WWW.ASIENTOS GALICIA CGT.TK

decembro

Reunión Comité-Empresa Decembro

A Empresa comeza a reunión presentando os dados de absentismo e horas extras do mes de novembro de 2012, os cales son anexados ao acta. A seguir preséntanse os volumes por liñas:

SISTEMA 1:

Esta liña volve a traballar o 2 de xaneiro. Traballaranse os sábados 12, 19 e 26 de xaneiro a 8 horas, así como os domingos 13, 20 e 27, tamén de xaneiro,  co mesmo horario que o resto de días de noite. A noite PSA pechará ás 5:02h.

O volume é constante para todo o mes cun total de 1262 vehículos/día, 883 de B9 e 379 de M3/M4.

SISTEMA 2

Semana 1: 340 vehículos/día en total; Semana 2: 456 vehículos/día en total; Semana 3: 345 vehículos/día en total; Semana 4: 456 vehículos/día en total.

Páranse os días 2, 11, 18 e 25 de xaneiro e o 1 de febreiro. Os días 2 e 11 a Empresa vai dar formación, de xeito que unha vez coñecido o calendario do cliente, se efectivamente hai dous días de diferencial de xornada, serán considerados estes dous días como tales.

Con respecto á quenda da noite liquidarase a bolsa a 31 de decembro e aboarase na nómina de xaneiro, como vén sendo habitual.

 

O Comité comenta que os ETTs son contratados por unha semana e traballan menos, incluso algún chegou a traballar un día, co prexuízo que isto conleva para os mesmos. 

A Empresa di que o está estudando.

O Comité pídelle á Empresa que se volva a dar o listado de traballadores  que fan horas extraordinarias cada mes.

O Comité comenta que se está tendo un problema coa empresa de limpeza que traballa para Faurecia ADG que incumpre o seu convenio, xa que paga constantemente fóra do prazo acordado.

A Empresa contesta que xa investigou isto e esta empresa dixeralle que estaba ao corrente de pago pero, que de todos os xeitos,  voltarán a velo.

O Comité píde unha data concreta para realizar a Comisión de Seguemento do Convenio.

A Empresa contesta que procurará dar en breve unha data para o mes de xaneiro.

O Comité pregunta que pasaría se eses días de formación, ao final, non son considerados como de diferencial de xornada.

A Empresa resposta que non sucedería nada, que serían considerados de formación.

O Comité pregunta cando se van facer as melloras ergonómicas do M3/M4.

A Empresa contesta que todas as accións deste produto debían chegar entre a terceira e a cuarta semana do vindeiro ano. 

UGT, CCOO e CGT INFORMAN

Vigo, a 17 de novembro de 2016

As seccións sindicais de UGT, CCOO e CGT queremos informar do acontecido na décimo-sétima reunión de Convenio celebrada onte, 16 de novembro, o cal facemos mediante esta octavilla onde retomamos os puntos da plataforma do Convenio que a seguir describimos:

Artigo 14.- Horarios de Traballo: Neste punto mantémonos no seu redactado para o horario de verán de oficiñas: “O periodo de realización de dito horario será do 15 de xuño ata o 30 de setembro”.

Artigo 15.- Horas extraordinarias: No que se pretende que a Empresa resposte con 48 horas por escrito á solicitude dos traballadores de disfrute das horas de descanso xeradas en horas extras.

Artigo 17.- Permisos retribuídos: A Empresa acepta este punto, ademáis dos xa aceptados anteriormente:

i) O tempo necesario para asistencia a consulta médica especialistas da Seguridade Social cando, coincidindo o horario de traballo co de consulta, se prescriba a visita médica polo médico/a de familia, debendo presentar o traballador/a o volante xustificativo da referida prescrición médica. Nos demais casos ata o límite de 22 horas por ano. Tamén polo tempo para acompañar a fillos/as menores ou familiares de primeiro grao que teñan recoñecida a condición de persoas dependentes pola Xunta de Galicia e cónxuxe embarazada para a realización das diferentes probas relacionadas co devandito estado, incluíndo estas horas na mesma bolsa de 22 horas.

Todos estes casos abranguirán, tamén, á SANIDADE PRIVADA.

Artigo 19.- Contratación temporal e a tempo parcial e Artigo 21.- Empresas de traballo temporal: Sobre este contrato, en principio, non hai acordo porque a Empresa quere que os traballadores a tempo parcial con distribución irregular da xornada de 1100 horas para a quenda do día veñan de luns a sábado, se é preciso, pero polo tipo de contrato pagaría ese hipotético sábado a prezo de hora ordinaria ou complementaria. Esta parte social entende que para poder chegar a un acordo, entre outras cousas, ademáis de limitar a contratación de Etts, tería que pagar un plus que compensase a diferenza entre o prezo de hora extraordinaria e o de hora ordinaria.

Artigo 32.- Maternidade: Este punto aínda está pendente de redacción.

Ademáis, na reunión a Empresa denegou a posibilidade de sentarse na mesa ao delegado da CUT como asesor externo por consideralo “asesor interno”, esta parte social lamenta esta decisión porque aporta o mesmo dentro que fóra.

Logo, o CSI-F conforme como son “novos actores” expoñen que: “se non se lles deixa coñecer toda a documentación e formular propostas nun tempo prudencial para podelas negociar, atoparémonos cunha xudicialización da negociación, que xa se produciu, e que retrasaría con elo a finalización da mesma con o sen acordo.” E a seguir presentaron a súa plataforma.

E, finalmente, a CIG manifesta que non vai ser asinante do Convenio, como anteriormente manifestou a CUT, pero que queren chegar a acordos en materia de saúde laboral e no resto de puntos da plataforma do Convenio.

UGT, CCOO e CGT entenden que o acordo de viabilidade xa está negociado e ratificado pola plantilla e, polo tanto, que é preciso negociar e ratificar en asemblea o articulado restante para rematar o Convenio.