temporal: Sobre este contrato, en principio, non hai acordo porque a Empresa quere que os traballadores a tempo parcial con distribución irregular da xornada de 1100 horas para a quenda do día veñan de luns a sábado, se é preciso, pero polo tipo de contrato pagaría ese hipotético sábado a prezo de hora ordinaria ou complementaria. Esta parte social entende que para poder chegar a un acordo, entre outras cousas, ademáis de limitar a contratación de Etts, tería que pagar un plus que compensase a diferenza entre o prezo de hora extraordinaria e o de hora ordinaria.

Artigo 32.- Maternidade: Este punto aínda está pendente de redacción.

Ademáis, na reunión a Empresa denegou a posibilidade de sentarse na mesa ao delegado da CUT como asesor externo por consideralo “asesor interno”, esta parte social lamenta esta decisión porque aporta o mesmo dentro que fóra.

Logo, o CSI-F conforme como son “novos actores” expoñen que: “se non se lles deixa coñecer toda a documentación e formular propostas nun tempo prudencial para podelas negociar, atoparémonos cunha xudicialización da negociación, que xa se produciu, e que retrasaría con elo a finalización da mesma con o sen acordo.” E a seguir presentaron a súa plataforma.

E, finalmente, a CIG manifesta que non vai ser asinante do Convenio, como anteriormente manifestou a CUT, pero que queren chegar a acordos en materia de saúde laboral e no resto de puntos da plataforma do Convenio.

UGT, CCOO e CGT entenden que o acordo de viabilidade xa está negociado e ratificado pola plantilla e, polo tanto, que é preciso negociar e ratificar en asemblea o articulado restante para rematar o Convenio.