WWW.ASIENTOS GALICIA CGT.TK

ERE

PERÍODO DE CONSULTAS ERTE 2015



ACTA COMISIÓN NEGOCIADORA ERTE

Vigo, a 16 de abril de 2015
 

A Empresa e Comité comezan a reunión retomando os puntos anteriormente falados.
O Comité lembra a súa proposta de colocar como vacacións os días 29 e 30 de xuño, que son de parada para o noso cliente, a cambio de que a Empresa asuma os dous días de abril e os dous de outubro dándolle algún tipo de ocupación aos traballadores. Os dous días de abril o Comité non pode colocalos como vacacións por impedimento legal.
E a Empresa volve á súa proposta inicial de ERTE a cambio de contrato a tempo parcial con distribución irregular de 1319 horas.
O Comité pregunta se a súa proposta implica non solicitar ningún ERTE no 2015.
A Empresa resposta que non o pode asegurar.
Chegados a este punto a Empresa fai unha nova proposta que consiste en: reducir o ERTE a 15 días, non incluir aos maiores de 52 anos no mesmo e complementar ata o 80% do salario.
O Comité, despois dun receso, maniféstase contrario ao ERTE polos seguintes motivos:
-          1) Non existe calendario de aplicación de días de ERTE que os traballadores coñezan. Os únicos días que polo de agora son fixos son o 24 e 30 de abril, o resto son previsións. No calendario o Comité atópase, inclusive, cun calendario ata setembro con dous días máis de parada en xuño, 29 e 30, e dous sábados, 4 e 11 de xullo, de produción de horas extraordinarias.
-          2) O informe técnico non debe ser un informe de parte, este debía estar feito por unha entidade externa, non por persoal de Dirección.
-          3) Estase falando dun problema organizativo e non de viabilidade da Empresa tal como especifica o informe técnico.
-          4) O Comité considera que se trata dun agravio comparativo para un grupo pequeno de traballadores que poderían integrarse eses días na liña 1, como veñen solicitando dende o 2008, xa que nesa liña hai un gran número de Traballadores de Empresas de Traballo Temporal. Ademáis sinalan que dentro da mesma liña, tal como especifica a documentación dada pola Empresa, existe unha gran diferencia entre os traballadores incluídos neste ERTE ao respecto do número de días que levan afectados por pasados ERTEs, máis de 100 días nalgúns casos.    
-          5) A negociación do ERTE non pode estar condicionado por outros puntos que nada teñen que ver co mesmo.
 
A Empresa contesta ao punto 4) que xa en anteriores reunións díxose que todos os postos do Sistema 1 estaban ocupados por traballadores indefinidos.
 Finalízase a reunión acordando que se non hai proposta, por algunha das partes, de reunirse antes do luns darase por finalizado o periodo de consultas sen avinza o día 20 de abril. No obstante do anterior a Empresa mantén os 15 días de solicitude de ERTE, non incluír aos maiores de 52 anos e complementar ata o 80% do salario.
Despois disto a Dirección anuncia que PSA acaba de comunicar que o día 30 de abril xa non é de parada, polo que queda fóra do Expediente. Por elo, mantense de igual xeito a anterior proposta pero reducirá a súa solicitude a 14 días.
Anéxase ao acta o novo calendario e o acta final de periodo de consultas.  






ACTA COMISIÓN NEGOCIADORA ERTE
Vigo, a 13 de abril de 2015


O Comité comeza a reunión facendo a seguinte proposta:
-          Trasladar os operarios indefinidos do Sistema 2 para o Sistema 1 nas xornadas de parada ou definitivamente se están moi cargados con días de expediente.
-          Negociar o calendario á marxe da negociación do ERTE.
-          A problemática da quenda B sobre as posíbeis xornadas a 4 horas do segundo semestre está subsanado polo acordo do 4 de febreiro ata outubro, polo que non procede tratar este tema nunha negociación de ERTE.
 
O Comité entende que hai que negociar primeiro o Calendario e logo pechar a negociación do ERTE.
 
Á proposta do Comité de trasladar operarios indefinidos do Sistema 2 ao Sistema 1 a Dirección contesta que todos os postos do Sistema 1 están ocupados por persoal indefinido de FAURECIA e, puntualmente, non é posíbel pasalos nos días de parada porque non acadarían nunca a habilitación para ocupar posto senón permanecen na liña dun xeito continuado.
 
O Comité discrepa de que non haxa postos libres no Sistema 1 e pregunta polo operario que estaba no Sistema 1 e foi devolto ao Sistema 2 e incluído no ERTE.
 
A Empresa di que está no Sistema 2 por motivos organizativos e que o sacarán do ERTE.
 
O Comité entende que hai postos de reforzo ocupados de xeito permanente por ETTs ou absentismo suficiente para ir formando operarios do Sistema 2 no Sistema 1 e mantelos habilitados no tempo para evitar o ERTE.
A Dirección acepta negociar o calendario primeiro e logo rematar a negociación, entendendo que o primeiro semestre quedaría arranxado pactando vacacións para eses 4 dias de parada de PSA para o Sistema 2. A seguir convoca ao Comité a unha reunión extraordinaria para o día seguinte, 14 de abril, ás 11 horas e tratar o calendario.








ACTA COMISIÓN NEGOCIADORA ERTE


Vigo, a 9 de abril de 2015
 
 
A Empresa comeza a reunión lembrando que presentaron un ERTE para o Sistema 2. No Sistema 1 non o cren preciso, xa que os días de parada o 29 e 30 de xuño serán días de formación e a semana 44, que se confirma que é de parada de cliente, a Dirección ten a intención de ubicar esta semana como vacacións, tentando así de evitar recorrer a un ERTE. Tamén comunican que hai previsións de semanas de 4 horas para a quenda B do sistema 2 para o segundo semestre. Para subsanar estas semanas de 4 horas e os 4 dias de paradas previstos inicialmente propoñen pasar o persoal indefinido que poidan do sistema 2 da quenda B á quenda A e contratar persoal de carácter eventual con contrato a tempo parcial e distribución irregular da xornada de 1319 horas , e a maiores pactar os primeiros catro dias de parada do cliente como vacacións. Se se pacta deste xeito a Empresa admite o compromiso de darlle 4 dias de carga de traballo na semana 44 ás persoas que foran previamente de vacacións.
O Comité pregunta porque non se comezou por esta derradeira proposta e non por presentar un ERTE, xa que o Comité falara de primeiro negociar o calendario e deixar para máis adiante o resto de posibilidades. Así mesmo o Comité quere que o colectivo de traballadores que ten redución de xornada e que non desfruta do acordo de 4 de febreiro de 2014, que non utilizaron dous dias de diferencial de xornada, quede craro que no caso de non chegar a un acordo non entrarían no ERTE os dous primeiros dias que houbese.
O Comité di que recolle a proposta pero que ao ERTE ten que facerlle as seguintes alegacións coas que discrepa:
-          O calendario é impreciso tal como se especifica na Memoria e no Informe Técnico nos que se empregan as expresións seguintes: “dias que suponemos de parada”; “no contamos con una previsión exacta”; “parece que se confirman 4 dias de suspensión desde abril hasta septiembre (último mes que aparece en el calendario provisional”; “la estimación de 16 días de suspensión parece correcta”.
-          Non foi un requerimento continuado e constante por parte da Empresa a busca dunha fórmula de flexibilidade como pon o punto 5 da Memoria Explicativa. Na derradeira negociación de Convenio a Empresa solicitou trocar os contratos de tempo completo a tempo parcial, solución que non estaba na xurisdicción do Comité, posto que a novación de contratos é unha cuestión individual e non colectiva, e non presentou ningunha outra proposta de flexibilidade.
-          Dubidan do punto 4.2.b) de que as causas legais alegadas sexan reais, pois as realidades productivas e organizativas semellan especulacións cando non se teñen datos máis alá de setembro e se están a colocar 16 días de parada entre outubro, novembro e decembro.
-          Dubidan do punto 4.2.c) de que 4 días sexan de suficiente entidade para poder levar á Empresa a unha situación de total inviabilidade e peche de actividades.
-          Tamén discrepan co troco dun traballador da liña 1 á liña 2 a posteriori da presentación do ERTE cando xa estaba incluido no listado de traballadores afectados polo mesmo, deixando no seu lugar un traballador de ETT.
 
A Dirección resposta que os derradeiros anos tentaron en numerosas ocasións chegar a un acordo de flexibilidade sen ser posíbel o mesmo.
O Comité resposta a este punto que cando hai que propoñer medidas de flexibilidade para as necesidades que realmente precisa a Empresa, que era quen as coñecía, é durante a negociación do Convenio.
En resposta o punto cuarto das alegacións do Comité a Dirección contesta que cos datos reais que posúe actualmente e os volumes dos que dispón ata final de ano fan preciso a solicitude de ERTE.
E sobre o punto quinto das alegacións a Dirección di que estudará o caso e contestarán na seguinte reunión.
Unha vez feitas as alegacións a parte social manifesta a súa intención de estudar a proposta da Empresa e tratalo na vindeira reunión.

A Empresa fai entrega do listado das persoas ás que se lle aplicou o ERTE durante o 2014 e a relación de ETTs que hai nas quendas A e B no sistema 1 e loxística asociada. 


ACTA COMISIÓN NEGOCIADORA ERTE
Vigo, a 6 de abril de 2015
 
 
Dáse apertura ao periodo de consultas para a presentación do ERTE 2015 para o Sistema 2 coa entrega da seguinte documentación que é anexada ao acta: o calendario industrial de PSA para o Sistema 2 que vai dende maio a setembro, as cadencias para abril de 2015, o Informe Técnico e a Memoria explicativa dasa causas que motivan a solicitude de expediente de regulación de emprego para suspensión de contratos.
A Empresa comunica que o día 17 de abril será de formación para os traballadores do Sistema 2 e que as vindeiras reunións para tratar dito ERTE serán os días  9, 13 e 17 de abril ás 12h.
A seguir a Dirección de ADG fai lectura da Memoria explicativa e do Informe Técnico e empraza á representación social ao día 9 de abril.
A parte social solicita trocar de data a reunión prevista para o día 17 de abril por problemas de axenda. Ademáis solicitan a seguinte documentación: Calendario laboral para o 2015; lista de traballadores afectados polo ERTE do 2014 no Sistema 2; e lista co número de traballadores de ETT do Sistema 1, tanto os que están traballando coma os que están formándose actualmente. A parte social advirte que hoxe se abre o periodo de consultas e non coñecen o calendario de paradas do cliente.  Puntualizan que para abrir os quince días de consulta precisan coñecer o calendario industrial de 2015 do cliente, porque na memoria estabelécese a semana 44 como unha previsión de parada do cliente sen confirmación oficial e, polo tanto, a parte social maniféstase incapacitada para negociar os días de ERTE, pois ainda quedarían 5 días de vacacións sen ubicar.

 

A Empresa troca a derradeira reunión para o día 16 de abril ás 17 horas e entrega un calendario de previsión de paradas con data do 1 de abril de 2015 onde, ademáis dos días de ERTE vén a intención de vacacións para a semana 44, a cal, manifesta que é o mesmo calendario que está explicado na Memoria. Así mesmo entrega toda a documentación legal referente ao ERTE que se vai presentar na Xunta.


PERÍODO DE COSULTA ERE 2014


DÍA 24 DE XANEIRO 2014

ACTA DE REUNIÓN EXTRAORDINARIA COMITÉ - EMPRESA

En Vigo, a 24 de Xaneiro de 2014

 


ORDE DO DÍA: 3ª reunión do período de consultas do ERE

Comeza a empresa preguntando se hai algunha proposta por parte do Comité.

O Comité resposta que non miran problemática prevista para a necesidade de un expediente e o que propón e postérgalo a que exista realmente o problema.

A empresa comenta que sería posible facelo así sempre e cando exista un preacordo de aceptar o ERE por parte do Comité, unha vez agotados os días de diferencial e os cinco días de vacacións que todavía quedan por situar no calendario.

Se pide un receso por parte do Comité.

A maioria do Comité fai a seguinte proposta:

Unha vez agotado os tres días de diferencial de xornada máis os cinco días de vacacións se aceptaría firmar un preacordo de  12 días de ERE nas seguintes condicións:

Quedarían fora do expediente:

·         os traballadores maiores de 50 anos.

·         A quenda de noite pola flexibilidade da que dispón

·         Traballadores que teñan acumulado 100 ou máis días de paro consumido.

·         Traballadores eventuais

Se crearía unha comisión de seguimento do expediente de regulación.

Se complementaría ó 100% da base reguladora.

A MOI só irá o expediente cando paren as duas liñas.

A empresa pide un receso para estudiar a proposta.

A empresa resposta a esta proposta con outra proposta:

Durante os 10 primerios días a empresa complementaría ata ó 70% ós traballadores que pasen de 180 días ata o décimo día, a partir do 10º día ó 80% a todo o persoal.

Quedarían fora do expediente os maiores de 50 anos,a quenda de noite e os traballadores eventuais e a MOI iría o expediente sempre que paren as duas liñas.

Todo esto unha vez agotados os 8 días, tres de diferencial de xornada e cinco de vacacións.

A parte social que presenta a proposta expón que non se lle da unha solución ós traballadores máis afectados polo expediente, que é o que máis preocupa a esta parte, pois se dá a problemática de discriminación na aplicación do ERE inclusive dentro da mesma liña.

 A outra parte do Comité quere expresar a sua incapacidade para negociar un ERE sen ter especificado un problema técnico ou organizativo que xustifique esa grave medida pois, nos calendarios do cliente que manexan as sección sindicais de PSA, a pesar de ter firmado un ERE para un porcentaxe pequeno da sua plantilla, non aparece ningún día de parada.

A empresa manifesta que non pode excluir máis colectivos do ERE. Chegados a este punto, e tras proponer ampliar o período de consultas ó Comité, se da por finalizada a reunión sen acordo entre as partes.

 



DÍA 21 DE XANEIRO
2014

 

REUNIÓN EXTRAORDINARIA COMITÉ - EMPRESA

En Vigo, a 21 de Xaneiro de 2014

 

ORDE DO DÍA: 2ª reunión do período de consultas do ERE

A empresa fai entrega dun calendario que, especifica, non é un calendario laboral senon un calendario de negociación de ERE. Aclara tamén que os días concretos de parada os irá plasmando a medida que se coñezan as paradas de PSA.

Entrega tamén a empresa, un listado de sete traballadores de novo ingreso (alta o día 20 de Xaneiro de 2014) para incluilos na documentación do expediente.

Se fixo entrega a administración do documento  de apertura de procedimiento colectivo de regulación temporal , no que se solicita a constitución da comisión representativa, documento de fecha 5 de decembro de 2013.

Se fai un receso para que o Comité estudie o calendario.

O Comité pregunta polas perspectivas a longo prazo,  pois entende que o ERE debería ser unha medida excepcional para situación especiais de crisis, e xa levamos sete anos aplicando estas medidas, e obviamente esto ten que ter un final para volver a normalidade.

A empresa resposta que ADG é un espello do que faga o cliente polo que mentras o cliente plantexe estas medidas, haberá que facer o que él faga.

A empresa comenta que esta planta é JIT e ten unha demanda a corto plazo que marca o cliente.

O Comité opina que eso dos EREs se está convertindo nunha medida rutinaria, con perxuizo para os traballadores, e que ten que haber unha perspectiva para finalizar este tipo de medidas  que deberían ser excepcionais.

Sabendo que hai unha previsión, segundo o calendario que se presentou para a negociación, de venres marcados como días de ERE, o Comité pregunta se a empresa estaría disposta a marcar os días de ERE como días de vacacións, despois de agotar os días de diferencial de xornada.

A Empresa resposta que estaría disposta, unha vez presentado o ERE, a minimizar o impacto do mesmo aplicando vacacións despois de gastar os tres días de diferencial de xornada, nos primeiros cinco días de parada, pero sin especificar eses mesmos días pois non sabe se o cliente vai parar os mesmos.

O Comité alega que de esta maneira quedarían as vacacións flotantes e os traballadores teñen que coñecer o calendario de vacacións con dous meses de antelación.

A Empresa comenta que espera do Comité unha proposta de negociación, pois ata este momento non hai ningunha pola parte social e só houbo preguntas.

O Comité resposta que ante un calendario que nos parece ficticio e sen días de parada concretos, nin tan siquera problemas reais de producción a corto prazo, nos vemos imposibilitados para facer unha proposta seria.

A empresa alega que o calendario está basado no calendario do cliente e os días de regulación están basados nos días que presenta o cliente polo tanto están poñendo enriba da mesa a información disponible en este momento. A empresa gustarialle saber que é o que o Comité necesita para avanzar nas negociacións.

O Comité resposta que o que necesita é un problema concreto con días de parada concretos, pois nos calendarios que coñecemos do cliente non existe nin problema productivo nin días de parada.


 

 




DÍA 13 DE XANEIRO 2014

 

ORDE DO DÍA: Apertura do período de consultas do ERE

A Empresa abre o periodo de consultas do ERE previsto para o vindeiro ano 2014 lendo e entregando a documentación presentada na administración pública, a cal, é anexada a este acta. Este periodo de consultas remata o día 27 de Xaneiro.

O calendario de reunións queda da seguinte maneira:

15 de Xaneiro as 11:00 na sala de formación

21 de Xaneiro as 11:00 na sala de formación

24 de Xaneiro as 11:00 na sala de formación


 Día 15 de Xaneiro 2014

 

ORDE DO DÍA: 1ª reunión do período de consultas do ERE

A empresa empeza a reunión dando as condicións nas que se vai ir o expediente. Serán 25 días de ERE, pois PSA ten unha flexibilidade que lle permite paliar mais días de parada, non haberá complementación. e irá toda a plantilla.

O Comité alega que a quenda de noite a tempo parcial xa ten flexibilidade mais que suficiente como para non entrar no ERE, e de esta flexibilidade non se fai mención na memoria. E se recorda que o ano 2013, no que o sistema que regula o tempo parcial funcionou perfectamente nun ano con distribución de xornadas irregular, o final de ano acabou facendo as horas que marca o seu contrato.

O Comité recorda a empresa que, en contra do que especifica a documentación do ERE no punto 5 e 6, o colectivo contratado a tempo parcial si que dispón de esa flexibilidade.

A empresa resposta que antes de ir o ERE agotará todas as medidas de flexibilidade.

O Comité quere deixar constancia dos feitos tal e como aconteceron no ERE de 2013. Nese ano ó negociar o calendario laboral, e despois de distribuir os días de vacacións con vacacións e paradas do cliente, sobraron sete días laborais que finalmente foron a sorteo. Se en Abril se soubese a parada que fai todo o grupo en Outubro, o problema do ERE sería en alguns casos inexistente e se minimizaría en outros.

A empresa resposta  que o ano pasado non coñeceu esa parada ata finais de Xullo e por iso non se pudo negociar no calendario.

O Comité sospeita que este ERE ten carácter preventivo pois nos calendarios que coñece o Comité non hai días de parada e mirando estes mismos calendarios aínda nos quedarían días de vacacións e días de diferencial de xornada tal e como especifica o requerimento de inspección.

A empresa recorda que o ano pasado o cliente chegou a parar nos dous sistemas e antes de recurrir o ERE a empresa agotou todas as medidas de flexibilidade e de diferencial de xornada, e incluso ofreceu os traballadores  cambialo por vacacións. Tamén lembra que PSA ten maiores medidas de flexibilidade que ADG. A empresa comenta igualmente que lle gustaría ter máis flexibilidade.

O Comité lembralle a empresa que a aplicación do expediente e bastante desigual e hai persoas que traballan na mesma línea e teñen unha diferencia de días de ERE moi grande, e algúns se acercan xa os 180 días.

Ó Comité non lle consta que, tal e como especifica o punto 8 da memoria do ERE, se vaian parar os tres primeiros venres de cada mes en ningún dos calendarios que manexa PSA.

A empresa resposta que esta información esta basada na información que dá o cliente no seu ERE.

O Comité pregunta se eses días de ERE van a estar programados polo cliente ou van ser para averias e demais.

A empresa resposta que se irá o expediente sempre e cando pare o cliente.

O Comité alega que agora o que asume o risco de parada por causas técnicas, de loxística e demais é o traballador.

O Comité pregunta como se vai aplicar o ERE no tempo parcial, pois non quedou claro se se vai aplicar o convenio ou o expediente, os días nos que se pare.

O Comité fai mención ó perxuizo que ocasiona o ERE o tempo parcial a hora de cobrar as prestacións.

A empresa comenta que aplicará o expediente cando teña a sua bolsa en negativo ou entre en negativo e ademais exista unha previsión de quedar a bolsa de horas en negativo a final de ano.

A empresa comenta con respecto o calendario que hai cinco días de diferencial de xornada co cliente.

O Comité quere disponer do calendario industrial para poder estudialo.

A empresa resposta que non dispón do calendario.

O Comité quere que conste que sin calendario, realmente se considera imposibilitado para negociar, e pide que se especifiquen os días de parada previo a falar de calquera medida, e solicita o listado dos afectados polos EREs desglosado por días e traballador.

 

 

 



 

 





 PERÍODO DE CONSULTAS DO ERE 2013

 

Teoricamente, e según o acta do día 20 de Novembro da reunión Comité-Empresa, o período de consultas sobre o novo ERE que quere plantexar a empresa debería comezar o 29 de Novembro, máis unha comunicación por parte da empresa e con menos de 24 horas de antelación pospón a 1ª reunión para o día 3 de Decembro.

O Comité xa expresou o seu malestar mediante un escrito a Dirección, debido a que o final do período de consultas se nos vai ó 18 de Decembro, xa case enriba das vacacións.

Estas cousas pasan cando a lexislación da a unha das partes todo o poder: Manexa os tempos, presentará ERE ou non, complementará ou non, todo según o seu capricho e beneficio.


 

Día 3 de Decembro.-

A empresa entrega a memoria explicativa da solicitude do ERE e da comenzo o período de consultas. O calendario de reunións será: 4, 10 e 13 de Decembro. O período de consultas remata o día 17 de Decembro.


Día 4 de Decembro.-

Dáse comezo a primeira reunión do periodo de consultas do ERE presentado no dia de onte ante a autoridade competente e o Comité por causas organizativas e de produción por parte da Empresa. Esta explica que o ERE é para 2 anos, de 40 dias e sen complemento, debido que, segundo explican non está en condicións de poder complementar cantidade algunha.

O Comité pregunta polos días exactos nos que se vai parar, como a documentación que vén na solicitude indica.

A isto a Empresa sinala que é un error porque non se anexou ningún calendario cos días concretos, xa que non se saben. Sinalan a continuación que o correxirán.

O Comité sinala que na documentación se indica que non hai flexibilidade entre os traballadores cando hai un colectivo como o da noite que si o ten, polo que non se entenden que estean metidos no ERE.

A Empresa estudará a situación deste colectivo ao respecto do ERE.

O Comité reclama un calendario oficial onde veñan algún dos días onde se vai parar.

A Empresa di que só coñece os días de xaneiro e que dará o calendario deste mes na próxima reunión e de que do resto de meses non se sabe ren.

O Comité alega que no memorando a Empresa xustifícase conforme a situación económica do Estado Español cando unha gran porcentaxe do que fabrica PSA, e por tanto a nosa Empresa, expórtase para o exterior.

A Empresa contesta que esta factoría depende 100% de PSA e que só parará se esta para.

O Comité pregunta se se pode chegar a unha solución para os cinco días que están previstos que pare PSA e se logo aparecen máis días volver a sentarse para arranxalas. A continuación preguntan se a Empresa está disposta a aceptar algunha proposta para solucionar o problema que se ten a vista, que non é outro que estes cinco días.

A Empresa resposta que non se ve subsanando problemas mes a mes.

O Comité di non entender  porque a Empresa mete aos traballadores dunha liña que non ten problemas de traballo, como é a liña 1.

A Empresa di que ten que estar preparada para o que suceda, xa que se PSA, que coñece o negocio mellor e é o seu cliente, pide un ERE eles teñen que pedilo.

O Comité alega que hai vinte traballadores desta planta que se están “comendo” todos os días de ERE, xa que non hai ningunha medida de flexibilidade que permita a estes traballadores librarse de días de ERE, habendo como hai traballo na liña 1. Tamén indican que xa se solicitaran estas medidas nas negociacións dos diferentes ERE. O Comité segue insistindo neste tema, alegando que mentras os indefinidos están na casa consumindo a prestación, outros compañeiros están traballando ao 100% e cobrando horas extraordinarias, ademáis de que a Empresa contrata un gran número de ETTs e eventuais. Seguen engandindo que o problema para esta xente chegará cando se acheguen aos 180 dias de paro consumidos que pasarán a cobrar ao 50%.

A Empresa puntualiza que os ETTs están para cubrir ausentismo na maioría dos casos.

O Comité entende que están expoñendo problemáticas graves e que a Empresa é indiferente ás mesmas. Tamén pregunta porque non quere complementar se xa PSA fala de complementar o 80%. A seguir pregunta se a Empresa quere evitar o ERE.

A Empresa di que ve difícil evitalo.

O Comité pregunta se os maiores de cincuenta entran neste ERE.

A Empresa resposta que si.

O Comité reitera o seu malestar polo inmovilismo que manifesta a Empresa á que non lle ve ningunha gaña de chegar a un acordo.

A Empresa di que na próxima reunión  dará contestación ás inquietudes manifestadas polo Comité.

 


 

Día 10 de Decembro.-

A Empresa comeza a reunión informando que o venres presentou unha documentación na Xunta de Galicia para subsanar o problema denunciado polo Comité na reunión anterior, relativo a que non había ningún calendario anexado á documentación. Acrara a Empresa que nesta documentación houbo outro error que non é outro que a falta do dia 2 de xaneiro, polo que anexarán un calendario a dita documentación subsanando o mentado error.

A Empresa di que na anterior reunión o Comité plantexou unha serie de cuestións e que eles expuxeron as propostas recollidas no acta anterior. Hoxe presentan outras condicións, que son:

Un ERE con duración para 1 ano e para 25 días; complemento ata o 80%; a quenda da noite está exenta do ERE por ter medidas de flexibilidade; os maiores de 50 anos ficarán fóra do expediente; a man de obra indirecta irá ao ERE cando as dúas liñas de traballo paren de forma conxunta; os dous primeiros días de parada aplicarán vacacións e os outros dous días, tamén de parada, adicaranse a formación por ser excendente de xornada.

O Comité di que había un acordo instado pola Inspección no que se adicaban os primeiros días do ano de parada de PSA que coincidan cos días de excedente de xornada como formación. Tamén comenta que non se pode falar de vacacións cando aínda non se ten un calendario.

A Empresa di que troca a orde destes días sen problema algún e tamén comenta que se fala de tres semanas de vacacións en PSA en Agosto para a liña 2.

O Comité insiste en que todo isto é especular e que entende que se debían arranxar estes días e logo sentarse se se dan outras circunstancias.

A Empresa contesta que non pode facerse así, xa que precisa ter o mesmo que o seu cliente, PSA.

O Comité reitera que o sentido das súas propostas eran evitar o ERE, non utilizalas para incluílas dentro do mesmo. Pregunta, a continuación, se ten interese en que a xente da liña 2 se forme na liña 1.

A Empresa resposta que xa se deron casos de polivalencia pero non resultaron porque perderon a súa eficiencia ao voltar a súa liña de orixe.

O Comité resposta, á súa vez, que pode levar xente á liña 1 de xeito permanente e levala cando sexa preciso á súa liña de orixe.

A Empresa reitera que non é viábel por ser un proceso que ten moita dificultade porque os operarios fórmanse nunha liña e, cando pasa un tempo, logo non son quen de traballar con normalidade cando retornan á súa liña 2.

O Comité pregunta se é un problema do número de persoas que tería que formar,  porque os traballadores que entran no ERE con maior asiduidade  son sobre 20 traballadores.

A Empresa reitera que, segundo o argumentado anteriormente, é difícil formalos e discrepa do número de traballadores dado polo Comité, anteriormente.

O Comité di que o que había que facer e aplicar unha serie de medidas para evitar o ERE e se finalmente non se pode, ir ao mesmo.

A Empresa di que precisa ter o ERE, como ten PSA, e logo tentar minimizar os seus efectos.

O Comité di que faltan dúas cousas moi importantes para aplicar un ERE: o calendario do cliente e a xustificación do seu ERE. Polo que entenden que isto é un ERE preventivo, xa que PSA sabe canto vai producir, cando vai descansar, etc; e en troques non poden dar o calendario nin a xustificación do seu ERE, entendendo á súa vez que non se cumpren as condicións reguladas no artigo 47 do Estatuto dos Traballadores para utilizar o mesmo.

Unha vez finalizada a reunión a proposta da Empresa ficaría así:

 Un ERE con duración para 1 ano e para 25 días; complemento ata o 80%; a quenda da noite está exenta do ERE por ter medidas de flexibilidade; os maiores de 50 anos ficarán fóra do expediente; a man de obra indirecta irá ao ERE cando as dúas liñas de traballo paren de forma conxunta; os dous primeiros días de parada que coincidan co cliente aplicarían formación. 

 


Día 13 de Decembro.-

Dáse comezo a 3ª reunión do periodo de consultas facendo un repaso ás anteriores reunións por parte da Empresa. A seguir, a Dirección presenta o calendario de PSA para o vindeiro ano 2013, destacando que hai 3 semanas de vacacións en agosto e 1 de vacacións a finais de decembro. No mesmo a Empresa destaca que, en principio, coa información actual que teñen non hai diferencial de xornada con respecto ao cliente. En concreto especifica que hai 229 dias laborais nos que ADG podería estar aberto, polo que pola xornada anual e as  vacacións dos traballadores da planta terían que traballar 222 días.

O Comité expón que non ten ningún sentido enviar aos indefinidos da liña 2 ao ERE cando na liña 1 hai 17 eventuais e 52 Etts, entendendo que é unha falta de organización por parte da Dirección.

Comézase un debate sobre as xornadas de traballo do calendario 2013 na que se fala do diferencial de xornada. Neste punto o Comité expón que segundo o requerimento da Inspección de Traballo o diferencial de xornada teno que asumir a Empresa, como expuso a Empresa na segunda acta. Tamén comentan que se podería dar a contradicción de que segundo o calendario que expón a Empresa poderíamos estar 5 dias en ERE e ao mesmo tempo cumprir toda a xornada anual.

A continuación, retómase a reunión na que a Empresa di que precisa o ERE e que está disposta a manter a proposta da anterior reunión, engadindo que complementaría ata o 85%, sempre e cando, vaia só unha liña ao ERE. Así como manteñen que a M.O.I. irá ao ERE só se van as dúas liñas de produción.

A seguir, acórdase facer un receso polas dúas partes.

Reanúdase a reunión, tomando a palabra a Empresa precisando sobre a súa proposta para o ERE, conforme a que os maiores de 50 anos quedan fóra do ERE, así como a quenda da noite. Tamén precisou sobre o diferencial que se aplicaría cando houbese un calendario definitivo.

O Comité propón, sobre o calendario presentado cos 5 días de ERE, poñer os 2 primeiros días de diferencial de xornada, así como, os outros 3 días restantes de vacacións. Logo, se fan falta máis días o Comité estaría disposto a voltar a negociar.

A Empresa di que calquera acordo está supeditado a asinar o ERE.

O Comité pregunta se a Empresa precisa o ERE para solucionar eses días ou porque o ten PSA, e por que non queren arranxar estes días e logo se viñeran máis días voltar a sentarse.

A Empresa contesta que sería retrasar a solución ao problema.

O Comité manifesta que deron todo tipo de solucións e que a Empresa non quere evitar o ERE de ningún xeito. A Empresa manifesta que fixo un gran esforzo e que se o Comité non acepta se voltaría ás condicións iniciais, é dicir, 25 días para o vindeiro ano, sen complemento e para toda a plantilla.

A seguir, a Empresa solicita un receso.

Despois do receso, a Empresa fai a seguinte proposta: non aplicar o ERE utilizando os días de vacacións excedentes, sempre e cando se asine un preacordo de ERE coas condicións anteriormente comentadas, para presentar cando se esgoten ditas medidas de flexibilidade.

O Comité di non ver ningunha diferencia entre esta proposta e as anteriores, xa que non deixa de ser unha sinatura atrasada. Tamén di que non poden asinar algo sen saber a magnitude do problema a solucionar. O Comité lémbralle á Empresa que non pode meter aos operarios nun ERE por enriba das 1705 horas.


 

Día 17 de Decembro.-

A Empresa le a notificación que vai pechar o periodo de consultas e que será enviada ao organismo competente, a cal é anexada ao acta. Nesta notificación dáse unha nova información conforme PSA para o 1º, 2º e 3º venres de cada mes.

O Comité, sobre este último punto, pregunta de cando é esa información, xa que nas anteriores reunións non se falara diso.

A Empresa resposta que eses días foron comunicados con posterioridade á anterior reunión do día 13 de decembro.

O Comité solicita un receso.

O Comité de empresa di non ter calendario que confirme esta información relativa aos venres. Así  mantense na súa derradeira postura, entendendo que hai medidas de flexibilidade posíbeis para evitar eses 5 días de ERE, lembrándolle á Empresa como así di a resolución con data 8 de xaneiro de 2009 que non se pode enviar á xente ao ERE sen consumir o diferencial de xornada. Tamén entende que hai carga de traballo suficiente na fábrica para ubicar aos afectados polo ERE, xa que hai un número importante de eventuais e ETTs na planta a día de hoxe.

A Empresa di non poder saber cal é o diferencial de xornada mentras non saiba cal é o calendario do cliente, pero asegura que tan pronto coñeza o mesmo, se hai diferencial de xornada, aplicarao sen problema. 




Sección Síndical CGT asientos

 

UGT, CCOO e CGT INFORMAN

Vigo, a 17 de novembro de 2016

As seccións sindicais de UGT, CCOO e CGT queremos informar do acontecido na décimo-sétima reunión de Convenio celebrada onte, 16 de novembro, o cal facemos mediante esta octavilla onde retomamos os puntos da plataforma do Convenio que a seguir describimos:

Artigo 14.- Horarios de Traballo: Neste punto mantémonos no seu redactado para o horario de verán de oficiñas: “O periodo de realización de dito horario será do 15 de xuño ata o 30 de setembro”.

Artigo 15.- Horas extraordinarias: No que se pretende que a Empresa resposte con 48 horas por escrito á solicitude dos traballadores de disfrute das horas de descanso xeradas en horas extras.

Artigo 17.- Permisos retribuídos: A Empresa acepta este punto, ademáis dos xa aceptados anteriormente:

i) O tempo necesario para asistencia a consulta médica especialistas da Seguridade Social cando, coincidindo o horario de traballo co de consulta, se prescriba a visita médica polo médico/a de familia, debendo presentar o traballador/a o volante xustificativo da referida prescrición médica. Nos demais casos ata o límite de 22 horas por ano. Tamén polo tempo para acompañar a fillos/as menores ou familiares de primeiro grao que teñan recoñecida a condición de persoas dependentes pola Xunta de Galicia e cónxuxe embarazada para a realización das diferentes probas relacionadas co devandito estado, incluíndo estas horas na mesma bolsa de 22 horas.

Todos estes casos abranguirán, tamén, á SANIDADE PRIVADA.

Artigo 19.- Contratación temporal e a tempo parcial e Artigo 21.- Empresas de traballo temporal: Sobre este contrato, en principio, non hai acordo porque a Empresa quere que os traballadores a tempo parcial con distribución irregular da xornada de 1100 horas para a quenda do día veñan de luns a sábado, se é preciso, pero polo tipo de contrato pagaría ese hipotético sábado a prezo de hora ordinaria ou complementaria. Esta parte social entende que para poder chegar a un acordo, entre outras cousas, ademáis de limitar a contratación de Etts, tería que pagar un plus que compensase a diferenza entre o prezo de hora extraordinaria e o de hora ordinaria.

Artigo 32.- Maternidade: Este punto aínda está pendente de redacción.

Ademáis, na reunión a Empresa denegou a posibilidade de sentarse na mesa ao delegado da CUT como asesor externo por consideralo “asesor interno”, esta parte social lamenta esta decisión porque aporta o mesmo dentro que fóra.

Logo, o CSI-F conforme como son “novos actores” expoñen que: “se non se lles deixa coñecer toda a documentación e formular propostas nun tempo prudencial para podelas negociar, atoparémonos cunha xudicialización da negociación, que xa se produciu, e que retrasaría con elo a finalización da mesma con o sen acordo.” E a seguir presentaron a súa plataforma.

E, finalmente, a CIG manifesta que non vai ser asinante do Convenio, como anteriormente manifestou a CUT, pero que queren chegar a acordos en materia de saúde laboral e no resto de puntos da plataforma do Convenio.

UGT, CCOO e CGT entenden que o acordo de viabilidade xa está negociado e ratificado pola plantilla e, polo tanto, que é preciso negociar e ratificar en asemblea o articulado restante para rematar o Convenio.